luns, 20 de agosto de 2012

Remoer

Adoptamos maneiras para gustar, xeitos de caer ben; posturas para resultar sexis, condutas para semellar intelixentes, agradables, interesantes e atraíntes. Vestímonos con fíos tecidos nos teares máis existosos da aldea globalizada. Refregamos os pelexos propios en augas alleas para sorprender pituitarias con recendos excitantes. Facemos así coma quen que non cagamos nin botamos peidos,  non temos cera nas orellas, bosta nos miolos nin cagallas na intención...
Para inmortalizar ese babel das fantasías, retratámonos coa nosa mellor sonrisa profidén. E facémolo unicamente para impresionar;  pois o que nos pide o corpo é -simplemente- remoer.

Foto: O soño da miña dentista.

12 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

certo!!!!!!!

mariajesusparadela dixo...

¿onde? esas vacacións...

Carlosm dixo...

Anda com coidado com esas alimanhas que vaia serrons que ten para tronzarte os dedos.Já vejo que andivo o circo polo Ulla.Gostaches?.Saudos.Carlosm

matrioska_verde dixo...

gústanme as túas entrada perfectas, tan intelixentemente escritas.

gústanme as sonrisas profidén, o colgate... pero as que son de verdade, que todavía algunha queda.

biquiños,

Ginebra dixo...

No, sencillamente lo hacemos porque el ser humano gusta de ser admirado por los demás. Creo que es instinto. Como animales "políticos" (entiéndase, sociales) que viven en comunidad, nos preocupa de alguna forma la idea o la imagen que proyectamos a los demás, y nos preocupa (creo que en exceso) lo que los demás piensen de nosotros.
También está el tema personal, ¿hay alguien que quiera estar feo pudiendo estar guapo?... puede preocuparte más o menos, pero de todos es sabido que "a nadie le amarga un dulce"...
Saludos

mariola dixo...

Non cabe duda que tes unha maneira moi particular de dicir as cousas, xenialmente tan ben fiadas...
A estas alturas non está demáis darlle ó corpo o que pide e se pide remoer....pois iso,(que coa que está caendo xa podemos, xa)
un bico grande.

Anónimo dixo...

Totalmente verdade!Algúns aínda van acougando, pero a maioría teñen o cu de mal asento.
(e non me fale de dentistas, faga o favor, que o meu este ano comigo si que vai ter máis dunha paga extra)

paideleo dixo...

Pois comparado comigo o camelo non está tan mal de dentemia.

Raposo dixo...

Remoer axuda a facer a digestión, e tendo en conta os malos tragos que estamos bebendo ultimamente non ben mal poñerse a remoer de vagar a ver si mellora a cousa.

Chousa da Alcandra dixo...

Espero que o camelo do circo que nos visitou este verán siga facendo artistadas e remoendo así de ben.
O certo é que marchou un circo, pero seguimos tendo outro que xa estaba instalado de xeito permanente...

Cuspedepita dixo...

Non me fiaría moito deste sorriso profiden, seguro que morde, coma os do outro circo.

susana moo dixo...

Da igual que bostee ou que cagalle, un sorriso é sempre de apreciar.