domingo, 8 de marzo de 2015

Autónomas

Ser autónoma parece unicamente un epígrafe fiscal,  unha nomenclatura grupal de cotización, unha designación administrativa de actividade laboral. Pero é moito máis.
Aínda co instrumento na funda xa teñen inversións por amortizar, algún que outro cadelo que manter e un bo número de teclas que afinar. 
Despois, iniciada a interpretación, cómpre que saiban atopar persoas dispostas a mercarlles a  súa melodía. Unicamente así a autónoma pode gozar de autonomía.

Foto: Muller no día Internacional. Mañá autónoma acordeonista.

6 comentarios:

Zeltia dixo...

As mulleres temos aínda que aprender a sentirnos nós, dun xeito individual e non sempre como "filla de", "muller de", "viuva de"

unha aperta

Pitima Alvarez dixo...

Preciada autonomía... :)

carmenabuingonzalez dixo...

O emprendemento é sinónimo de valentía, pero esta non sempre é recompensada.

Chousa da Alcandra dixo...

Contesto por aquí a quen me preguntou onde está tomada esta foto. Foi o pasado domingo, 8 de marzo, en Chantada (Feira do Viño).
Ademais desta imaxe, trouxen un aparello para abrir noces e abelás que moito me gusta.

Dito queda

A.C. dixo...

Sempre atopas a foto axeitada. Eu fun a feira do viño e non vin esta detallazo.

Zeltia dixo...

e seguro que hai algún home detrás, para administrarlle as ganancias