Berran nos platós de televisión mentras falan de educación. Chúfanse a sí mesmos con idéntico descaro co que acusan aos da outra corda.
Artellan mil e unha estratexias que lles veñen ben para botar auga ao seu caneiro. Xogan con brasas coa finalidade única de arrimarlle calor á súa sardiña. Din que non minten, pero case sempre agochan as verdades.
Chaman por nós para votar cando a eles lles convén. Se imos moitos é un éxito e se imos menos é un trunfo. Porque eles sempre gañan.
Os políticos, esa raza con discurso azucrado e mañas de trilero, preparan sempre o seu opulento porvir; mentras o resto da cidadanía fai malabares para sobrevivir.
Foto: Cidadáns no seu día a día.
13 comentarios:
E nin con malabares somos quen de estar no poleiro...
Tecen e destecen mentres nos proporcionamos a lá, obedientes e domesticados. E volven as eleccións e volvemos a votar para que nada cambie.
Como diría un vello de antes para o meu desánimo: a que punto chegamos! Mágoa.
¡Que clariño e diáfano che quedou, Chousa!
Os trileros aprenderon dos políticos, aos que nunca se lles ve as mans ata o final, aínda que sabemos que nos están estafando.
Os malabarismos que facemos o resto son xa de Cirque du Soleil.
Bicos.
(Xa nos explicarás o da foto, que me ten en vilo)
Tienes toda la razón, el caso es que yo creo que todos los sabemos, pero al final, a pesar de las mentiras, acabamos en sus manos...
Y la supervivencia de muchas personas en nuestro país es cada vez más desesperada.
Los malabarismos de los tipos de la foto son realmente sorprendentes. ¿Tienen truco, verdad?.
Besos y bon día!
Asín é...
Aisss... pois...
Xa contarás cómo o fan... como o facemos...
Bicos flotadores.
Uns son artistas da rúa e outros artistas da leria baleira e a nós tócanos ser malabaristas teñamos ou non aptitudes para iso.
A vida é unha guerra onde gaña o millor.
Moi ben expresado!!
Apertas
Non vos podo revelar o misterio dos malabaristas, porque non logrei sabelo (aínda que teño a miña teoría). Estívenos observando un anaco antes de chiscarlles a foto, e xa vedes a mirada que me botou o de enriba...
E menudos malabares. Como fas pra buscar as fotos que nos mostras?
Facendo malabares os políticos son os mellores. Iso si, fanos para agochar os seus chanchullos, tapar as súas mentiras, esconder os seus privilexios e infamias, ocultar as súas falcatruadas (tarxetas black, sobres baixo man, contas en Suiza), disimular a súa incompetencia e corrupción. E nos, parvos, parviños, poucas veces nos decatamos das súas andrómenas.
E tanto que hay que facer malabarismos.... Mentres eles apoltronanse cada vez mais maís nas súas cadeiras....
E se lles quitamos o pau caerán? Alguna invención faràn para que os que caian segan siempre os mesmos.
Biquiño s Chousa.
O malabarismo do politico é claro, porque todos sabemos xa o truco. Agora hai que buscar outros malabaristas para que nos devolvan as ilusións.
Publicar un comentario