venres, 1 de febreiro de 2013

Filloas

Os tempos son chegados para que don Carnal tome posesión do almanaque gastronómico. Nestes días o escudo do país muta, dende o cáliz coa hostia e mailas sete cruces,  a un lacón flanqueado por unha ducia de chourizos engarzados en folliñas de grelos. Aquí  haberá quen diga que, en realidade, son nabizas.
Non vai ser nada doado calcular os milleiros de  tixolas que pousarán o seu cu negro no minimalista trespés, dispostas á cocción dunha masa branca a base de fariña, ovos e auga ou leite. E mentras se dilucida se son filloas, freixós, chulas, fritos, follados ou filloces; sempre haberá algún picafollas que dirá que el prefire churros.

Foto: Dúas picafollas. Entroido na Arousa.

16 comentarios:

Manolo Blog dixo...

Tardes remexendo o moado... e vertendoó na filloeira... previamente untada de touciño...

Comer... comer... comer.

Pode haber algo máis carnal?

Dalicia dixo...

FILLOAS!!!!!

FI LLO AS!!!!!!

Síntoo, xa non poiden ler máis....

FIIIIIIIIIILLOOOOOOOOOOOAAAAAAAAAAS!!!

SLURP!!!

bicos

A.C. dixo...

Esas duas mozas non sabian onde se metian ou ibas disfrazado de bueno? hahaha

Harmonía dixo...

Colleremos a tixola, faremos e comeremos filloas, por suposto!!!

pitima dixo...

ai qué frío me veu polas pernas solo de velas...
Filloas.. qué ricas. E os grelos, e os chourizos e o lacón.
Ñam.
Bico, sen disfraz!

Carlosm dixo...

Boa image, texto ajeitado e picardia presente: o Chousa de sempre. Saudos.Carlosm

Paz Zeltia dixo...

teño cita con un señor Cocido (que non borracho) se non un deses que levan de toooodo, incluídas filloas de postre e orellas.
:)

mariola dixo...

Nada mellor que a comida do carnaval.
Eu engandiría outro pracer gastronómico: as orellas.
Esta tarde de Domingo paseino facendo nelas. Riquísimas!
biquiños doces.

paideleo dixo...

Ai Chousa, non me extraña que fales de churros habendo esas mozas que os prefiren.
Tamén hai xente que prefire as orellas.

susana moo dixo...

quen fora churro! diría algún coa mente requente...

Pero eu dígoche que papes o que poidas, que é entroido e é a época de filloar todo o que se poida, que pronto ben a cuaresma e acabouse o conto.
Bicaso.

Raposo dixo...

Si os churros veñen coa guarnición que se ve na foto eu tamén me apunto a eles, he, he!!

Marisa dixo...

E que me dís
dos bolos do pote,
os que cociñaba miña avoa
eran unha delicia.

Biquiños

peke dixo...

E eu que non sei facer filloas...!

Paz Zeltia dixo...

Nunca é tarde para emprezar!

matrioska_verde dixo...

eu prefiro os freixós, non hai comparanza... e aínda que eu non son moi caranavaleira hoxe vou comer na de miña nai: lacón con grelos.

Maria dixo...

Estas festas son as millores.
Viva o Entroido!!