mércores, 3 de novembro de 2010

Pastor

Tanto nos din que hai que conservar as especies todiñas. Tanta insistencia [compartida] en que somos herdeiros dunha riqueza que debemos deixar [íntegra] en legado...
Tan reiterados avisos nesa liña eran necesarios;  pero [carallo!] a Xunta colleuno tan ó peíño da letra, que xa estou vendo cando detrás dun valado estaremos os humáns en reserva concentrada, mentras pola corredoira campa un pastor alemán con pasaporte diplomático...

Foto: Saberá ler o lobo?

33 comentarios:

Blogboreta dixo...

Non che estou enteirada da movida, pero deixa o pastor alemán quedo, logo virán os do goberno central, quitaránlle o posto, o can chorará e xa teremos ó Reverte chámandoo imbécil... e hai que respeitar a todalas especies, inda que a nosa era pra coller a algún e esganalo.

Funme polas ramas creo....

Biquiños pastorais. :*

Aldabra dixo...

nunca vín eses letreiros e tampouco sabía da súa existencia, a partir de ahora estarei más atenta.

biquiños,

Frabisa dixo...

No te extrañes de nada, aún veremos cosas que no podemos imaginar ni de lejos.

Yo quiero conservar mi capacidad de sorpresa, es bueno para la piel y así me conservo mejor :))

bicos

(por cierto, te he respondido en mi blog al comentario que has dejado, que ya te vale ehhh)

Dilaida dixo...

E mentres o cuxo aproveita para merendar...
Non me negarás que a algúns humanos non lle vería mal estar en "reserva concentrada" unha temporada, a ver se se concentran ou se descentra de todo dunha vez.
Gustoume moito a anécdota que me contaches do tío Facundo. Avisarei aos meus para que se fan o que lles pido non se poñan contra o vento.
Bicos

mariajesusparadela dixo...

Pois non sabes as voltiñas que tivo que dar o dono do lameiro para conquerir ise carteliño. A miña "zarra do cuteiro " tamén é "refuxio de fauna" e foi posto para que os cazadores o respeten. En resposta, o ano que puxen os carteis, atopei no valado un raposo cun tiro e unha cabicha na boca...desta banda haille moito respecto pola lei. Daquela, chorei coma unha parva.

Ana dixo...

Vou facer un letreiro ó meu gato...

E comparto con Dialaida, alguns humanos viñalles ben un tempiño de concentración.

Biquiños

zeltia dixo...

o do pastor alemán non irá con retranca?

(o certo e que despois de ler o comentario de maría jesus, foiseme a gana de bromear).

mariola dixo...

A verdade, é que todo ten que darse na súa xusta medida, pero a maioría das veces perdemos o norte,
saúdos.

Harmonía dixo...

Foi ler o título do post e o cartel que aparece na imaxe, inmediatamente intuín de que "pastor" estabas falando. Situándonos no contexto destes días, non era difícil adiviñar. Cando cheguei á última frase, deume a risa...
Moi oportuno!!

[Integridade!?!?...]

Jorge Cima de Vila dixo...

Aquí aínda non é moi evidente pero... que é senón as reservas de indios nos USA?

Un saúdo

Raposo dixo...

Tendo en conta a cantidade de explotacións gandeiras que están a pechar non me extrañaría que dentro duns anos a foto tivera bastante sentido.

Merce dixo...

Farta estou eu de que me caian perdigons no tellado da miña casa!!!

Farta de cruzarme polo monte (camiños eh? non monte a través) con cazadores coas escopetas pechadas!!!

A miña arma non e mais que unha camara de fotos, digoche que me da medo sair o monte, e agora no outono esta todo tan bonito!!! pero...

E que eu tamen me quedei co comentario de Maria Jesus...

Anónimo dixo...

Espero que o pastor alemán non veña mordernos moito nos zancos. E en todos os casos confio en que esteña vacunado e co microchip actualizado
Saudos

Alís dixo...

É certo. O comentario de María Jesús quitan as ganas de bromear. Algunhos da especie humana xa se poderían ir extinguindo. Pero non hai coidado, eles sobrevivirán a todo, como as cucarachas.
Outros sí deberían estar detrás dun cartel de especie protexida. O malo é que quenes deciden a quén hai que protexer seguro que non queren.

Bicos dende o refuxio

Kaplan dixo...

Moitos dos que nos gobernan son os que en realidade deberían estar gardados detrás desas reixas, e os pastores alemáns fóra do alcance deles por se son mordidos.

A do outro lado da xanela dixo...

E non che han tardar moito... a algúns xa lles van botar os cans enriba este sábado...

Bico!

Chousa da Alcandra dixo...

A algún especímen da nosa especie non merecía selo Blogboreta

Hai que sair maís do asfalto para ver as cousas da aldea Aldabra

Resultado:unha tía-avoa cun cutis xenial; á que si, ?

O cuxo é o mais listo desta historia, Dilaida

A miña intención era unha coña e fixeches poñernos serios mariajesusparadela

Seguro que o teu gato está protexido abondo Ana

Evidentemente, vai, Zeltia

Hai veces nas que mesmo se perde a brúxula enteira, Mariola

Coa de cans depa palleiro que temos...que falta facía que viñera este Harmonía

A este paso...a todo chegaremos, Jorge

Esa tamén era a idea do texto, aínda que a revirei abondo despois Raposo

As escopetas danme medo incluso descargadas Merce

Eu tamén ando polo refuxio, tentando facer o que fai o cuxiño Alís

Homo homini...xa sabes o conto como vai Kaplan

Sinto tervos provocado tristura. Non era a miña intención. Provocar si, pero tristura non. Tentarei recompensarvos

Chousa da Alcandra dixo...

Este sábado por Compostela paseará o pastor alemán. Morderano os cans de palleiro, A do outro lado da xanela?

Anna Mora dixo...

Je je!! mandarlo con un bozal ....por si acaso !!! ;).Tus vacas ...preciosas !!. Saludos des de Catalunya . Anna

fonsilleda dixo...

Ó mellor habería que ter especificado o tipo de fauna. Só polo lobo...
E mira ti, eu preferia atopar o pastor alemán, ainda que tivera o pasaporte ese, que algún outro tipo de "especie".
Bicos.

susana moo dixo...

Boeno, moitos de nós por moito pastor que veña, como non somos ovellas, pois que ladre.

Maribel-bel dixo...

Ás veces é o que merecemos, a natureza tenta devolvernos o que nos lle roubamos. Tranquilo que pasas por debaixo do pastor, eu espérote con unha cervexa. Bicos

Carlosm dixo...

Nom me digas que non e uma image moi tenra. O becerrinho mamando e insuperable.
E logo ti non vas ver o pastor aleman? Non deberias desperdiciar esta oportunidade de olhalo.Saudos.Carlosm

Lucrecia Borgia dixo...

El pastor alemán es afectuoso con la familia, excelente guardián, valiente y protector con los niños.
Predica en el templo y en el refúxio.
Yo tuve uno pero lo he vendido porque no hablaba español... ;-)

Un beso pastoril

A nena do paraugas dixo...

Pois estache ben iso do Refuxio de Fauna. Aínda van acabar nel uns cantos animaliños "desprotexidos"!

As vacas, coma sempre, ben fermosas, si señor!

Saudiños.

A.C. dixo...

Ola Chousa. Escríboche desde Compostela vía satélite.Stop. Un grupo de fieis estamos agardando polo alemán.Stop A ver se a néboa o deixa chegar.Stop.Xa rezaremos por ti tamen.Stop.
Bicos.Stop

Marisa dixo...

Mellor sería que o lobo
non saiba ler, pensaría
que ten dereitos para pasar o refuxio das vacas.

Bicos e bo fin de semana.

Trasno dixo...

Jajaja pero ti es un irreverente compulsivo Chousiña. Van a excomulgarte e meterte nunha reserva (se o fan recomendame a min para que me leven tamen ;-))
Bicos e ladridos

Chousa da Alcandra dixo...

Embozado vai; pero aínda así tede tino

O cartel non daba para máis especificacións, Fonsilleda

Aínda non sendo ovellas, sempre hai colateralidades Susana Moo

Se me esperas ó outro lado, aínda que sexa sen cervexa, salto por riba Maribel-bel

Sempre hai tenrura cando alguén mama, Carlosm?

Pagaríancho ben, se falaba galego, Lucrecia Borgia!

A saber cal vai ser o noso refuxio, Nena do Paraugas

Algunha corresponsal do blogomillo tiña que haber A.C.

Os lobos saben ler nos ollos de todas as carapuchiñas Marisa

Antes irreverente que sinxelo Trasno!

Kim Basinguer dixo...

¿Y si encerramos al pastor alemán?

Sun Iou Miou dixo...

Os humanos xa estamos detrás dun valado, Chousa, ben pexados.

irene dixo...

La fauna deberíamos estar libres y fuera de peligro, a los que hay que encerrar es a los lobos, y al pastor alemán, si quieren, que lo metan en una urna.
Moitos bicos.

xenevra dixo...

Un pastor alemán que xogou ás cartas cos cochos (que semellaban os de Orwell) e esqueceu a súa nacencia.