Toda a vida dicíndonos como son as cousas e agora resulta que cada un ve con matices ben diferentes.
Non hai patróns xeralmente válidos. Cada cor é froito do procesamento visual de cada individuo, sen xeneralizacións posibles.
O asunto do vestido azul con reberetes negros quitounos a venda dos ollos para nos decatar que, na realidade, todo é como cada cal o vemos; non como nolo contan.
Cando logremos trasladar a sabedoría do vestido á maduración política, daremos un paso tan grande coma o de Armstrong sobre a lúa. Entrementres seguiremos agatuñando.
Foto: Árbore frondosa e ceo verde. Paseo Monte Boi. Anoiab
6 comentarios:
Quita, quita. Maduración política neste país? Utopía, meu. Só hai que darlle un repaso á Historia e lembrar aquel "vivan las caenas" de mal recordo.
Pues sí, así son las cosas, como cada uno las ve y no como nos indican que tenemos que verlas.
¿madurez política? ¿eso es posible en nuestro país? Ummmmm, ¡no lo veo!:)
Besos
Me alegra tu vuelta, llegué a pensar que estabas malito.
A ese asunto do vestido azul (ou blanco) con cenefas negras (ou douradas) décheslle unha volta ti con esa foto. O de aprender desto para a politica non sei se será moito pedir pero ogallá se fixera esa maduración que dis.
E non tardes tanto en volver por aqui, que te botamos de menos Chousa.
Bicos
É como o cadro da vella e a muller nova que, segundo quen, mira unha ou outra. Un político nese cadro só miraría un peto de onde roubar cartos.
É fermosa anoiaB.
Sr. Chousa, pola que vai seguiremos agatuñando!! E...non deixe de sorprendernos.
Bicos do revés, e do dereito tamén.
E eu que o vía blanco con raias douradas...
É ben certo que cada quen ten un punto de vista diferente.
O que non sei se os políticos tamén o teñen.
Penso que só ven desde un mesmo prisma,
o se seguir roubando e quitarnos o pouco pan que nos queda.
biquiños chousa.
Publicar un comentario