mércores, 1 de agosto de 2012

Vacacións

Sempre considerei unha crueldade eses programas baseados en acoller nenos (maioritariamente) africanos durante unhas cantas semanas, para despois devolvelos para sempre á crua realidade do seu mundo sin medios nin posibilidades. Defendía eu (inxenuo) que a proposta ideal era enviar aos nosos infantes a aquelas latitudes para que aprendesen a valorar o que aquí menosprezan.
Pero agora veño caendo na conta que iso que fan cos miúdos africanos lévano facendo con nós durante toda a vida. Déixannos atisbar durante unhas semaniñas o que é realmente a vida, para despois espetarnos na realidade sin cocer. Ao noso programa, en troques de acollida, chámanlle vacacións.

Foto: Estado natural do ser humán

15 comentarios:

zeltia dixo...

Vin a foto e lembreime de Susana Moo
:-)

Pois eu non estou de acordo contigo: máis vale probar o mel inda que só sexa unha vez que comer amargo a vida toda.

Aldabra dixo...

a verdade é que levas toda a razón, por eso eu xa hai tempo que non collo as vacacións todas xuntas, para non acostumarme.

biquiños,.

Raposo dixo...

E haberá que aproveitalas este ano que para o que ven o mellor (quero dicir o peor)ó Rajoy se lle ocurre suprimilas.

Marisa dixo...

Chousa,disfrutemos delas mentras duren quen sabe se no futuro correrán a mesma sorte ca paga extra.
É a crúa realidade da tixeira.

Biquiños.

Pedras dixo...

Seica os peíños do Chousa botan de menos as vistas marítimas desde o balcón?? ;-) Aterrizaaa!!

Bicos augustianos

Carlosm dixo...

Quem te fizo a pedicura que se te ve moito relajado.Eu quisera saber.Saudos.Carlosm

paideleo dixo...

Que crueis son contigo que estás entre barrotes !.
Desfruta desa tortura !.

paideleo dixo...

Que crueis son contigo que estás entre barrotes !.
Desfruta desa tortura !.

mariajesusparadela dixo...

Raposo é Marisa teñen dúbidas sobre as vacacións que veñen. Eu penso que ainda hoxe nos todos podemos ter a praia ós nosos pés.
Madia leva, señor Chousa.

Anónimo dixo...

Caralho! Que vistas mais acojonantes não? Tem que ser uma gozada, me transpasa tranqüilidade e inveja (não pouca), com esse cruze de pernas. Tem razão no que diz, Chousa dá Alcandra,mas pense nos bons momentos, em sua família, se tem filhos, filhas pequenas, afinal de contas, fazem mais amena essa espetadura na realidade sem cocer. Espero que passasse umas boas férias. Um saúdo.

rula dixo...

Pois non estou moi dacordo contigo chousiña,temos unha grande capacidade de disfrute, e mellor aproveitarse sempre, non me digas que mellor sería traballar todo o ano cada vez máis por menos e sen vacacións ¿ou?, vamos que npn te vexo na foto sufrindo moito...

Ála! a disfrutare que penso que o merecemos ¿ou non?.

Bicos estivales Chousa!

susana moo dixo...

Oh, Oh Oh que ben repousadiño o miro a vostede! tan engalanado nas sandalias! tan ao fresquiño.
Disfrute Mr.!

Ginebra dixo...

No me parece una comparación "políticamente correcta", Chousa. La gente que hemos traido niños africanos, saharauis a casa, lo hacemos para que estos niños disfruten en verano de otra cosa diferente a un desierto sofocante... Lo hacen o lo hacemos por convicción política y por muchos motivos.
No acepto de ningún modo tu comparación, a pesar de que sé que lo has hecho sin intención de ofender.
¡qué disfrutes tus vacaciones!

Chousa da Alcandra dixo...

Acepto a discrepancia, Utopía. Dende logo non pretendo ofender xamais, e recoñezo a boa fe das persoas que tal tarefa acometedes; pero manteño a miña proposta de que non viría mal mandar aos nosos fillos a aquelas latitudes, á vez que non podo ser capaz de calibrar con claridade a amargura que poden sentir despois eses neniños cando volven á súa realidade cotiá e (seguramente) permanente.

As vacacións miñas remataron precisamente con ese posteo, así que agora xa teño os pes negros de tanto bourar nas pedras da canteira...

noa dixo...

Non me sexa tan así, que eu comezo as miñas xusto hoxe, e téñolle taantas ganas...