luns, 10 de outubro de 2011

Cemento

Os fundadores da máis delicada filosofía taoista mexaríanse visitando a nosa terra. E faríano axiña se houbese quen lles servise un albariño, un mencía ou untando un queixo da Ulloa nun rebuxo de pan de Antas...
En calquera caso, aínda que viñesen en plan de xexún absoluto, aquí poderían constatar como se esfurricaba a súa teoría dos cinco elementos á volta dun pestaneo. Sin dúbida a eles faltoulles un que os nosos enxeñeiros de corredoira dominan con arte maquiavélico: o cemento!

Foto: Sacrilexio volumétrico.

25 comentarios:

Concha L. F. dixo...

Razón non lle falta, pero é de admirar o equilibrio no que se mantén esta estrutura de cemento, porque non me negará, señor da Cousa, que aquí hai unha perfecta combinación de elementos. Igual hai máis de cinco...

Trasno dixo...

Moito mal leva feito o cemento á vista. E non solo por meterse nos ollos cando está en polvo.
Es unico poñendo pes de foto Chousa hahaha

Anónimo dixo...

Quedou escaso, Chousa: os catro elementos dos enxeñeiros de corredoira do país son o cemento, a uralita, o ladrillo e o aglomerado. Así se recontrúen e restauran hórreos cun lamentable aspecto de casas de cuco neorrealistas. É o estilo arquitectónico Mételle: mételle unha uralita por aí, mételle un ferracho por aló, mételle...

Ginebra dixo...

Desde luego esa construcción es un sacrilegio volumétrico donde los haya, aunque siempre hay algo que puede ser peor, por ejemplo el quiosco de la Iglesia del Carmen en Zahara de los Atunes. Al ser familiar de la alcaldesa ,el dueño, se le permitió construir en la acera ,de tal forma que un peatón tiene que invadir necesariamente la calzada para no darse de bruces con el feo chiringuito de chuches a granel...

Ese pan de Antas tiene una pinta! con jamón y torta de oveja de mi tierra tiene que estar "para llorar" de placer!
Bicos "sacrílegos"

Paz Zeltia dixo...

toda a literatura que lle botas está ben; pero...

QUE raio é?

mfc dixo...

Eheheheh... tu és de uma ironia imensa!

Carlosm dixo...

Nunca tal cousa os meus olhos tenhen visto!. Sí hórreos profanados e cortelhos mal fraguados; pero lá supera tudo. Dime que non esta en Antas tal sacrilego esperpento. Saudos.Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

Definitivamente o ladrillovisto, o cemento e mailo ghalvanizo moito mal levan feito neste país. E cada día parece que a cousa supérase. Nunha destas atopamos un cortello para pitos en calquera carballo

(Madia levas a non saber o que é, Zeltia. Pois non sei moi ben como definilo: faino ti. Está feito sobre a base do que foi unha cabaceira )

paideleo dixo...

Vouno dicir en dúas palabras: in-crible.
Non sei como deixaron o pé enteiro.
Fixeron unha cabaceira new age molona,coas súas dúas portiñas e todo.
Creo que esta foto non podo superala.

Harmonía dixo...

Parece... un reloxo de cuco en grande!

Suxerente banquete propós entre o pan, o queixo e o mencía :-))

Dilaida dixo...

Pois si que é unha construcións orixinal ¿?

susana moo dixo...

Qué carallo é iso tan tan tan ¿raro?

a casiña das pombas? a casiña das monecas? unha caixa forte?
Vai e pregúntallo Chousa, non nos deixes coa dúbida.

mariola dixo...

A verdade é que equilibrio ten un pouco. Quédome coas palabras de paidelo "in- crible".

Bicos en harmonía.

Antonio Martínez dixo...

Sen palabras, ou como poñería en INICIARTE, sen comentarios. Saúdos abraiados.

Paz Zeltia dixo...

grazas pola explicación, Chousa.
agora xa podo supoñer que é unha cabaceira. [e que por este lado do deza, non as hai]
saúdos hoxe dende o meu recanto da infancia [a ventá aberta, os chíos e os cheiros enchendo a chambre]
;-) -foi por poñer outro "che"-

que disfrutes o caloriño deste día radiante de outono

JOAQUIN DOLDAN dixo...

mi mamá es de Laxe
y mi padre era de Brantuas

pitima dixo...

Qué raio é?

Ten un deseño envexable... para non se caer nesa base tan pequeniña..

Para paxaros parece... Debe ser un galiñeiro pola porta de abaixo... A de arriba será para retirar os ovos.. Digo eu...
Aínda así parece inexpugnable... jaja. Só lle falta a Torre da homenaxe e o foso... jaja

Tamén se parece a un reloxo de cuco xigante que din por ahí arriba...

Bico dudoso.

Anónimo dixo...

Quizas la necesidad de subsistir provocó este tipo de cosas en Galicia. Ya se que no es bonito, pero te aseguro Chosa que he visto atentados mucho peores. Esa "edificación" al menos está bien hecha.
Aunque vengo a menudo no digo nada, asi que aprovecho para felicitar por el blog.
José S.

Mar e Lúa dixo...

Hai xente que só vive para poñerse retos... E o "arquitecto" desta construcción debe ser un deles!

Marisa dixo...

Non quero creer que iso
que está nese poleiro
é un galiñeiro.
A arquitectura das corredoiras
deixánnos abraiados.

Biquiños

busto.agolada dixo...

Incalificable e viva expresión deste noso reino da trapallada. Imos á solución fácil, barata e rápida, mais non somos quen de facer en trascendencia, mantendo a harmonía e o pragmatismo que perdemos nalgún momento da nosa recente historia ao incorporármonos á modernidade.
Onde está este "monumento"?
Apertas e saúdos

matrioska_verde dixo...

¡¡canto feísmo, virxen santísima!!

biquiños,

Blogboreta dixo...

Sacrilexio ben evanxelizado, ca sua cruceciña e todo no fronte.
Cagándoa de pleno pero Deus mediante. ;)

Biquiños a fume de carozo.

Eva G. Rei dixo...

Este modelo mesmo parece da factoría Disney. Ver para crer!
E se alguén pasa pola beira co coche e indo arrecú lle dá un gholpiño de nada... non caerá por accidente?

Filoxera dixo...

A destoar...
:-(
Beijos.