domingo, 6 de maio de 2012

Caldo

Da forza calórica que agatuña dende o ras da lareira, fungan milleiros de muxicas cara a cambota; para rematar en ringleiras de charamelas paracaidistas que tinxen de prateado o allar. Do recanto xurde -maxestuosa- a angarela, lucindo gramalleira tintineante e reixa. Prisioneiras mudas e recatadas, gardan loito perenne por centos de cepos e rachos sacrificados sobre a pedra maior en longas noites de xeada...
Pero tanta enxeñería ficaría infrautilizada se non fósemos capaces de descubrir as marabillas da mestura, nadando na superficialidade de cocer solo patacas; cando -coa mesma enerxía e base tecnolóxicas- podemos acadar o cumio culinario facendo un excelente, saboroso e completo caldo. Con unto incluido.

Foto: Argallando mesturas musicais. Con cachondeo incluido.

19 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

me parece que falas de música, pero e que eu quedei enganchada na gramalleira...

paideleo dixo...

Chousa: eres incrible. Só ti podes sacar música dunha preparación de caldo nunha casa tradicional.
Supoño que así vai millor a dixestión.

Harmonía dixo...

Excelente descrición da lareira e algo máis... Non lle falta detalle!!
Pero a imaxe que acompaña o texto..., non consigo asociala! Será esa a nota "musical" de cachondeo?:-))

Magdalena Malungo dixo...

Creatividade dende a lareira... E eu empeñada noutras lerias, e sen ler as súas, que seguen q facer o mellor caldo!

Magdalena Malungo dixo...

Creatividade dende a lareira... E eu empeñada noutras lerias, cando segue vostede a facer o mellor caldo!

Anónimo dixo...

ANTROPOLOXIA EN ESTADO PURO, NADA MILLOR QUE UN BON CALDIÑO

Marisa dixo...

Volveremos Chousa
a queles tempos, que contaba
miña avoa, en que despois da guerra
nalgunhas casas xuntabanse na porta
ringueleiras de xente para que lle deran unha taciña de caldo.?.
Oxalá que non.

Un bico

matrioska_verde dixo...

a camiseta ten moita coña pero eu quedei sentada na lareira escoitando o seu conto e mirando ó lume.

biquiños,

Trasno dixo...

Todo e unha pasada Chousa pero o das "charamelas paracaidistas" chegoume a alma hahaha.
Ahora xa niguen pode decir que non coñece ben unha lareira.

Ginebra dixo...

En realidad, viendo la camiseta, no puedo hacer otra cosa que reírme y pensar: ¡hay gente para todo, coño!.
Calzas un buen sentido del humor, Chousa, por lo visto quien se ríe no envejece tanto como los otros:)
Besos
p.d. te quedó chula la foto de los caracois, me gusta en la plantilla.

Blogboreta dixo...

Tíñasme que deixar lambendo ¿eh?? ayyyyyy.... Babexo todiña.

Un bico famento.

Dilaida dixo...

É que sen unto o caldo non é tal. Sen saber como, vinme sentada nun tallo feito polo meu avó, furgando nas brasas da lareira para que aparecesen as "charamelas paracaidistas", mentres as chamas formaban a imaxe da "Heide metal".
Bicos

Aniña (@vampyevil) dixo...

que gran camiseta!
:)

mariajesusparadela dixo...

Quero ver na camiseta ao avó e a Niebla...

Raposo dixo...

Pois tomarei dúas tazas!!

mariola dixo...

E tanta imaxinación voando libre pola chousa... encántame.
o primeiro parágrafo ata as noites de xeada gústame en especial.

Estou dacordo en que na mestura está a riqueza, pero tamén che digo que o caldiño de sempre ou as tortillas feitas na tixola de ferro non teñen comparación.
un bico ben feitiño.

susana moo dixo...

jo macho, qué nivelón. Agora que se acerca o día das letras, ti qué estás, a facer puntos para que che dean o premio? (Recorda que é postmortem, eh?)

Chousa da Alcandra dixo...

Todos os premios que mereza, por favoriño volo pido, dádemos mentras poida rebulir; que despois vanme ter menos gracia.
Espero que a disertación vos axudara a lembrar que vimos (algúns máis que outros) de pendurar na angarela o que agora seica hai que "colgar" na rede.
Sin esquecer orixes sigamos disfrutando da mestura (musical e gastronómica tamén...).

Carlosm dixo...

So che faltou dizer aquilo de SE NON QUERES UNMA TAZA, SEMPRE CHE PODEN DAR DUAS.Saudos.Carlosm