mércores, 26 de xaneiro de 2011

Caixas

Están no punto de mira e parece que a cacería non vai cesar ata abatelas. Actualmente semellan as culpables de todos os males e, polo tanto, son  o destino focalizado de todas as iras.
Chámame poderosamente a atención este rápido e vertixinoso tránsito que as levou dende modosiños Montepíos ata o frívolo estatus de putas do sistema financieiro.
Nin antes tan santas nin agora tan casquivanas!.  E  se non xa veremos, cando o fume dos cañóns que lles disparan se disipe,  se a fagocitación destas Entidades será unha solución para a cidadanía ou  constituirá un novo epígrafe de beneficios para os que hoxe están -detrás da artillería- apostados. Apostamos?.

Foto: Lixo reciclábel. Supostamente.

31 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

O primeiro de todo, en que K--- se diferencian as Caixas e
os Bancos?
Como dixo Buenafuente, "con esta ignorancia é imposible valorar a magnitude da noticia" da prensa de hoxe.
Pero bueno, temos á ministra Arias Salgado que nolo deixa moi claro na súa rolda de prensa... fala de "activos ponderados por riesgo" e stándares internacionais de capital, non sei qué de Basilea 3... vamos clarísimo.

Do que estou segura e de que a fagocitación destas Entidades constituirá un novo epígrafe de beneficios para os que hoxe están -detrás da artillería- apostados. Así que, NON apostamos!
:-)

-Xa contarás como K--- fixeches a foto de tantas botellas-

Paz Zeltia dixo...

Por certo que vexo moita cervexa, moito albariño e pouco ribeira sacra, nada de Rioja jeje, ten o seu aquél remexer na basura sin pringarse.

Harmonía dixo...

Supoño que co "fume dos cañóns" fas alusión ao rumor sobre o asalto ou intento de privatización por parte do Goberno, das caixas galegas recentemente fusionadas...
Estaremos atentos á cacería.

Z. dixo...

Qué medo!

fonsilleda dixo...

Pra que apostar digo eu?.
De cotío eche o mesmo e os beneficios van cara os beneficiados de sempre ou de case sempre, xa que hai mañosos que consiguen meter man.
Fai l5 días era todo moi bonito, eu xa non entendo nin as santas nin as putas.
Haberá que ver o que pasa

Dilaida dixo...

Sempre ocorre o mesmo, a culpa ninguén a quere e ao final paga o máis débil.
Estou de acordo que tampouco son unhas pobres inocentes, hainos máis, que xa están pagando, pero a corda sempre rompe polo máis débil.
Para a cidadanía seguro que non vai ter ningún beneficio eu aposto con vostede.
Bicos

Blogboreta dixo...

Ista é a súa caixa... ¡ e cada día a de máis xente!!! ( e non sentada en banquiños laranxas precisamente, en xugosos asentos de coiro con cheiro a "sede") ;)

Biquiños reciclabels ( se voltalo casco danche dous)

Bolboreteira dixo...

Eu non entendo nada destes asuntos finaceiros e económicos.Pero como todo nesta crise me xera gran desconfianza eu aposto coma ti.
Biquiños!

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Non sei explicar diferencias; pero...habelas hainas. Palabra de canteiro.
(En Antas bebemos a dios. E ti como sabes que non me pringuei para facer esa foto?)

Harmonía: Supós moi ben. As galegas e as outras, que seica non sirven debido a que os políticos as corromperon. Curiosamente os mesmos que agora as queren agasallar en bandexa de prata...

Z: Non temas. Hai hospitais. Precisamente en Lugo andamos inaugurando un. Tiña que chamarse CHULA, pero rebaixárono a HULA. Ti tranqui.

Fonsilleda: Eu tampouco as dou entendido; pero se hai que entender a algunhas, o corpo pídeme entender ás que citas ti en segundo lugar. Teño a impresión de que na explicación atoparei mellores reconfortamentos...

Dilaida: Ogallá perdamos a aposta, Dilaida. Desexo con fervor que ninguén se leve este botín. Se non son viables nin rendibles nin socialmente válidas...que se fodan; pero que non as vendan!!!

Blogboreta: Non fagas caso á publicidade. O cu hai que sentalo sempre nun coliño agradable, morniño e xeitoso que aporte caloriño e outras cousas moito máis interesantes que un xuro variable con risco dos mercados.

Bolboreteira: Graciñas pola confianza (se poidera contaxiarse a "confianza", penso que moita desta tormenta amainaría). Con eso que dis, xa conto contigo para proporlle ó meu xefe mercarlle a canteira. Xa teño ganas de mandarlles a outros que lle dean á maceta!

mariola dixo...

Eu aposto que os beneficios estarán detrás da artillería como ti ben dis.
Deus, está todo tan mal?
Prefiro non pensar demasiado na negatividade e sí pensar en mandarlles enerxía positiva, a ver se se contaxian.
Moi ben rematado o texto.
un bico grande.

A.C. dixo...

Menudo cambio de imaxes que nos fas Chousa. Eso non vale.
Eu teño por norma non apostar nunca, pero esta vez aposto contigo tamen. As caixas xa non se diferenciaban moito dos bancos pero vendo o que pasa considero que van por elas de xeito descarado.
Un bico

Marisa dixo...

Non lle vexo diferencia
entre bancos e caixas
"distintos cans cos
mesmos colares"
vendo a mellor maneira
de chuparnos o sangue.

:) ¿Inda quedan máis
botellas nas caixas?

Biquiños

A do outro lado da xanela dixo...

Teño o mal augurio de que todo, por desgrza, quedará en nada.

Panes et cirquenses, que dixo o outro...

Bico!!

Paz Zeltia dixo...

Hoxe vin a Voz chea de información.
Mimadriña, qué, por qué, cando, donde?

Tamén escoitei á mañán na tele o que lle dixo Chávez a Pedro Rodríguez, máximo responsable do Banco Provincial, filial del BBVA español en Venezuela:
"no voy a discutir más con usted (..) óigame, yo le voy a pedir que atienda a estas personas, si usted no tiene tiempo o no puede, entonces dígame cuánto cuesta el banco, yo le compro el banco e engadiu que se o banco non estaba en venta, que llo nacionalizaba cando lle dera a gana e listo.

joder, qué divertido, canto me rin imaxinando a cara do gachó do outro lado do teléfono, engruñándose diante do pantalón e cuspindo a rabia cara adentro jajaja, hai dias que paga a pena madrugar e atoparse con algo coma isto!

susana moo dixo...

Joer, en Antas non bebedes nada 0%? Porque as botellas brancas son de licor café ou de herbas, verdade? Aposto a que si buceache entre as botellas para quitar as que non te conviñan!

Paz Zeltia dixo...

E o comentario que deixei aquí pola mañá?
Que contaba o que me rin con Chávez esta mañá :-(
non pasou a censura da Chousa?
:-/

la cocina de frabisa dixo...

Hola, Chousa ¿qué tal?

Vaya problemática planteas...

Yo estoy con Zeltia, es decir, tengo un profundo desconocimiento del tema.

Siempre he tenido cuenta en CAixa Galicia porque me parecía mejor que los bancos, pero yo creo que era un pensamiento sin fundamento.

Dicho lo cual, estoy esperando que me lo cuenten y alerta...

Estamos en un momento de tantos cambios que cualquiera duerme tranquila, bueno... yo duermo tranquila pero creo que tengo mucho componente de inconsciencia..

biquiños y buen finde

Raposo dixo...

Pola foto pensei que ías falar de botellóns e outras orxías.

Anónimo dixo...

Nin un can !!

Setesoles con problemas tecnicos

matrioska_verde dixo...

Supoño que será un novo epígrafe de beneficios, sempre é así ó final. Biquiños,

A nena do paraugas dixo...

Desconfiada como son e escarmentada por promesas en paxariños de cores, isto non me cheira nada ben. Nadiña.
Ao mellor habería que facer algo coma o que se comenta neste enlace:

http://nosinmibici.com/2011/01/23/2073/

Pero creo que aquí non hai conciencia suficiente para iso.

Saudiños.

mariajesusparadela dixo...

Non, non aposto.

Chousa da Alcandra dixo...

Mariola: Eu axúdoche a envolver esa enerxía positiva.
Non quería encender mechas de tristuras con este posteo; tan so facer unha apostiña. Veña, anímate! jajaja

AC: Hai que cambiar constantemente Aniña, que se nos afacemos demasiado a unha imaxe acaba por aburrir e xa non mola. Ademáis o paxaro era moi feo :-)

Marisa: En Antas temos caixas cheiñas de botellas (que tamén están cheas de interesantes licores). Cando veñas por estes pagos poderás comprobalo.

A do outro lado da xanela: Darannos pan e levarannos ó circo (ou farán que sexamos os cabaliños que rebechan na pista) para disimular os entresixos das manipulacións; pero polo menos queda dito...

Zeltia: Chávez xa se ve o que é; pero non sei se serán máis perigosos os que fan o mesmo, pero disfrazados...
E non hai (moita) censura na Chousa. Que eu saiba...

Susana Moo: Aquí o 0% non existe Susana! Ou para riba ou para baixo, algo sempre hai que ter. E si, confeso que algunha botella quitei antes de disparar a foto. Pero fíxeno debido a que estaba chea aínda!!! jajaja

Isabel Frabisa: Hai que seguir dormindo tranquiliña eh; que nunca mais lonxe do meu teclado estivo a intención de non deixarvos dormir (polo que escribo). Os teus cartos non corren mais perigo do que xa corrían; así que...durme e disfruta!

Raposo: Anoto a suxerencia e sempre podo reciclar a foto para ese motivo tan interesante. Ademáis da unha boa imaxe do botellón, que queda todo recollidiño e non esparexido polas rúas...

Setesoles: Eche o mesmo. Alguén sempre te ha de foder.
Sexa de Bilbao ou de Santander...

Aldabra: Un epígrafe que contén un magnífico botín...
En todo caso son cousas que pasan no proceso "evolutivo". Habemos continuar rindo e disfrutando que tampouco nos van dinamitar as patas da cama. Qué carallo!

Nena do Paraugas: A miña etapa revolucionaria está profundamente aletargada nestes tempos. Agora estou re-entrando de cheo na fase pasota outra vez. Reporta escasos resultados sociais, pero é menos cansina para o protagonista jajaja

Maria Jesus Paradela: Pois é unha mágoa. Gañaríalle (se aposta contra min, claro)

---

Sigue sin atinar ninguén cal é o escenario da imaxe do posteo anterior. Será posible?

pitima dixo...

aisss, a aposta é doada de facer...
Tanto que non me fío...

Vou pasar desta...

A reciclaxe é anecdótica, xa cho teño dito. Só son propagandas e demagoxias baratas.

O diñeiro e o poder, que son o mismo en diferentes formas, é o que move o mundo, e non che hai máis. Nin nacionalismos, nin protexer ós pobres, nin nada de nada... Importa o capital, non a xente. Estes últimos valen segundo o tamaño e contido dos seus petos...

Se cadra podes explicar, dende o teu particular punto de vista, como esto das caixas influiu no negocio da canteira, que parece que últimamente non estás tan disponible.... ¿Medrou o traballo? E seguro que non te subiron o salario....

A todos nos piden... flexibilización!!! para afrontar a crise...

Ó carallo.... Que unha xa non ten os músculos coma antes... Que imos romper... e logo xa non hai remedio...

Bicos reciclados, pero non anecdóticos...

Son Unha Xoaniña dixo...

Qué optimista, inda lle da unha marxe de confianza, dubidando si será unha saolución para a cidadanía.
Meu deus é vostede moi inxenuo.
Non o dubide, isto non é mais que un novo xeito de sacar pingües beneficios e de seguir exprimíndonos a todos.
Saúdos

Chousa da Alcandra dixo...

Pitima: Pois aínda que non cho pareza, esto ten moita incidencia na canteira. Á que non sabías que as pedras que traballamos, despois métense en caixas???. E, claro, se fulminan as caixas...imos ter que metelas en bancos!!!

Xoaniña: Chamándome Inocencio non podo ser menos que inxenuo. Que lle imos facer...

Anónimo dixo...

Sabendo ou non a diferenza entre caixas e bancos, o caso vai acabar en privatización, en vendas de saldo ao mellor postor. Ao tempo.
Vexo na súa foto moitas botellas baleiras e ningún xenio
(Desculpe, pensei que xa comentara, debe ser o alzheimer que axexa)

paideleo dixo...

Todo este asunto das caixas chéirame a can.
A aposta está perdida de antemán. Agora queda esperar canto temos que pagar.

Carlosm dixo...

Ti bem sabes que se dicia que Deus escribe dereito con linhas torçidas. Já se verá como fica o asunto.
Boto de menos algumas botelhas con etiqueta negra nesa imagem. Saudos.Carlosm

Trasno dixo...

Véxote con tanta seguridade que non aposto contra ti. Non me gustan os bancos pero dun xeito ou de outro acabamos encerellados nas suas redes asi que reducir a oferta vai redundar contra dos usuarios.

Chousa da Alcandra dixo...

Kaplan: Os xenios xa fuxiron das botellas. Observa que estan todiñas descorchadas!

Paideleo: Pagaremos co estreitamento da oferta, caendo nas mans de catro en troques de oito. A eliminación da competencia -xa o dixo Puigcorbé- é moi mala.

Carlosm: As etiquetas negras van noutro contedor home. Parece mentira que non reparases niso... :-)

Trasno: Non fagas caso das apariencias. Xoguei moito ó julepe en tempos pretéritos e aprendín a poñer rictus serio.

---

Caeulle a primeira folla (...) ó almanaque de 2011. Chega febreiro cos seus vinteoito; preparados para deslizarse por él?. Pois veña, vamosssss