domingo, 17 de agosto de 2014

Síncope

 Todo está medido. As cordas tensadas, o arco listo para fretalas e arrincarlles -a base dun vaivén  infinito de caricias- os gozos reiterados da melodía.
Marcando os tempos que van no pentagrama, atentísimos ao compás, pendientes da harmonía; tendo coidado cos silencios;  calcetando fusas, tecendo arpexos...
A resonancia é perfecta, o instrumento axeitadamente acoplado. O público entregado.
No medio da interpretación, entre tanta marabilla, ninguén se decata que o corazón da violoncellista ficou sincopado.

Foto: Interpretando a Tchaikovsky en Antas (FestiUlloa2014)
(A última liña é unha ficción relatada por este blogueiro que gosta de xogar coas palabras)

7 comentarios:

A.C. dixo...

Pillaban. Tantos (e bos) músicos como había, e ti pendiente da violoncelista e dos vaivens sincopados jajaja
Menuda foto lle pillaches

Ginebra dixo...

Con juego de palabras o no, te quedó "redondo" este post-musical:).
Besos

A Ulloa en fotos dixo...

Foi espectacular e un enorme luxo...

Carlosm dixo...

Ja podemos comprovar como gozas nos concertos. Quiçais ninguem se decatou dese levisimo allegro sincopado da cellista, pero ali tinhamos un magnifico corresponsal. Genial ingenio.
Saudos

Zeltia dixo...

Só despois da última frase me decatei de que a moza do violonchelo nin sequera estaba desmaiada. ... !

Alís dixo...

Esa liña de ficción é a que máis vida lle da ó texto

Bicoss

Asociación Quercus Sonora dixo...

Muchas gracias por haber atrapado ese momento. Supongo que te habrá sido facil teniendo en cuanta que siemre estas ahí. La foto es genial. Un abrazo y gracias por el apoyo. Rudi y Sandra