xoves, 18 de abril de 2019

Trémula

A auga, namais agurgullar, búscase a si mesma para se xuntar con outros milleiros de gotiñas solistas, interpretando así a melodía máis vital que coñecemos. 
Mentras interpreta tamén baila ao son da cunca que a sostén en compases imposibles de dixitar e tempos con ritmos por veces longamente acougados, por outras lenemente rápidos.
Fai música mentras contén e dá vida; e cando os meandros anchean o seu caudal abrindo o ángulo, pinta acuarelas en tonos que se mimetizan co entorno.
E nós unicamente podemos ficar mudos e absortos contemplando tanta marabilla, que nos deixa o espírito irto e a carne trémula.

Foto: Ulla pintor

4 comentarios:

Alís dixo...

A agua que nos molla, que nos cala, que nos limpa, que nos bendice, que nos mantén con vida ou nos afoga, pero que non podemos reter entre as mans. Esa é parte da súa beleza.

Trémula, sí, ó lerte

Bicoss húmidos (pola auga, digo)

Anónimo dixo...

Gústame como levas a corrente de palabras hasta a desembocadura deses finais que construes. Manexas moi ben as palabras e descúbresme moitas novas. Gracias

Ginebra dixo...

Y es maravilloso verla caer de las nubes hacia la tierra y volver una y otra vez en ese ciclo de vida: evaporación, condensación, enfriamiento y precipitación...
Besos

La utopía de Irma dixo...

¡Que chova que chova que buena falta nos hace!

Besines utópicos, Irma.-