xoves, 8 de novembro de 2012

Maquía

Pódense calcetar nobelos de fantasía con espitas de mentira; fiar con fusos de pedra liño nunca sementado. Pódense moer fanegas de gran sen madurar en muiños de fume; cocer pan sen amasar en artesas que xamais foron construídas. Vender quen non ten a quen non pode pagar; cobrar futuros en tempos pretéritos, enfiar agullas sen punta con fíos de charamela para coser mandís de ar...
Deber non se debía, pero facer fíxose; así que agora toca pagar ferrado por maquía. 

Foto: Bebé castiñeiro. Nacendo e aprendendo.

9 comentarios:

paideleo dixo...

Só che faltou a conta da leiteira pero tés razón en todo.
Non asumimos o noso status e viñéronnos con cantos de serea de que mereciamos máis e picamos coma pimpíns.
Agora tócanos pagar os pratos rotos.

Noa dixo...

A foto é marabillosa... pero a palabra espitas tenme namorada.

Dilaida dixo...

Xa, xa, ... "ti ben dis" pero todos aqueles que utilizaron os muíños de fume e os nobelos de fantasía non son precisamente os que están a pagar ferrado tras ferrado.
Bicos

Maribel-bel dixo...

A estes partos que estamos asistindo como meros visionarios, nos que as criaturas sáen berrando...chámandose recortes ou fisuras ou roubos ou escándalos. A estes partos xa non somos capaces de darlles os parabéns. Tempo que non entro..vexo que ti segues a estar e póñome contenta. Saúdos dende as esquinas

J Cima D Vila dixo...

Vaia se se fixo, para que despois digan que o ser humano non pode construír castelos de fume, soñar, etc. Para ben ou para mal, sempre se fai.

Carlosm dixo...

Tan bo olho como fina ironía juntado com un fondo conhezomento das palavras. Fico con esa leçom de que estamos pagando "ferrado por maquía".Ogalhá nos sirva para aprender.Saudos.Carlosm

peke dixo...

As cousas son tan sinxelas e, ao tempo, tan complicadas...

Paz Zeltia dixo...

dilo dunha maneira tan linda que ata non parece tan malo!

a foto encántame, inda que moi avanzada a castaña, non si?

A.C. dixo...

Xenial 0-0