No medio de tanto furabolos metendo ruido cos platillos, de tanto percusionista desafinado arreando martillazos no pandeiro e de tanto mequetrefre sin baquetas tocándonos os timbais; hai ocasións nas que se fai absolutamente imprescindible fuxir de tanta artillería de pólvora mollada empezando por un bo achuchón e rematando por compartir un solo de gaita en boa compañía.
Foto: Atinada colocación casual.
18 comentarios:
É que o son da gaita é ÚNICO.
Bicos
Máis que imprescindible, diria eu. Deberiamos deixar uns minutos cada día para desconectar, pechar os ollos e escoitar a suave melodía que provoca no noso interior un pouquiño de música ou un bico doce e acaramelado como o da foto.
Máis biquiños.
A foto do lado nunca poderia ser um "Solo de gaita"....!!!!
Está claro que vou ter que ter máis tino coas mazas na canteira. Parece que non, pero van minando a efectividade dos meus cansos dediños. Hoxe unha proba manifesta: cando quixen validar os vosos comentarios...en troques de abrirlles a porta pecheina.
Non sei como cumplir a penitencia axeitada para esta pecado, pero mentras o penso podedes volver recomentar se o tedes a ben; e noutro caso pois continuarei flaxelándome igual que o fago agora mesmo.
(Diría de quen eran os comentarios que borrei, pero non me lembro de todos. Fusílome tamén pola mala memoria ademáis da torpeza?)
Non te fusiles, fai un solo de gaita en compaña, que non sei por qué lle chamas "solo", xa que non é nin en soedade nin soamente, que o enche todo.
jaja...
Anda que...
Eu non fixera un coment moi orixinal, a verdade..
Paréceme lembrar algo como que sempre era un bo momento para un achuchón e para un gaiteiro, se era bo, tamén...
Algo asín era...
E dedicábache un bico sólo.
Xastá. O recoment.
Un solo de gaita en compañia pareceme uma ideia moito boa. Brindo por elo.Saudos.Carlosm
Hola,preciosas letras van desnundando lentamente la belleza de este integral blog,si te va la palabra elegida, la poesía,te invito al mio,será un placer,es
http://ligerodeequipaje1875.blogspot.com/
gracias, buen día, besos truhanes...
Un Solo de Gaita en compañía; que gran titular, si señor!
:-))
E despóis me mandas a min que modere os comentarios !.
Vaites !.
Eu comentara algo de que me resultaba coñecido ese ghaiteiro.
Eu seguirei coa verificación da palabra para mal ou para ben.
A idea do achuchón resulta moi atrainte (non hai mais que ver ó soldado e a enfermeira), e a proposta do solo de gaita tamen (non hai mais que verlle a mirada o gaiteiro).
Me parece un plan muy sabio se de empezar por un bo achuchón y rematar con un solo de gaita en boa compañía. Un respiro a tanto despropósito económico y político, nacional e internacional, Chousa.
Bicos
manda carallo! =) pasando a saludar, namás...
non parecían destinadas a estar xuntas a famosa fotografía de "o beso de Times Square" de 1945, e a dun gaiteiro de perilla.
(non serás tí ese gaiteiro de mirada traviesa?)
Sempre che dixen que ti e Vaamonde tedes un aire. Habia que xuntarvos para facer un duo de gaita. Podeis contar comigo para percusionar.
Saudos para Antas.
M
Eu dicía algo parecido ao que di Pitima ...
Señoras e señores, mañán é feira en Antas; así que xa podedes madrugar se queredes coller o coche de cedo para vir mercar castañas. Hainas boas; pero, iso si, este ano as podres non hai quen as chape!
Dame medo pensar en vostede facendo un "solo de gaita".....
biquiños con moito atraso.
Publicar un comentario