domingo, 7 de outubro de 2012

Taconeo

No acelerón que lle deron ao mundo fai uns anos, as poleas transmisoras saltaron dos seus eixos e fóisenos de revolucións. Pasamos de mirar se as pitas tiñan o ovo meténdolles o dedo no cu a imprimirlle na casca un código de barras; de falar trivialidades cos veciños dende a solaina a pendurar intimidades a golpe de teclado no facebook...
Saltámonos un paso intermedio no terreo evolutivo que nos rabizou algunhas fases imprescindibles na aprendizaxe vital. E non é que nosas avoas non saiban indicarnos como se taconea; é que pretendemos taconear con bailarinas e acabará por resentirse o calcañar.

Foto: Taconeo silente. Rúa de Compostela.

16 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

Non termino de pillarlle a relación entre o que dis das intimidades e o taconeo... pero pode ser porque quedei prendada da foto: concretamente do momento que inmortalizaches:
é incrible a sincronía das dúas mulleres (nai e filla?) e que son igualiñas, pero é admirable que ata a postura, o ángulo da cara, mirando o mesmo, as gafas, o peinado, o mesmo nacemento do pelo...
e dentro de 20 anos á moza estrañaralle que se lle teña posto o corpo da súa nai...
:-(

Paz Zeltia dixo...

(téñoche que agradecer que tí non teñas esa molestísima comprobación de non-spam que aparece agora nos blogs de blogger -xa quita a gana de comentar- )

Somosauga dixo...

Para min que todo ven sendo o mesmo, máis ou menos sofisticado. Cambian as formas pero eu ata teño unhas bailarinas cun pouco de tacón. Aparencia todo!

paideleo dixo...

Pasamos de andar a correr sen clases polo medio e así nos vai.

matrioska_verde dixo...

ten razón Zeltia, son igualiñas igualiñas... claro que entre a forma de vestir de unha e outra, tés razón que se saltaron algún paso evolutivo...

a verdade é que lle buscas un sentido ás fotos un tanto rebuscado... está claro que a miña cabeciña (loca) non é tan analítica como a túa, xamais se me ocurriría algo así ó ver a foto...

tesme sorprendida moi gratamente (pero xa o sabes)

biquiños,

Cuspedepita dixo...

Pode ser que me equivoque, claro, pero xuraría que ningún deses corpos leva enriba esa cara, anque en principio pensei que eran xemelgas e despois que era a cara dunha delas.
Hasme dicir a solución a este enigma?

Bicos

Ginebra dixo...

Pues eso, que estamos más tontos de lo que nos creemos, porque lo del código de barras en los huevos es de nota!!!! siempre lo he pensado:)
No creo que evolucionemos, muy al contrario, creo que somos como los cangrejos: un pasito hacia adelante y dos hacia atrás...

Raposo dixo...

Moi boa entrada, Chousa. Como sempre.

Carlosm dixo...

A genética fai mariabilhas.E algums programas informáticos também.O que sempre esta no ton bem sendo o teu humor.Saudos.Carlosm

Trasno dixo...

Entendo pouco de empedrados e taconeos, pero admiro o sentido da oportunidade que ti tes para capturar imaxes en todo terreo

susana moo dixo...

A fo é síper chamativa. Zeltia di que nai e filla, pero para min que son xemelgas, a unha poida que se alimente mais ca outra ... e con gustos diferentes no vestir... ou é un truco de fotoshó??? Porque a cara é idéntica, idéntica...

Sácanos de dúbidas, por favor estimado Chousa.

mariola dixo...

Todo son apariencias. A clave está na esencia, que é a mesma. Aínda que pretendemos ser doutra forma u pretendemos inventar o xa inventado.
Bueno, eso foi o que me suxeriu o teu texto. E hay algo na foto que non me cadra, tan igualiñas...
bicos con taconeo.

Harmonía dixo...

Si, tan igualiñas, ata as mesmas gafas e os mesmos pendentes!? Truco?
Concordo con S. Moo: penso que son xemelgas!
O texto fai cavilar ;-)

Carmen D. dixo...

Jeje, me gusta la foto (esconda lo que esconda, o no...)
¡Biquiños!

Carmen
(C.D.)

Kim Basinguer dixo...

¡¡Pero igualiñas!!

A.C. dixo...

Parecen dun exercito polo acompasadas que van.