xoves, 1 de setembro de 2011

Escote

Cantas veces temos a evidente sensación de que dúas mans son poucas polo múltiple convite de tocar; de que resulta case ferinte que ambos ollos teñan que unificar direccionalidade cando hai tanto que mirar; de ter unicamente unha boca con tanto raudal salivar; de ter tan pouca epiderme con tanto que rozar. E dentro rebechando cen cabalos desbocados que resultan imposibles de domar...
Doado, polo tanto, que -diante de tanta fermosura- os escoitedes algunha vez rinchar.

Foto: Portomarín, con escote xeneroso e minisaia provocativa.

21 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

vaia! sorprendíchesme!


non comprendo como están os embalses baleiros e eu coa sensación de que non tivemos verán...!

J Cima D Vila dixo...

Coma dirian os vellos "pa fame non hai mal pan" :D

Carlosm dixo...

A tua capacidade de adaptaçom temática non ten límite. E buscando escenarios es un maestro (foto magnifica). E fusionando ambas cualidás acadas esta genialidade.Saudos.Carlosm

Ginebra dixo...

Eres único con tus ambigüedades!
Ese paisaje de Portomarín es precioso, Chousa.
Bicos

matrioska_verde dixo...

tí liches o conto de Susana Moo a propósito do escote xeneroso e os teus cabalos desbocáronse, e para despistar o persoal, vas e deixas unha foto de Portomarín, moi bonitiña, sí, pero tamén era bonito o escote que deixou Susaniña ¿verdade?

A mín non me enganas, xa sei quen días.

biquiños,

Anónimo dixo...

Muchas gracias a la autora por fotografiar mi pueblo de Galicia. Me has emocionado y es la primera vez que escribo en una pagina. Te mando un fuerte abrazo desde La Manga.

mariola dixo...

"Non se pode unificar direccionalidade
cando hay tanto que mirar":non, hay que ter amplitude de miras e máis con esta paisaxe que nos deixas.
Mira, salivar, rozar,tocar, domar, unificar, rinchar... "Tolear".
Bicos azuis.

A.C. dixo...

Chousaaa e preciosa esa postal. Se eu fora de Portomarín mandariache dous bicazos. Asi mandoche un.
Imaxinacion o poder

la cocina de frabisa dixo...

Holaaaaaaaa, Chousaaa!!!!

Ya se terminaron las vacacionessssss??? Al menos el verano parece que sí, bueno... aún tengo dudas de que haya empezado... en cualquier caso el otoño es una estación que me encanta.

Pues aquí estamos otras vez, blogueando y publicando y con muchas ganas de visitar a los amigos.

Tienes razón, hay tanto que ver, que tocar, que oler, que contar y que soñar, que o nos faltan manos y ojos o nos faltan días ..

biquiños, amigo

susana moo dixo...

Pois rincha!

( eu rincho tamén, qe a foto é ben chula)

Marisa dixo...

A foto é xenial
fermosura a esgalla
tanto dá que se vexa
por arriba ou por abaixo

Unha aperta de fin de semana
dende este porto de Marín :)

paideleo dixo...

Sempre pasa o mesmo: póñennos a carta de menú diante e rematamos comendo o prato do día.
E menos mal !.

Trasno dixo...

Buaaahhh! Que pasada de reflexos entre auga en pedras, e que florituras entre intención e descripción. Moito e ben, Chousa.

Anónimo dixo...

Pícaro, imaginativo, descriptivo y muy gráfico. Excelente fotografía.

Raposo dixo...

Unha mágoa ver os embalses tan baleiros. Por Sober non temos ese problema, o de Santo Estevo está a tope de auga.

Filoxera dixo...

Há momentos em que nem parecem chegar os 5 sentidos...
Beijos.

Anónimo dixo...

Ben, todo o mundo sabe que os cinco sentidos son catro, e un menos en Canarias.
Se segue a seca Portomarín acabará sen saia nin escote, co encoro encoiro (hoxe deume polos xogos de palabras, perdón)

mariajesusparadela dixo...

E supoño aos habitantes chorando de lembranzas.

pitima dixo...

Pouco espello onde se mirar... Fai falla auga...

Sen humidade... pouco temos que facer...
Xastamos.... ¿e algunha vez deixamos de estar? pregúntome eu a estas alturas de leria...

Un río enchido de bicos desbocados e rinchando.

São dixo...

Gostei do texto e da foto.

DE decotes e mini saias nem por isso, rrss

Tudo de bom

Chousa da Alcandra dixo...

O bo que ten acompañar ideas escritas con fotos é que, maloserá, se non che sae ben unha...algo aportará a outra. Ogallá poidera nos tempos da escola engadir un debuxo (por mal que se me dera ese arte) á resposta a moitas cuestións que doña Isaura preguntaba.
Se a todo esto engadimos o magnífico entender d@s asistentes, o éxito está logrado.

Disfrutade da Chousa mentras poidades, que eu tamén o fago. Non vaia ser que PP e PSOE se poñan de acordo para tirarlle o valo.