Cando a visibilidade só posibilita velocidades de baixos desenvolvementos; é a ocasión máis propicia para relaxar os pedais, colocar a transmisión en punto morto e permitirlle ao motor revolucións calmosiñas.
Son excelentes momentos para que as carrocerías tomen o protagonismo da quietude, mentras debaixo da delicada epiderme metálica do capó escóitase namais o lene latexo da carburación ao ralentí.
E que o mundo siga rotando. Se lle peta.
Foto: A gusto no agosto.
6 comentarios:
:)
Contaba contigo. E xa tardabas en aparecer.
Vexo que sigues sendo un peligro para AS bañistas jajajaja. En todo caso esa moza da imaxe ben parece que está no ralentí total.
Bicos
Estará no ralentí, pero ten xente na entreperna.
E ti quando ralentizas?.Ti es un depredador da image oportuna.Un caçador da palabra atinada.Es Chousa.
Saudos
O liliputiense encontrou na xiganta unha illa por percorrer. Non ta mal se ela non pecha as pernas e o descalabra. É un dos riscos de ser aventureiro: que o entorno sexa hostil.
Pero, que pode sabelo?
Bicos.
Con revolucións calmadas
mellor rotará o latexo.
Bicos.
Publicar un comentario