martes, 1 de novembro de 2011

Cazadores

A omnívora fame dos cazadores porta arma repetidora e licencia para adaptar a lei ó calibre das súas escopetas. Agochados na distancia do sillón, protexidos pola densa follaxe do poder e fortemente pertrechados de variada munición lexislativa, buscan algunha víctima que se poña diante do seu punto de mira fiscalizador.
As mais das veces traballan en equipo -aínda que rivalicen polo título de mentireiro cum laude-; e mentras un colorado tírache unhas faragulliñas para que as busques no fondo do estanque; o azul baleirache o cargador  pola retagarda!

Foto: Feliz día de todos os Patos.

20 comentarios:

Anónimo dixo...

Unha boa descrición da lei que rexe a selva en que vivimos. Xa non vale comer ou ser comido; aquí mellor controla a túa hipoteca, non chames a atención nin respires moi alto e ao mellor non serás comido.

Marisa dixo...

O depredador tendendo trampas,
sempre á espreita.

Unha aperta para este día de Santos.

Anónimo dixo...

Mui ben argumentado. Temos que darnos conta que "a licencia para adaptar a lei o calibre das suas escopetas", en por ende "a variada munición lexislativa" dámosllela nos, os patos. Xa vai sendo hora de tomar conciecia.
Cuac!

A.C. dixo...

jajajaja todos soms patos si señor. Feliz dia xa ti tamen patochousa, e cuidadiño cos cazadores que se esconden dun lado e do outro do rio jajaja

mariola dixo...

Xa falta pouco...
Estou dacordo en que traballan en equipo( só para eles) e logo nos fan ser patos en busca dunhas faragulliñas para contentar o noso estómago.
E como o estómago é donde se albergan todas as emocións, pois nós contentiños con esas migallas.
Non, a min non ma dan, nin os colorados nin os azuis.

un bico neste primeiro de Novembro.

pitima dixo...

Así que azuis e colorados...

Andarei oxo avizor...

Cólleme os bicos no ar e así xa non deixas descoberta a retagarda... jaja

mfc dixo...

Gosto imenso da tua forma de caçar!

Concha L. F. dixo...

Ben. A caza foi a primeira das actividades humanas para sobrevivir. E sigue sendo así. E para que haxa cazadores (e mesmo cazadoras) ten que haber quen se deixe cazar. E se non hai a quen cazar, búscanlle o xeito.
A lei da selva, tal vez?

susana moo dixo...

Brrr, arrepíasme co medo. Isos cazadores dos que falas meten mais medo que os demos de samaín.
brrr, camiñemos co pico en alto.

mariajesusparadela dixo...

Pois xa nos podemos ir preparando que van facer unha munición nova que mata varios paxaros dun tiro...

Raposo dixo...

Haberá que ter coidado logo, sobre todo pola retagarda!!

matrioska_verde dixo...

o reloxo é da marca ROXY, unha marca desas surfeira... en realidade o reloxo é da miña filla pero levo un tempo que o poño eu, gústame moito, dime ti si non é bonito.


http://www.starwatch.es/relojroxyphoenixmetalw096bfablu-pi-238.html?osCsid=af1c0588aa15a1e7ad2f0fcc7f4c6db2

biquiños,

Paz Zeltia dixo...

todo iso da caza faime sentir incómoda.
tamén no sentido en que ti o usas.
ou máis.

as ondiñas da iauga engaiólanme, eses circulos que se expanden...

Carlosm dixo...

Por todo iso que ti dis, todos os patos detemos ter coidado de non meter a pata e despistarnos nin un momento. Saudos. Carlosm

Son Unha Xoaniña dixo...

Por aquí hai que tere coidado con ir ao monte os xoves e mais os domingos que creo que son os dias que poden cazar os xabalins e mais os corzos, e síntense tiros que parece que tiran bombas nalgunha festa.

Maribel-bel dixo...

Manter limpa a praia é cuestión de todos(aínda que o cartel esté tan velliño), as proporcións fallan tanto da parte dereita coma da esquerda..mal equilibrio. Na caza sempre é importante a posición económica, cantos maís cartos máis puntería e maís pezas gañadas, xa sabes. Un pracer lerte(coma sempre), biquiños debaixo da auga.

São dixo...

Não gosto de caça !

Convido-te a passares lá por casa amanhã.

Apertas.

Trasno dixo...

E o mais doloroso de canto dis e que os cazadores fortemente pertrechados da mais variada artilleria, sempre listos para meternos o cargador pola retagarda...tamen son patos!!!
:-) CUÁ-CUÁ

Chousa da Alcandra dixo...

Non imos taparnos coa sábana da inxenuidade e pensar que os cazadores usan munición de fogueo; así que o axeitado é mellorar a nosa capacidade natatoria, entrenar as estratexias de mergulle e afiar os nosos picos para, dado o caso, lanzar un ataque con posibilidades de éxito.
Estamos en campaña electoral, así que vou tentar absterme de pedir o voto para o pato chu ou para a pata guan; así que de hoxe en diante -e polo menos até despois do día 20- unicamente falarei de cousas serias.

Anónimo dixo...

La caza debería estar prohibida. Me dan asco las personas que matan animales por matar.