martes, 26 de xullo de 2011

Mar

Fermosura de litoral que baña as rochas de pedernal e lambe con igual floritura as finísimas partículas de area. Despensa de famentos, lacena de farturas, artesa de reservas. Vieiro de namorados, camiño de labores, estrada de canteiros das olas, de labradores do peixe, de enxeñeiros do salitre ...
Ti, noso mar, cumio de deleites contemplativos, excelsa solaina da costa preñada de riqueza vital e visual, que nutre e alimenta a mente e mailo espírito; amósate maino para reterte neste salaio.
(E se algunha terrícola te invade á beiriña, mariscándote,...mellor que mellor!)

Foto: Mariscando. Ou non..

27 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Quería eu lanzar dúas mensaxes con esta entrada:
Primeira. Que resulta ben complexo de entender como podemos encher de lixo e descoidar a quen tanto nos aporta en tantos sentidos.
Segunda. Que se a dona do bikini de raias se considera ofendida por este roubado de retagarda, o faga saber. Perderá intensidade a imaxe, pero se hai que recortala...recórtase!

JorgeCimadeVila dixo...

Estas inspiradísmo :D
Non che pase coma a min estes días aquí en Londres que teño que ter coidado con dicir "beach" en vez de "Bitch" ... Que o outro día dicindolle a un inglés de a pé que en Galiza non chovía tanto agora, que habia máis sun, party, beach el debeu entender o outro pq puxo unha cara...

Dilaida dixo...

Por que enchemos de lixo os nosos montes, praias, etc? Esa é unha pregunta que eu me veño facendo dende hai tempo e cheguei a conclusión que é porque algunhas persoas só se senten ben fozando na merda.
En todos los concellos ou case todos hai puntos limpos e non che cobran nada, pois hai quen colle e vai ao medio do monte.
Pero se tes que coller o coche, que máis che dá levar a cociña vella de butano e o colchón ao punto limpo que deixalo no medio do monte?.
Non o entendo nin os entendo.
Bicos

zeltia dixo...

Como se che nota que botas de menos o mar, Chousiña...!
Antas será moito Antas, e ten moitos e merecidos motivos para ensalzala como tí fas a cotío... mais, o mar, ai o mar, eh?

moitos bicos [dende A coruña outra vez -un itsmo- outra cousa non terá A coruña, agora que mar...]

Aniña dixo...

que buena foto... supongo que para algunos lo mejor es la terricola, el culo e incluso el marisco, para mi es el mar.
un besito

C.D. dixo...

¿Mariscando? Porque na area non hai percebes, que senon...

GINEBRA dixo...

Jajajajajaja, ¡que lástima que tu lente no tuviera alcance, Chousa, con un buen teleobjetivo hubieses sacado a la perfección las rayitas del biquini y bueno... no entro en detalles!!!!

El mar es un paisaje acojonante:
Bicos y besos de litoral

volboretinha dixo...

que bonita entrada chousa!! a verdade que o mar ben a merece... e mira que se bota de menos eh, por que ainda que non vaias todo-los días, se o tes cerquiña, nótase no ambiente e casi sin darte conta atópalo. Eu veño de pegarme unha boa enchenta de mar, e ainda me queda, por que nunca canso de mirar para el, e si está bravo mellor que mellor...moitos bicos

Bolboreteira dixo...

O mar.......aiss!.E ti..estás feito un excelente paparazzi, menudo roubado!.Bonita foto e fermosas verbas.
biquiños!

Pitima dixo...

Eu que vivo agora nun Val, entre montes pois, claro, pois tamén boto de menos o mar, e a mar... Agora que para chegar a él teño que facer kilómetros, e gastar combustible, e buscar onde aparcar... Co doado que era antes subir o faiado e mirar pola fiestra... ou cando saía ó recreo, dende aquela pista tan exposta... aquel vento do monte de San Pedro, de marexada á forte marexada... Non pensei daquela que o ía botar de menos...
Boeno, temos o río, sí, pero está menos batido e menos salgado.
Non recortes a foto, que está estupenda así. Se a recortas quítaslle todo o encanto. E ademáis, a mariscadora saiu ben favorecida, paréceme a min.

Bicos deitados na area, dos que trouxo a marea á praia, para deleite dos namorados do mar.

Aldabra dixo...

ja ja ja

¡mira ti como se che colou a rapaza nesta foto, loubanza do mar!

tés toda a razón, estamos votando a perder este planeta, é unha desgraza.

desde que teño a Ron, fíxome moito no chan e non vexas as porcadas que vexo, empezando por toda esa xente que saca os seus cas á rúa e non limpa a merda... ¡porcos!, os que tiran os cinceiros dos coches cheos de colillas... as colillas na area... non sigo que non acabaría hoxe.

póñome dos nervos con estas cousas.

biquiños,

mariajesusparadela dixo...

Tanto me ten o que queiras dicir, Chousa: eu podo pasar tempo lendo e relendo o que dis, polo forma fermosa de dicilo, ainda que non quixeras dicir nada.
Qué don tés, condenado.

Aldabra dixo...

¡ay, como presume Zeltia, co seu mar!

je je je

mais bicos, nunca veñen mal.

Mesa Bar dixo...

O teu (nosso) mar ficou contente com os teus elogios bonitos!

mfc dixo...

Olá

O comentário de MESA BAR é meu.
Estava a mexer no blog de uma turma minha e não alterei o e mail.

mariola dixo...

Gústame todo ese lirismo que derrochas, e co final acabei rendida:
"amósate maino para reterte neste salaio"- precioso, de verdade.
Quén me dera neste instante mergullarme na foto, nese mar tan calmo...
bicos que navegarán pola chousa.

Carlosm dixo...

Hahahaha. Uma moi boa maneira de cantar as excelencias que tanto te atraen do mar, sem deijar de matizar as lindezas que te tenhen ben fijo á terra. Touché. Saudos.Carlosm

São dixo...

Mar é das coisas mais fascinantes de todas as que existem!

Apertas

Trasno dixo...

Mui interesante a disertación e mui elocuente a imaxe que, así coma quen non quere a cousa, colaches tan ben na esquiniña. :)

mfc dixo...

Hummm... só agora dei com o pormenor!!!
Ou melhor... um pormaior!!!!!

zeltia dixo...

Iso da "Galería" é novo no teu blog!
gústame!
[ao ver as fotos así todas xuntiñas decátome de que as vin prácticamente todas, algunha incluso recordo a que post vai asociada, e todo isto para dicirche que cantos post compartidos xa!!!!]

Kaplan dixo...

Parecíame a min que con tanta enumeración se estaba a esquecer da terrícola do bikini a raias que marisca ou lava area das pernas.
Xa vexo que non.
Desfrute, desfrute do sol e da praia (eu non lle son moito diso)

Pedras de S. dixo...

OOOOOOOOOOOOOOOH!! Que fermosura de texto! Mais a imaxe ben o merece!!!

Anónimo dixo...

Fai vostede que acabe por gostarme a literatura.

Anónimo dixo...

no fondo decatome de que sigo a ser o neno que gostaba das asignaturas en función dos "debuxos" quetiveran os libros de texto jejeje

Anónimo dixo...

estoooo, que volvo ser eu. Seguro que non ten o enderezo da mariscadora? .Gostariame que me ensinase a sua tecnica de captura

Chousa da Alcandra dixo...

Pois vai ser que non o teño, Anónimo; pero aínda que o tivese...a Lei de Protección de Datos de Publicados na Chousa (LPDPCh) non me permite compartir ese tipo de informacións. Sintoo