sábado, 15 de outubro de 2011

Nádegas

Seguramente o futurista presente mire moi por riba do ombreiro ó pasado actual; pero xa se lle baixarán os fumes cando chegue a súa hora.
E daquela veremos se é posible ver coa mesma elegancia e nitidez a través dun muiño de vento o holograma do chip que levaremos todos atado ás nádegas para aproveitar a enerxía dun peido; iluminando con él todas as aldeas que se ubican entre os faros Silleiro e Fisterra, e exportando o excedente para a calefacción dos parlamentos británico, francés e alemán.

Foto: Gallardía espida, en primeiro plano.

22 comentarios:

Anónimo dixo...

Impecable razonamento e moi envexable a proposta de quentar con gases intestinais aos chulos do eixe London-Paris-Berlin hahaha.

Anónimo dixo...

jajajajaja...xa postos a levar, que leven tambem o perfume...
sau2

Trasno dixo...

Magnífico!. Gustoume tanto a vista do eólico a través do hórreo como a idea de quentar a todos os gallitos do poleiro europeu a base de peidos.

Paz Zeltia dixo...

pois se dan subvencións para aproveitar a enerxía dos gases intestinais, como deron para os muíños...

matrioska_verde dixo...

non che poido escribir nada porque estou rindo.

biquiños,

mariajesusparadela dixo...

Pois tes razón , pero poderíamos mandalos, directamente, á merda.

pitima dixo...

Biocombustible...
E claro.
Pero non sei se é moi ecolóxico: seica os gases estes non son bos para a capa de ozono.
Claro que máis ben ós das vacas, ós dos hervíboros, así que... ¡moito coidado cos vexetarianos!
Deberiamos de cobrarlles un plus extra nos impostos por destruir máis a capa de ozono.

Bico ó aire... mira que ben ule.. jaja

Carlosm dixo...

Ningun muinho oxidado sera capaz de enmarcar con tanta gallardia o chip peideiro.Ti sábelo, eu seino; pero seguro que non o saben británicos,franceses nin alemans.Saudos.Carlosm

Antón de Muros dixo...

Carallo que tes inventiva, home. Semellas galego ;-)

Apertas sen perfume ;-)

Antón.

Anónimo dixo...

Non tardará en aparecer quen diga que os tales gases son tóxicos e contaminantes, como disque sucede co metano das vacas. Así que o noso gozo nun pozo.

volboretinha dixo...

Que boa a foto, y que bo o texto. Xa estu a imaxinar a xente polas rúa acompasando os seus peidos, montando unha orquesta que nin a de Mayumaná!!Por certo, que boa solución para a xente que padece Aerofagia!! bicos

Blogboreta dixo...

Pobriño ó hórreo, coma estará a crise que quedou anoréxico... :(

Biquiños postos ó día. :* :*

susana moo dixo...

Supoño que o dos peidos é de coña, non?
Pero eu patentaría. Porsi.

mfc dixo...

Um contraste fotográfico irónico, continuado no teu texto!

xenevra dixo...

Imos ter que pedirlle ao xaponés que che devolva a idea roubada. Moita Toto agora como se fose idea súa e resulta que ti xa a pensaras nunha tarde na eira sentado (que diría Curros).
Mais seguro que el non pensou aínda nada para gardar o millo en hórreos propulsados por antenas aeróbicas. ;)
Un biquiño

PD:http://www.territoriodigital.com.ar/nota3.aspx?c=0601628086769803 (fonte da noticia)

paideleo dixo...

Ti dálle ideas a esa xente que xa nos miro pagando por cagar.
A foto lembroume unha dun posteo meu.
Déixocha aquí a ligazón

mariola dixo...

Manda home, manda o excedente para alá, que aínda non saben que con estes peidos e sen máscara antigas vailles quedar unha cara de cu...
Aínda me rin un rato, ho.
un biquiño.

Wendy dixo...

Ah, algo inventarán para cobrarnos por elo. Disque o FMI xa sentencióu que todo baixo do sol cómprase e véndese (e se nos tes moeda, fódeste, e morres).

Dos muiños ata o infinito e máis aló....

Raposo dixo...

Gases ruidosos aparte, o que está claro é que ese hórreo é un desvergonzado, posar asi case en pelotas!!

Anónimo dixo...

Muy bonitas tus letras.
que tengas una buena semana.
un abrazo desde Jaén

Paz Zeltia dixo...

Chousa: tes razón no da foto do post seguinte, nin que nos puxésemos de acordo!
pero os textos que diferentes!
iso non significa que eu non vexa máis ca o meu embigo... é unha nova que nos alegra moitísimo a todos, supoño; inda que sempre haberá alguén que teña máis que dicir...

deixo aquí o comentario porque non fun quen de atopar o sitio onde escribir no seguinte post... (sí, ti rite)

Aniña (@vampyevil) dixo...

me encanta esa foto que bellos recuerdos me traer precisamente hoy...
besitos