mércores, 17 de novembro de 2010

Elección

A muller acababa de chegar ó ceo. Nin dúas horas pasaran dende que morrera no pasillo dun hospital do Sergas.
Na recepción celestial estaba San Pedro, con quén entablou axiña unha amimada conversa, súbitamente interrumpida por  uns berros  adoecidos que se escoitaban tras unha porta azul. A recén chegada fixo un xesto inquisitivo ó seu contertulio.
-Non te preocupes -tranquilízaa o home das chaves-. Chegou fai dez minutos e estanlle facendo os buratos no lombo para colocarlle as ás. Tiñamos previsto asinar un Convenio co Sergas para adiantar este trámite, pero eles seica non dan feito alá abaixo; así que non queda outra que xestionalo aquí.
Sen agochar un aire de sorpresa, axiña voltou á conversa, afeita a todo tipo de situacións tendo en conta que sempre fora usuaria da sanidade pública.
Tres minutos despois retornan os berros, pero desta vez resultaban -se cabe- aínda máis escalofriantes.
- Polos cravos de Cristo! -exclamou con certa anguria no peito- ¿e agora que raio acontece?
- Non hai de que preocuparse, muller -resposta San Pedro-. Só lle estan facendo as perforacións necesarias para instalarlle as aureolas. Nin siquera alixeirándolles o choio coa receita electrónica foron capaces de...
- Ai, de ningunha maneira -interrumpe moi decidida-. Por iso non dou pasado. Mellor voume para o inferno!.
- Pero como vas facer iso? Non ves que alí sodomizarante e abusarán de ti de xeito reiterado? - asegúralle Pedro con rictus estresado de galeno de Atención Primaria coa consulta ateigada-
- Non importa, para iso os buratos xa os teño de serie!!!

Foto: Buratos artísticos.

34 comentarios:

fonsilleda dixo...

¡Ay Chousiña!, vas ter que empezare a escribire relato. Jajajajajajaja.
Non sei que comentar. O Sergas, xa se sabe, pero que no Ceo xa estean estresados e inda por riba haxa que facer cola...
Ten razón a prota, millor no inferno tendo xa os buratos de serie jajajajajajajaja.
¡Qué dolor!
Coma sempre, atinas e das na diana das preocupacións dos cidadans normais.
Bicos sen ás

Blogboreta dixo...

XDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD

xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD


xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD

Virxenciña que me quede coma estou.

Bicos furados.

pd. Non pinta mal o inferno.

Blogboreta dixo...

Pobriño ó cactus, póñenlle iso ahí, e mira que priapismo pillou. Non sei se o sergas cubrirá iso....

Raíz Verde dixo...

Eso é como o de cortar na poda, dicían, de cortar sempre hai tempo. Pois aquí igual os buratos xa os traia de serie e de que a fodan xa chegaría o tempo :D

Un saúdo invernal cara Antas

Ana dixo...

Jejejeje xa o coñecía, mais non en galego. Que ben me soa todo agora, aishh que contenta estou aprendendo esta lingua!!!

Bicos

Frabisa dixo...

Me tiro polo chan, jajajjajajajajja!!

Está buenísisiisimo, me he reído con ganas.

bicos

Trasno dixo...

Fai falta o teu sentido humor (sin esquecer a fina crítica)para poñer unha pinga de sentido incluso no medio de tantas trapalladas. Facer rir a un trasno ten moito mérito. Sabíalo Chousa?. Grazassssss

zeltia dixo...

Mira tí que ben lle acae o teu chiste dos buratos
:D
para convidarte a tí e as túas lectoras [e lectores] a ir á manifestación en Santiago, este domingo, para defender e mellorar a sanidade pública, e sobre todo contra a privatización da sanidade pública, que dunha maneira encuberta xa se está levando a cabo.
¿queremos terminar todos coma en EEUU, que se non tes emprego non tes médico?
ou cunhas prestacións de merda que tes que vender a túa casa -se non cha ten o banco [ou calquera caixa]-
para poder pagar un tratamento que agora TEMOS pagando entre todos os traballadores, dunha maneira solidaria??????!!!!!!

Que a chuvia non nos bote para atrás á hora de defender o que temos, que non nolo quiten!
[non caiamos nesa vella estratexia, xa sabedes, como di Chomsky: primeiro fan que algo funcione mal para que nós mesmos pidamos que a boten abaixo!]


doutor, doutor, receteme apertas, xornadas de portas abertas, raios de sol, de porcelana, facer o que me veña en gana!

http://www.youtube.com/watch?v=2HT8YIxRovU

deixo bicos de boas noites

Marisa dixo...

Xa vexo que hoxe vai
de chiste, de seguro
que o Sergas manda
a moitos para alá
a facer cola.

O dos buratos artísticos
foi unha inspiración.

Moi bo

Bicos

Dilaida dixo...

Eu sempre dixen que o ceo ten que ser moi aburrido, e agora que ti me contas que me van facer buracos onde non os teño,xa está decidido, a min buracos novos non me fai ninguén.
Bicos

Anna Mora dixo...

Supongo que es un chiste , pero como no me lo traduzcas , la mitad no lo entiendo !!! :O :)... Un abrazo des de Catalunya . Anna

Sun Iou Miou dixo...

E supoño que o seguinte paso no ceo, sería deixar a muller coma a da escultura, para que non sentise pracer ningún...

Merce dixo...

JAJAJAJAJAJAJAJAJA

estas facetas descoñecidas de ti deberias amosalas un pouquichiño mais de cando en vez eh?

jajajajaja

hoxe contareino na casa, fixo :)))

bicos

Bolboreteira dixo...

Moi divertido este conto...e como cambio o conto agora martirizante no ceo, estamos ben!
Biquiñoss!!!!!!

GINEBRA dixo...

S. Pedro y sus "agujeritos":))) con las largas listas de espera de la seguridad social ya sólo nos faltaba ésto que comentas.
Gracias por arrancarnos una sonrisilla:)
Bicossss

rula dixo...

Buenoooooo¡¡¡¡¡¡¡
Calquera non preferiría o inferno, e moito máis se xa dispós dos buraitiños axeitados.
Que lle dean ó San Pedro.

Bicos.

Maribel-bel dixo...

Jajajajajajajajajajajajajaja, isto é máis divertido que o meu video en Youtube bailando muiñeira. Un bico dende o inferno.

Raposo dixo...

3 consideracións:
1. Si chegou en dúas horas alá arriba está claro que non foi en transporte público, nin sequera nun voo de Iberia.
2. Pensei que a San Pedro xa lle deran o retiro, dele ser que no mais alá a idade de xubilación aínda se atrasa máis que aquí.
3. Pero no ceo non coñecen a técnica de anestesia local??? Preocupante!!
Pois nada haberá que irse para o inferno, aínda que creo que os raposos non nos queda outra!

Aldabra dixo...

Voume da Chousa abraiada por este relato tan ben feitiño e tan divertido. ¡E que tes un arte Chousiña que non se pode contigo! Apláudoche de moi boa gana.
Biquiños

Alís dixo...

Fai ben en irse para o inferno, porque se non lembro mal os anxos non teñen sexo, así que aínda faltaban berros...
Cando vin a foto en pequeno pensei "qué pedazo de muller fotografiou Chousa". Sí, xa teño hora pedida co oculista.

E falando de horas pedidas. Apoio a petición de Zeltia. Non só en EEUU a sanidade é un luxo accesibel para poucos. Aquí (que se miran no espello dos USA) si tes unha enfermedade un pouco grave, como un cancro, por exemplo, xa te podes ir despedindo dos aforros, da casa e de todo o que teñas. E nas urxencias (urxencias, digo) das clínicas o primeiro sitio polo que se pasa é a caixa.
A sanidade pública funcionará mal, pero é un dereito que hai que manter.
Os seguros privados amosan un bo funcionamento para atraer, pero cando estén sós non van a ser moi diferentes do que agora hai, pero pagando.
Hai que esixir que se manteña e mellore a sanidade pública.

Bicos dende o inferno

(a palabra de moderación é "prati")

Anna Mora dixo...

Eooo !!! jeje ! ya lo he traducido , gracias , no había visto tu traductor !!
Un petó de Catalunya.
Anna

mariajesusparadela dixo...

Eu tamén prefiro o inferno, que ten que ter moita xente divertida. No ceo estará o expresidente americano que xa sacou un libro de memorias (con Alzeheimer) dicindo que é un santo.
Es boísimo, Chousa, sempre me fas rir e pensar. E esas duas cousas xuntas son a vida enteira.

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa, sempre sorprendéndonos con esa capacidade para relacionar unha imaxe (neste caso moi orixinal) cunha reflesión, chiste ou sentenza salpementada con esa chispa humorística e irónica que che son propias.
Outra moralexa que se pode extraer ademais das aquí sinaladas: O ceo con tantos buratos vai parecer un queixo de gruyere, ou un coador...
Para min un ceo con menos trades.
Apertas

Carlosm dixo...

Tem gracia. Teis gracia.
Es un as Chousa.Saudos. Carlosm

Chus dixo...

Mientras leía tu post y los comentarios al mismo, se me vino a la memoria una de las viñetas de Forges,aunque en este caso me voy a permitir cambiarle el nombre al equipo, la viñeta representa a dos médicos que van por el pasillo del hospital, uno lleva un blog de notas en la mano y el otro va leyendo la sección de anuncios por palabras de la prensa:

-OYE ESTO: "SE NECESITA MÉDICO DE CABECERA DE GUARDIA PARA SOCIO DEL PP MUY FOROFO".
y el otro contesta
-JOLÍN, A ESTE NO LE APLICAN LOS RECORTES PRESUPUESTARIOS.

Un abrazo, e abrígate, que a nos no nos han de tratar tan ben

A.C. dixo...

Jajajajaja xa era hora dun chiste teu.
Ti non quererás ir pro inferno ou si?
Un bico por un buratiño

Concha López Fernández dixo...

Como afialapis non tiñas prezo, oes! Tes unha mestría tal para sacarlle punta a todo!

Saudiños.

mariola dixo...

Gústame moito relación que fas da foto con relato, dendelogo que estiveches inspirado.
En canto o texto está moi ben construido,dende o meu punto de vista deberías indagar por este lado, porque este relato ten forza e un estilo propio. Tratas un tema real con bastante humor, pero á vez moi duro.
Sempre fas que nos paremos a recapacitar sobre os temas que tratas á vez de deleitarnos coa túa escrita.
un bico.

susana moo dixo...

je, suscribo el comentario de concha, como afilalapis non tes prezo!

paideleo dixo...

Vaia !. Doeume as dúas opcións. Menos mal que non somos nada e acabamos sendo comida de bechos.
O fotógrafo Santi ten boa pinta. A ver se o pillo nalgunha ocasión.

Chousa da Alcandra dixo...

Deixádevos de caralladas e portádevos ben para que así poidamos vernos tod@s nun...ceo sin ás nen aureoliñas. Que teña calorciña e que San Pedro se modernice un pouco.
E se ten que ser no inferno, pois -en aras dunha reducción da factura de gasNaturalFenosa, e tamén para adaptarnos ó Decreto da enerxía- pedimos unha reducción da temperatura e que tamén o Diaño se faga moderno.

Coidemos, eso sí, do sistema sanitario. Chámese Sergas, Insalud ou como sexa. Démoslle cita axiña cando no la pida e prescribámoslle os mellores principios activos. Por favor, que non nos morra!!!

Harmonía dixo...

Canta inspiración!! Xa os demais dixeron todo...
(Prefiro os ceos e os infernos coñecidos que aquí temos, aos "marabillosos" pero descoñecidos de alá que ti nos describes).
Cos galenos, mellor non ter que tratarrrr...

irene dixo...

Jajajaja, los agujeros de serie..., jajaja, eres la leche.
Biquiños, Chousa.

Maca dixo...

ja, ja , moi bón , eu tamén quero ir para o inferno.
Bendita seguridade social ,con todo-los, seus fallos , que no no la quiten sinón pobre de nós.
bicos