venres, 19 de febreiro de 2016

Pactar

Sorprende a dificultade que os políticos están demostrando para tecer pactos.
A sorpresa gurgulla na sociedade porque todos nos consideramos expertos na materia. Pensamos que sabemos acadar acordos, cando o que dominamos moi ben é impoñer criterios.
Pero pactar é moi complexo. Require audacia para empatizar con elegancia, sen perder a ocasión de materializar continxencias que a outra parte non necesariamente ten que coñecer. 
Soamente así, o día da sinatura, poderán as partes darse un apretón de mans sen prexuizos pola asepsia do pactado.

Foto: En plena negociación.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

O dis moi finamente, pero TALCAL!!!

paideleo dixo...

O pior quedará para nós, coma sempre.

A obtención de números de móbiles de mozas foi un fracaso, como era de esperar.

peke dixo...

Pero que elegancia lles pides a estes?

Zeltia dixo...

pois a ver se non temos que pagar outras eleccións...!

Marisa dixo...

Non se pode dicir mellor.
Unha aperta