Co sabor dos langostinos no pensamento, resulta moito máis complexo catar o bouquet
do raigrás mesturado con xaramagos. A sensación narcotizante de tanta
panxoliña fíxonos pensar que todos eramos bos e xenerosos, esquecendo
que os mesmos capullos do ano pasado seguen poboando o apastadeiro.
De
xeito que, para subir as costas das vindeiras semanas hai que tensar
as frebas da faciana, apretar o pensamento; e cando sexa preciso relaxar
esfínteres... facelo sen perder o glamour.
Foto: A Gallarda, feliz no 2013
12 comentarios:
Sempre con gallardía! :-)
Feliz 2013!!
Bos días Chousa,creo que a estas
alturas do panorama haberá que tomalas cousas con humor e "gallardía".
Feliz aninovo e bicos dende as Rías Baixas.
A image fala por si sola: uma boa micción e a melhor terapia. Bom ano.Carlosm
Ánimo co 2013 que é un e covarde.
E que a gustiño quedamos despois de descargar.
Bicos
Iso sempre, o glamour por enriba de todo!
O humor tamén é moi boa terapia.
un bico .
pois eu este ano safei das panxoliñas. creo que escoitei unha, por cheo.
:) feliz.
o peor vai ser iso da costa...
O glamour compre para todo, mesmo para eso.
Felices mexadas no 2013!!
Mellor terapia se podemos mexar na súa cara...
O único alkaseltzer para a resaca dos días de nadal é o paso dos fríos e escuros días de xaneiro. Como todos os anos, con ou sen lagostinos no cerebro.
A estas alturas só nos deixamos enganar si queremos, que non nacimos onte, nin antonte para que as panxoliñas e os bos desexos nos fagan crer que algo ou alguén cambiou. Outra cousa é seguirlles o conto.
Feliz aninovo
e bicoss
O rabo da Gallarda estofado non ten nada que envexarlle os langostinos.
Feliz ano Chousa
Publicar un comentario