martes, 17 de maio de 2016

Contigo

Contigo, desde o colo do amor máis nidio, abríuseme o mundo.Contigo escoitei os primeiros sons que hoxe son os meus sons. Contigo sentinme sempre vestido de razóns aínda que fose nú de argumentos.
Contigo amei, incluso silente, porque ti bulías, vital, no meu maxín. Contigo supero o singular para confluír pluralizando en nós.
Contigo mergúllome en sintagmas de acentos matrios, pousando substantivos en conversas adxectivas, erguendo verbos e deitando verbas que constatan que sen ti ficamos sen fala e non somos nada.
Contigo, lingua galega, sempre contigo quero bolinar por vieiros e sendas novas, e así seguir calcetando na semántica mentras debuxamos viravoltas de fermosura.

"Galiza somos nós: a xente e máis a fala" . Letras galegas 2016

Foto: Contigo ata o Cabo do Mundo.

13 comentarios:

Anónimo dixo...

Sr. Chousa si, será con ela, será CONTIGO, será na nosa Lingua,ata...o Cabo do Mundo,ata o fin da Terra!! Grazas por emocionar coas súas palabras. Bolinemos pois! Bicos semánticos.

Ginebra dixo...

Pues un precioso homenaje a este día tan especial dónde se celebra el día de las Letras Galegas, que es el elemento principal, en mi opinión, de la cultura y personalidad de un pueblo, de una comunidad de personas que tienen en común un pasado, un presente y un futuro... Con la lengua expresamos nuestras emociones y nuestras inquietudes, nuestra vida está llena de sustantivos, verbos y sintagmas...
Bicos (hoy en galego, por tratarse de este día:)

A.C. dixo...

Sabía que non habías faltar a esta cita do día das Letras e solamente por iso viñen mirar. E non defraudas Chousa. Mil gracias por poñer voz a tanto sentimento no que tantas persoas nos sentimos representadas.
Mil e un bicos

Marisa dixo...

¿Quén somos nos?
A nosa terra
a nosa xente
a nosa fala.
Esa é a nosa identidade.

Aínda que sexa "de pascuas
en venres" é unha ledicia
pasar por aquí.

Unha aperta moi grande

Uol Free dixo...

Fermosa declaración de amor!
A lingua, sempre con/ti (mi) go
Bicos!

María dixo...

Un placer haberte descubierto gracias al comentario que has dejado en mi blog, muy agradecida por ello y acá vine a descubrir tu precioso mundo, que me encantó.

Contigo, aquí, descubriendo el arte de tus letras.

Un beso.

paideleo dixo...

Eu son outro que quere bolinar con vós, se é posible.
Felices días das letras galegas a partir do 17 !.

Anónimo dixo...

Quén fora Lingua Galega!.

Moncho da Riba dixo...

Plas, plas, plas (Aplausos en galego).

Anónimo dixo...

Se percibe el amor que tienes por tu lengua y logras emocionar.
Bonita foto de un precioso lugar

matrioska_verde dixo...

que romántico aínda que fales da lingua.
bicos,

Paz Zeltia dixo...

Pois a seguir calcetando...! (Sabías que á familia da miña nai tíñanlle por alcume "Calceteiras"?)

(Non vira este post dese día tan especial para nós.)

Voz en off dixo...

Qué bonito!, Qué bonita a língua que falamos!!