Foi un frechazo. Gustámonos a primeira vista. Ningún dos dous estabamos preparados para coutar aquela paixón que xurdiu de súpeto entre nós.
Fiquei máis pampo que os partidos políticos coa última enquisa do CIS.
Entón fuches ti quen deu o primero paso. E o segundo.
Achegácheste á solaina do teu pazo de fidalguía verde; e, sen mediar palabra, deixáchesme claras as túas intencións.
Eu, atónito e confundido, unicamente puiden estender a miña man para recibirte. Horas despois, non fago máis que pensar na maneira de darlle cabida... a tanto amor.
Foto: Amor extensible.
7 comentarios:
A verdade é que é unha marela ben xeitosa, non me estraña o frechazo.
A súa lingua tamén promete. Deséxovos moita felicidade bovina.
ooooh que tiernito... :)
(que envexa de lingua!)
Como diría a miña sogra: as vacas,fóra a alma, son como as persoas.
Os animais si que entenden de mostras de afecto...
Viuche cara de boa persoa, jeje.
Quédome con ese amor extensible.
un biquiño chousa.
Cousa linda!!!
Dalle unha mazaroca de millo, xa verás como lle presta.
Abraiante como está a mudar o 'preludio' nas relacións de parella; achegándose con decisión, directamente, sen parvas declaracións que sobran e/ou sobrentenden... Non me estraña que te deixaras... vaia rubia!. Máis agora que o miro mellor, non será limousin(francesa)?. Ó mellor non coñece o galego e declarouseche na súa lingua...Fermoso romance.
Publicar un comentario