domingo, 22 de xuño de 2014

Nogueira

A forza da oralidade radica case sempre na intensidade coa que as palabras se vocalizan, a tonalidade coa que se expresan e maila paixón inserida na súa pronuncia.
Na expresión oral non hai tantos atadallos gramaticais, permitíndolle á semantica licencias que lle dan potencia á vez que abren vieiros para novos significados.
Por estas razóns, cando na casa de meu avó se alude á maxestuosa árbore que preside a aira e domina o curro, non se di da mesma maneira que se escribe. Ela é, de toda a vida,  Anogueira.

Foto: Juglans regia de cas Dionisio.

13 comentarios:

J Cima D Vila dixo...

Nela debe aniñarse aínda o soño dalgúns druídas correndo arredor dela.

peke dixo...

Gústame o teu post. É así: Anogueira. Única.

Ginebra dixo...

Y el árbol ya habla por sí mismo...
Besos "verdes como una copa"

Anónimo dixo...

Cantas historias nos podería contar Anogueira de cas Dionisio!!
Sr Chousa,verdes e maxestuosos bicos.

Anónimo dixo...

Esa si que e unhanogueira de campionato
Saudos Chousa

pitima dixo...

Maxestuosa... Respeto e admiración polo dominio da terra e o ar desa árbore...
Chamará a tódolos ollos que estean preto e non tan preto dela... :)

Bicos!

paideleo dixo...

E en Arbo que lles chaman noceiras e por Acedre que lles chaman carroleiras.

Pedras dixo...

A foto fala por si sola. Merecido nome ten a maxestuosa árbore!
O que non sei é o qué opinarán os paxaros que planean pola aira. Unhas pólas tan altas e non poder desfrutar os seus froitos! Se fosen cereixas...

mariola dixo...

É esa riqueza oral que temos o que fai da nosa lingua algo maxestuoso, aínda que non sexa correcto...ou si.
Encántanme esas licencias!
un biquiño chousa.

Nandiño dixo...

Interésame a localización desa nogueira. Podédesma dar? Moitas grazas

mariajesusparadela dixo...

Bo froito; boa madeira; bo porte. Así campa.

Chousa da Alcandra dixo...

Nandiño: dígoche da localización se me prometes que non tes motoserra

(Busca na Chousa un enderezo de correo-e, onde poderás contactar comigo)

A.C. dixo...

jajaja mui boa resposta a que lle das a Nandiño jejeje. Mira que se quere cortar Anoguera da casa de Dionisio

Bicos