Para non chamar a atención, a natureza durme na invernía. Descansa de orgasmos primaverais, dos amoríos de verán e de outonos fructíferos.
Sabéndose despeiteada e sen maquillaxes tenta pasar inadvertida na longa noite de xeada. Sen perder un ápice de esvelteza, hiberna no inverno mentras pon de largo un preguiceiro letargo.
Foto: Carballo de Chorexe. Letargo
5 comentarios:
Pero hasta despertándose sin maquillaje está guapa la naturaleza, a ella no le hacen falta potingues ni "boticueros" (eso es un sustantivo de mi zona natal, ¿te gusta?)... El caso es que hasta ralentizada, no deja de sorprendernos el espectáculo de su belleza.
Besos
Mais penso que este ano vai vir adiantada.
Gústame ese preguiceiro letargo, ese silencio onde se recuperan forzas novas para a seguinte estación.
bicos chousa.
pero como dixo o poeta "no corazón de tódolos invernos vive unha primavera palpitante"
Pois por aquí semella non haber letargo invernal.
O tempo está tolo !.
O inverno ten o seu aquel: as mañáns de xeada son frías pero limpas e fermosas; ver os campos cubertos de neve é todo unha gozada; e os carambos e as cadeas colgando dos carballos é poesía pura.
E se vai moito frío pois botáslle un grolo de aguardente de herbas e xa está, padiante!!
Publicar un comentario