domingo, 12 de febreiro de 2017

Desafinado

Entre a madeira garabullo,
do mundo insignificante; 
 estrafalario e nada elegante,
fraco a pesares do bandullo.

En miserias abundante,
en comunicación só barullo;
do labradío simple cadullo 
 e da estupidez agravante.

Respirando gas noxento,
 paso tímido e anguriante,
con gotos de abatemento.

Por este entorno abafado, 
baleiro do propio orgullo
son un piano desafinado.

Foto: Garabullo insignificante.

4 comentarios:

Marisa dixo...

Encántame o teu poema
sobre o garabullo
insignificante.

Para nada piano desafinado.

Bicos

Ginebra dixo...

Los pianos desafinados, siempre encuentran a alguien que los afine de nuevo, por eso siguen deleitándonos con sus melodías:).
Bicos

Anónimo dixo...

Piano desafinado?, non, xa se ve... O que si se ve é ó pianista un pouco abafado neste intre, máis é propio e virtude dos grandes bardos céltigos convertir o laio ou pranto na máis bela melodía como sen dúbida ningunha é esta, con esas fermosas e emocionantes analoxías telúricas que adoita empregar. Xa tocaran así outros pianistas máis coñecidos!. Máis afinando co que di Ginebra,'semella' que non anda cun diapasón co que comparar sons; logo un/unha escolle o son que desexa que pra iso somos libres, máis tod@s o precisamos. Se fora así, que atope un ben axeitado!. Arrio qu'ei vén o maio!.

Zeltia dixo...

que vas ser un piano desafinado! aí dándolle ao soneto rimando a toda pastilla. ese carabulliño coa súa tea de araña, di moito de sí.