Sempre suscitaron en min unha fonda curiosidade as musas que soplan a creatividade para a esculpir pinturas musicais, ou para encetar pensamentos entre fíos, letras ou lenzos.
Vai ser por iso que creo entender aos gurús do deseño de lencería femenina cando miran ao románico para enfiar a agulla e coser puntillas de finísimos encaixes destinados a franquear entradas de pórticos de gloria...
Claro que sempre haberá quen vexa únicamente toscos ferraxes.
Foto: Porta das Donas do Vilar
24 comentarios:
Iso é porque, por desgraza, non todos estamos dotados para descubrir a beleza nas cousas.
Moitos nacen para destruíla.
ben, sempre das no clavo coas túas comparanzas pero a de hoxe, Chousa, é de matrícula cum laude.
encántame eso de pórtico da gloria... é perfecto... é que de verdad é así... claro que non todas as "bocas" están preparadas para probar a gloria, non todo o mundo sabe apreciar un bó manxar, ¿non cres?
a mín a ferradura encántame, a verdade é que nunca vín (o nuna me fixei) unha así, como a da foto... é moi fermosa e moi traballada.
o que sí, é que eu non creo nas musas, eu creo nos impulsos do corazón, na enerxía das mentes e dos corpos, penso que todo se xenera ahí, coas percepcións de todo o que acontece no noso aredor.
biquiños,
Pois a min encántanme os que, coma ti, fan, coas palabras e as imaxes, encaixes de Camariñas.
ai, chousa, que finiño fías tí!
ti sí que fas encaixes coas palabras jajaja, encantoume iso do pórtico da gloria.
moi bó.
muá.
Tes ti a agulha moi bem enfiada para coser este tipo de encaixes gramaticais. E asím, coma quen non quer a cousa, vas amosandonos o arte noso.Saudos.Carlosm
Ainda há dias fotografei, no castelo de Leiria, umas ferragens de que gostei...
Beijos.
Hay gente para todo y donde unos ven encajes finos y pórtios de gloria (más o menos como el de Santiago:) otros ven cerraduras... la vida es así, hay quien aprecia la belleza y quien teniéndola delante no la ve.
Hay seres creativos capaces de hacer belleza de cualquier cosa y otros que lo único que pueden hacer es comer y dormir (y algún infinitivo "fisiológico" más)
Pero creo que ambos tipos son necesarios, cada cual es bueno en lo suyo, supongo.
Besos
p.d. además: "siempre hay un roto para un descosío".
É tão importante ver para além do óbvio!
Delicado e inxenioso. Quen vexa solo ferros aqui e que non sabe mirar ben. Aplausos para os xastres e costureiras de Vilar de Donas (e a ti por enseñar o seu traballo así de ben)
Cuantas lecciones tenemos que aprender de nuestros antepasados. Ellos con tan limitados recursos lograron rozar la excelencia.
Adamantino
Coa descrición que nos deixas entre liñas…, é moi doado apreciar a beleza deste férrreo encaixe;-)
E que dicir da madeira da porta decolorida e ao mesmo tempo embelecida polo paso dos anos, que fai que a fechadura resalte aínda máis? Unha imaxe singular, sen dúbida!!
Coa a agulla das verbas ben enfiada non hai pórtico da gloria que se resista!
Apertas e bo ano!
Para gustos, cores. Para sutilezas, agullas ben enfiadas. Para encaixes, inspiración e delicadeza...
O malo é que ás veces, detrás deses ricos e finísimos encaixes (semellen ou non toscas ferraxes, depende do punto de vista), non agarda precisamente un pórtico cheo de gloria.
Eu descorrería os ferrollos con cautela. Por se é o caso.
Gústame esa finura que tes para dicir as cousas, este texto en particular, tan ben fiadiño.
Coincido en total acordo co que di mariajesusparadela. Non se pode dicir mellor.
Parabéns,Chousa.
un biquiño.
Sempre me impresionaron as portas desa Igrexa, claro que eu non teño tanta imaginacion coma ti para ver encaixes nesas ferraxes. Fixareime mais a proxima vez que vaia
Bicos
Ti sabes ver con bos ollos
e fas beleza do encaixe
desas ferraxes.
Moitos bicos
Convídovos a que veñades á Ulloa para que poidades decatarvos en vivo se o que vedes ou mirades é un ferro de encaixe ou un encaixe de ferro.
E noutra orde de cousas, chego por mediación de Merce, blogueira autora de Tres Trisqueles, a este magnífico documento. Non hai desperdicio en todo él; dende a imaxe arroladora ata a música envolvente que se mistura coas salpicaduras salinas para traer ás nosas mesas Un plato de mar
Disfrutádeo, por favor!
A beleza está en muitos lugares e máis en territorio feminino que masculino, é certo.
Concordo plenamente, Paideleo; máis...algo debemos ter tamén para que elas queiran bailar con nos... ;-)
...esculpir pinturas musicais...
E noutra orde de cousas, seguro que tamén disfrutarás do que sigue
Bsos.
B.N.C.Ch.
Me encanta la foto, Chousa!! Hago mucho este tipo de fotos porque los herrajes tienen algo hipnótico para mí, los antiguos me refiero.
En cuanto a los gurús de la moda, esos sí que saben, no hace falta más que ver los precios que tienen la lencería fina..
biquiños y feliz año
Non sei se cheguei a darche as grazas por amosarnos o video.
bicos
Un sorriso. Só iso
Bicos
Sempre me pregunto por que a masculina non é lencería, ou non leva encaixes :((
Publicar un comentario