domingo, 8 de xuño de 2014

Viceversa

As máquinas máis perfectas necesitan filtros para impedir que lles entren perturbacións nas entrañas. Alí onde o combustible e mailo ar se xuntan coa chispa para que o pistón, acoplado e lubricado no cilindro, non pare de subir e baixar; desencadeando así un vaivén infinito de bielas que transforman o lume en movemento. E viceversa.
Por iso non vos debía estrañar que algunhas leven un filtro diante dos ollos para evitar -neste caso- a ignición instantánea somente coa súa mirada. E viceversa.

Foto: Filtros de miradas emitidas. E viceversa

6 comentarios:

Zeltia dixo...

a ignición! mimá!
(a intensidade a ver quen compite contigo!)

paideleo dixo...

Eu non son de filtros ( e así me vai cos ollos ) pero hai que recoñecer que dan para muito de dentro para fóra e viceversa.

Uol Free dixo...

¿Pistóns? ¿Cilindros? ¿Bielas? Ayyyy fusión do metal.
Non me estraña que se precisen filtros para evitar a fisión nuclear, pero pouca cousa me parecen eses que dis, Chousa. Vaise derreter o núcleo si ou si.
Bicos derretidos

Anónimo dixo...

Se mo contan asi ata eu poderia entender de motores hahaha.
Saludos. Aninha

mariola dixo...

Certo, hai miradas desas!
Eres todo un argalleiro das palabras!
biquiños chousa!

Alís dixo...

E viceversa, sí.
Insisto en preguntarme qué almorzas. Séntalle moi ben ás túas neuronas.

Foi un pracer verte

Bicoss