domingo, 1 de maio de 2016

Maio

Afinados tubos de escape dan o tono con ralentís uniformente acelerados, que se van mesturando no resto da orquestra de murmurios cidadáns en desigual harmonía.
Taconeos apresurados sobre beirarrúas ateigadas percuten con reiteración, marcando o ritmo dunha métrica desmedida.
A bailarina concéntrase para sair agardando o seu compás de entrada. A pista énchese con ducias de ollos dun público ambulante, desexoso de baleirar a invernía. 
Nada falta; que empece xa o baile do maio!.

Foto: Bailarina concentrada.

4 comentarios:

paideleo dixo...

E maio xa nos fixo bailar con calores tropicais e agora humidades célticas.
Hai que cambiar de baile e de traxe.

Zeltia dixo...

Mesmo parece unha bailarina de barra de puti club coma as que vin nas pelis, que eu non vou a eses sitios (so que esta máis abrigadiña) Andaches lixeiro aí coa foto.

E que veña o maio florido e que deus nos colla confesados

Anónimo dixo...

Este ano semella que 'inda en Maio a vella queima o tallo'. Coma a moza do foto parce que lle custa porse a bailar.

mariola dixo...

E tan concentrada que está. Quizais agardando una nova coreografía para bailar no mes de maio e que ésta nos traía o sol que tanta falta fai.
biquiños.