sábado, 8 de xuño de 2013

Mexar


Criámonos rebechando, medramos rinchando e aprendemos xogando. De noviños unicamente buscamos espazos para trotar e camiños para galopar;  gardando anacos para mamar e para mexar.
As medras e mailo tempo, o único que nos traen son diferentes albardas para carrexar e algunhas fustas que probar.


Foto: Poldriñas do Castosa

6 comentarios:

Ginebra dixo...

Pues ciertamente de adultos dejamos de trotar y galopar y cargarmos con las monturas que nos colocan encima, también galopamos a golpe de fusta, de esos que dirigen el cotarro... Esclavos del siglo XXI, esclavos de un sistema económico demencial...
Bonita foto. Dentro de un rato me voy a montar, por cierto, pero nada tiene que ver con lo que metafóricamente tú planteas:)
Besos

Zeltia dixo...

si ho.

(hai uns cantos posts tamñen puxeches unha foto dunha vaca mexando. Oes. Vas ter que ir mirar iso)
:P

Harmonía dixo...

Zeltia, eu creo que xa vai máis dunha toma captando "instantes" semellantes, e máis de dúas...
:-)

A imaxe, preciosísima!!

mariola dixo...

E así é a vida, vas pasando por difernetes estados e como non temos un libriño de instruccións ás veces o camiño vólvese escuro e non sabemos como cruzalo.Cada un ten a súa aprendizaxe, e uns máis que outros tocaranos de probar algunha fusta, seguro.
Pero dos erros tamén se aprende,non ?
O texto estache moi ben explicadiño.
bicos chousa.
A foto simpática.

Carlosm dixo...

Algunhas alabardas levan-se con gosto.As fustas que sejan unicamente para adornar.Pediches permiso a poldrinha para fotografala en tan intimo instiante?.Saudos

Aldabra dixo...

e tamén as medras nos traen o mexar fora do orinal... eso tamén se nos da ben, si non temos cuidado.

biquiños,