xoves, 19 de decembro de 2013

Ornamento


Aproveitando que a mazaira da Lurdes de Salvador decidiu ficar  este ano como improvisado ornamento do Nadal da miña rúa, veño pousar ao seu pé os meus desexos de ledicias para estas datas do almanaque.
Demostrado que o mellor sitio para gardar ben as mazás é a mazaira, non esqueza ninguén que a mellor gardaría para os bós desexos non é a verbalización dos mesmos; senón o propio corazón. Alí teño os meus para vós.
Feliz Nadal para toda a flota estelar que pasa pola Chousa. E á que non pasa, dádelle o recado, por favor.

Foto: Mazaira da Lurdes de Salvador.Nadal 2013

14 comentarios:

Pedras dixo...

Sempre me chamaron a atención estas "maceiras de inverno".

Moi bo nadal!

Uol Free dixo...

Bos desexos para ti tamén, bos momentos, boas fotos, boas oportunidades...
Unha aperta!

Peke dixo...

Moi bos desexos para ti tamén. :)

A.C. dixo...

Vaia felicitacion de Nadal mais bonita e orixinal. Nunca tal vin ata que a mirei no teu blog e deime conta de hai maceiras asi este ano.
Moitas felicidades para ti e a tua xente Chousa. Bicos

Ginebra dixo...

¡Cómo se pondría mi yegua con esas manzanas!
Que lo pases muy bien estas fiestas, Chousa.
Besos

paideleo dixo...

E eu que pensaba que era unha árbore de kakis.
Boas festas !.

abuelacris dixo...

Boas festas
Moi bos desexos para 2014
Un abrazo

Alís dixo...

Os meus mellores desexos tamén para ti, non só para estas datas, senón para sempre.

Non sei si estou moi dacordo en que é mellor gardar os desexos no corazón (que tamén) que verbalizalos. Isto é tamén un xeito de cumplilos, ou non?

Bicoss

María dos Anxos dixo...

Os meus mellores desexos para ti, Chousa,e para todos os que gostan deste blog.

Maribel-bel dixo...

Noraboa por seguir a ter letras para compartir con nós(aínda non que non me gardaches a mazá)..Felices festas e bos días de ledicia. (Mando por aquí que sempre me equivoco co correo jajaja). Bicos

Raposo dixo...

Boas festas e bos desexos tamén para ti, Chousa. E segue así, engaiolándonos coas túas fotos e as túas verbas.
Apertas

Anónimo dixo...

Gracias de corazón por hacernos llegar tanta sensibilidad a quienes estamos alejados de la tierra. Dulce Navidad para ti y los tuyos

Paz Zeltia dixo...

eu pensei que eran granadas!
ti mira que revolveitas temos as ideas, que agora as mazairas semellannos árbores de nadal, que inda o dema os levase.

polo demais as cintiñas de palabras adornandoo quedáronche ben ;-)

bicos e desexos fermosos para o ano 2014

Carlosm dixo...

Em Antas sempre originais. Feliz Natal (com atraso) e ho Aninovo.