E despois de singladuras por augas embravecidas, tornados de vertixe e mar de fondo tempestuoso; acadamos no calendario días ó abrigo do porto mainiño para enfriar motores e amarrar ilusións.
Que nas vindeiras mareas nos deixemos guiar sempre polo compás da intelixencia e maila estreliña da intuición, sin esquecernos nunca de izar as velas da imaxinación.
Os meus desexos de lóstregos de ledicia e maremotos de calma para toda a flota.
Foto: Punto de amarre.
18 comentarios:
Boas xuntanzas nestes días e bo comenzo de singladura para a vindeira travesía!
Unha aperta dezá.
Grazas polos seus desxos, señor da Chousa.
Que non o tenten demasiado as verzas, ás veces son algo indixestas!
Que teña vostede tamén moitas razóns para a ledicia. E non so estes días, senón sempre.
Moitos biquiños para o que queda deste ano e moitísimos máis para andar o que logo comeza.
Felices festas, Chousa!!!
como eu me sinto parte da flota, quedo gratamente sorprendida por esta mariñeira felicitación, tan literaria... nunca me felicitaran utilizando oxímorons
:-)
biquiños despois dos postres e os xogos de mesa... e antes do sono.
feliz noiteboa
Es una entrada verdaderamente bonita. También me sumo yo a esos deseos para toda la flota que amarra en tu puerto, Chousa.
Besos
p.d. Lo de izar las velas de la imaginación me ha encantado!
E veña viño! :)
Espero logo que teñas un ano cheo de intelixente calma.
Saúdos e boas festas.
Precioso o post.
Que as súas fermosas verbas se fagan realidade e que se cumplan todos os seus bos desexos!.
Felices Festas, Bicos
Orixinal coma sempre. Gustoume moito a foto elexida.
Un bico e moitas gracias pola felicitación Chousa
Lo dices muy bonito.Feliz navidad tambien para ti
Unha imxe perfecta para un texto moi ben amarradiño.
Grazas polas tan boas intencións e que todos sigamos tendo o noso punto de amarre e sigamos formando parte desta flota tan enriquecedora.
Moi orixinal, si señor.
bicoos.
moitas gracias, Chousa, pola tua felicitación sincera e educadora.
non perdas nunca as mañas.
déixoche un ronsel de bicos tépedos,
As panxoliñas cantámolas en playback ou a capela, como vostede queira; por suposto, sen esquecer o compás e co punto de amarre ben fincado na terra.
Boas festas, compañeiro!!!
O Natal tambem te anima e inspira, incluso con alardes marinheiros, o cal tem moito mérito sendo como es, de terradentro.Obrigado pola felicitacion(que eu tambem me considero parte da flota) e deixame sitio para amarrar nese anel.Saudos.Carlosm
Sabe bem este descanso.
Um grande abraço.
Esta parte da flota (barquiña de remos) agradece os teus desexos e ten os mesmo para ti.
Sin que a auga sexa o meu medio natural, gustei moito da felicitación. Grazas e reenvioche os mesmos "maremotos calmosos".
Igualmente.
Aínda que chego tarde, os meus bos desexos para ti siguen sendo os mesmos
Bicoss
Publicar un comentario