domingo, 12 de agosto de 2012

Sinfonía

Tensando cordas, quentando mans, axeitando mentes, coutando salaios,  buscando equilibrios. Establecendo pautas, termando pentagramas, relaxando pensamentos, afinando ideas.
Todo está listo para percibir, dende o mellor escenario, o concerto da natureza que interpreta a sinfonía do verde. 

Foto: Música de cámara en Antas de Ulla

14 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Como adoito ser tan heterodoxo na expresión terei que matizar dende o buzón dos comentarios que, unha vez máis, hai que agradecerlle a Rudi Esteban Ferreiro o privilexio que cada verán nos brinda de erguernos os peliños todos cando os seus arcos rozan as cordas dos vilíns (ao final imos concluir que a ledicia radica sempre en levísimos -ou non tan leves- roces...).
Eramos legos en clásica, pero -grazas e él- imos aprendendo a disfrutar deste xeito tan extraordinario das marabillas que neste código sonoro nos achega con xenerosidade. Obrigadísimo!.

E como somos tan legos, seguimos sin saber se non hai aínda unha Sinfonía Verde rexistrada. Terei que aprender eu música de verdade para escribila?

NOTA: O escenario é autóctono do Centro Xeográfico.

Aldabra dixo...

¡que puidera escoitalos!

biquiños,

Harmonía dixo...

Bucólica estampa o escenario! Case se poden escoitar os acordes do violín...
Es un privilexiado!!

mariajesusparadela dixo...

Paréceme un castiñeiro, pero non estoy certa.
Sexa o que sexa,, nunca unha árbore sentiu tan fermosas cordas ( a xente está fermosamente tola)

Marisa dixo...

Un encadre perfecto
para relaxarnos
con música de violíns
e todo o esplendor
da natureza.

Tí si que sabes.

Biquiños

zeltia dixo...

Eu non teño costume de escoitar música clásica.
Nin sequera son desas que non concibe vivir sin uns auriculares metidos de cote nas orellas. Pero coincido contigo en que o escenario é magnifico, e xa que tí (fóra da música galega) os louvas tanto... seguramente pagaría a pena estar aí e notar a pel oruizándose...
parabéns.

Merce dixo...

Ajájaaa xa voltaches das vacacions??? espero que foran intensisimas e as disfrutaras moito :)

Bicos!!!

Carlosm dixo...

Moito verde me chega sempre desde a Chousa. E gosto da cor e chego a recibir tamben a sinfonia.
Uma question: andas a vaguear moito no estío?.Saudos.Carlosm

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa, que día é? A ver se chego a tempo para ir. É un verdadeiro privilexio gozar da boa música nese lugar tan agradable de Vilane.
UNha aperta

A.C. dixo...

Gustame como destacas todo de Antas. Motivos tes, pero temolos todos e non o facemos.Un aplauso pa ti

mariola dixo...

Benvido de novo. E coido que con novos folgos e un poemiña precioso.
O lugar fermosísimo.
Sei que ten que ser todo unha ledicia poder escoitar na natureza un concerto de música clásica.
E que só con ver a foto trasládome inmediatamente a ese enclave.
E un levísimo roce de corda dun violín, para min é suficiente para espir toda a pel. Sempre son as pequenas cousas ou tan grandes como ésta as que nos emocionan.
Qúé mágoa que non o poidamos escoitar!
un biquiño afinado.

Cuspedepita dixo...

Creo que nunca se dixo con máis propiedade aquelo do "marco incomparable".

Apertas

Mar e Lúa dixo...

Case ulo a música e case escoito a Natureza con este texto, tan fermoso coma os que sempre compartes connosco.
Apertas!

susana moo dixo...

Qué envexa de momento. Para o ano que ven, anúnciao con tempo para os que poidéramos ir. Semella agochar un inmenso pracer para os sentidos, un deses regalos que a vida ofrece solo para minorías.

Saludos xefe.