domingo, 18 de setembro de 2011

Ferruxe

Por pudor tapamos partes corpóreas que perfectamente podían permanecer expostas sin problema aparente. Paralelamente espímonos por medio da palabra, paseniñamente sin pretendelo.
Con este panorama non pode sorprender que os pobres metais, desprovistos dese privilexio expresivo, pretendan arrouparse por medio dunha pertinente pátina de ferruxe.

Foto: Escultura (detalle), de Fermin del Amo.

25 comentarios:

susana moo dixo...

Moi agudo Del Amo, e seguindo unha tradición moi vella, mira: http://perineos.blogspot.com/2010/09/un-interesante-articulo-acerca-de-los.html

Blogboreta dixo...

A quen ferro mata a ferro morre... máis con ise ferro ten que dar un gustiño!

Biquiños desferruxados. Muas!

mariola dixo...

E así, con ese ferruxe sobrevivirán para deleite dos miróns e provocarán as palabras para que saian espidas levantando un sinfín de comentarios.
Aínda que vai un pouco de friaxe, non?
un biquiño sorrinte.

Aniña (@vampyevil) dixo...

bonita escultura ^^
un bikiño de una aprendiz de galego.

Marisa dixo...

Poida que o escultor non teña ese pudor para ensinar as partes
máis íntimas.
Provocativo, psicoloxicamente da un pouco que pensar.

Querido Chousa como me gusta achegarme ó teu recuncho sempre hay
algo para que aflore o sorriso.

Unha aperta

pitima dixo...

Qué desazón me produce...
Esa rixidez permanente, ese non poder encaixar.... Non poder penetrar polo burato... Qué triste...

Bico sen ferruxe

matrioska_verde dixo...

podería decirche aquelo de:
"ti estás pensando sempre no mismo, no único..." pero non cho vou a decir...

o que sí che digo é que benditos sexan os teus ollos que ven cousas curiosas que a moitos se nos pasarían por alto.

biquiños,

mariajesusparadela dixo...

Qué provocación!

mfc dixo...

Uma ironia fantástica!
Que post mais divertido e verdadeiro.

Merce dixo...

Pois si querido Chousa, somosche asi de rariños, tan pronto sentimos vergoña da nosa pel, como tan pronto abrimos o corazon e deixamos sair os mais intimos sentimentos...

;)

A.C. dixo...

Mimá, un canteiro que tamen ten ollos para o ferro. Ti es un todoterreno con valentia, que ben sei que te lee xente mui ilustrada.
E mira que eu fun a Pambre a ver a exposición de Fermin del Amo pero este eu nono vin.
Bico

Paz Zeltia dixo...

ah, é unha escultura... lástima, sería o pecho dunha cancela moi interesante...

Pedras de S. dixo...

Eu pensaba coma Zeltia!! Que non é un pecho? Con este primeirísimo plano da escultura, conseguiches despistarnosssss;-))

Anónimo dixo...

Carallo, Chousa, non sabía eu que andaban os títulos tan protexidos. ;))
Tira pra adiante e déixate de caralladas. E xa cairá algo un día nalgunha taberna, mesmo se non é etiqueta negra.

Unha aperta

Quino

Anónimo dixo...

Por certo que... haiche ferreiros ben cachondos, ho... ;)))

Cuspedepita dixo...

E nos ¿con que ferruxe podemos agochar ese interior que as nosas palabras deixan ao descuberto?

Eu tamén pensei que era unha cancela, coma Zeltia :-))

Apertas

Ginebra dixo...

Pienso copiar esta aldaba si me hago una casa:)
fálica y original a la vez. ¿se puede pedir más???? bueno, quizá que tenga incorporada energía que haga que se mueva, ¿no?.
En fin, bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Boeno...tampouco vos deixedes influenciar tanto. Poda que fose unha cancela.
Os ferreiros e mailos canteiros, ás veces, xogamos coas formas e acadamos solucións artísticas para cuestións cotiás
[can...celo. Tentarei comunicar co escultor a ver que opina]

la cocina de frabisa dixo...

Claro que sí, muy pocas almas resisten la exposición sin sufrir deterioro medioambiental ;))!!

Estoy contigo con la falta de pudor que asola el planeta, es peligroso preguntar ¿qué tal? hay muchas posibilidades que media hora después sigas escuchando atentamente todo tipo de cuestiones para los que inicialmente no estabas preparado.

No obstante lo anterior, te diré que los metales oxidados, me encantas, tienen un color fantástico a mis ojos.

biquiños y que tengas un buen día

Anónimo dixo...

Puro porno, con certeza vde debeu poñer dous rombos ao comezo do post (Inda llo van censurar os de blogger, eu non digo nada)

Trasno dixo...

Chousa: fala con Fermin e patentade entre os dous ese "mecanismo" como caravilla para cancelas. Entre o seu arte e maila tua capacidade está claro que vos forrades :-)))))

paideleo dixo...

Esta obra faille honra á frase " Vaia escultura do carallo ! ".
Este ano fun un día a unha praia nudista despóis de muitísimos anos e sentinme pudoroso ao primeiro pero logo solteime que non somos tan distintos todos.

Carlosm dixo...

A gente tapase o cu e íspese pola boca. Uma mensagem bem intensa. Saudos. Carlosm

Raposo dixo...

Coincido con Kaplan. Ándate con ollo!!

Seymour dixo...

Pero que arte ten vostede Chousa, sempre atopa o ángulo máis favorecedor...