xoves, 21 de outubro de 2010

Vincallo

Demasiadas florituras para adornar a propia flor  resulta un exceso desmedido na exaltación de quen por sí xa exalta.
Esa recalcitrante porfía nin siquera a  Ionesco lle pasou pola cabeza. Tapar con esmeraldiñas unhas esmeraldas , ocultar con feixiños de zafiros uns zafiros, atar con vincallos un vincallo...
Vestir bonitas un par de razóns axuda a matizalas, pero recargando o argumento caemos no esaxerado e rozamos o absurdo.
Que o sostén nunca vai ser máis fermoso que as sostidas, carallo!

Foto: Secreta victoria.

44 comentarios:

Blogboreta dixo...

Precioso diábolo natural... e iso precisamente, millor todiño natural.

O día de mañán vexo os asilos de anciáns cheiños de mulleres enrugadas, encollidas e cuns peitos coma sandías mirando pra o teito

Dilaida dixo...

Nesta sociedade na que estamos, por desgraza o que importa é o revestimento, o chasis ten que chamar a atención.
Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Espero ter a graduación axeitada na vista para poder seguilos admirando desprovistos de aderezamentos de orfebrería, Blogboreta

Que saibas que hai quen valora o contido moito máis que o continente, cando a esas cuestións se refire, Dilaida

Maribel-bel dixo...

É a forma que eleximos para olvidarnos dos complexos, pero...ti non luces algún día con máis precisión e alevosía que outros? fala, fala...sont odo oídos(con pendentes). Biquiños

mariajesusparadela dixo...

Pois mira ben, que "a Marela" non precisa sostén e bo partido lle saca ó que ten.
Es un pavero que anda ahí.

Onte quedei felicísima: chegoume, por correo electrónico, un pensamento teu de aquí, da Chousa. Se queres que cho remita, entra no meu correo para me dar o teu.

pitima dixo...

Pois quédalle moi bien o sostén a Adriana.

Entón qué... ¿a ensinalas todo o tempo? jaja

Está ben así ho. Por moi bonito que sexa o vestido, ti mesmo o dis... nunca pode rivalizar co bonito que pode ser o que agocha. E se non é tan bonito, pois melloralo un pouco, se se pode... Hipocresía social, imaxe..

Por non falar do tesouro que agochan cando se enchen do leite materno... Entón sí que son bonitas de verdade...

Bicos sostenidos...

fonsilleda dixo...

Jajajajajajaja.
De primeiro o primeiro, fermosa imaxe. Teño debilidade por as landras e o seu "sostén".
E logo, despois, está Chousa, sen máis nin menos, dende logo.
Bicos de outono.

P.D. Os vincallos nesta casa son como os teus zafiros.

Paz Zeltia dixo...

No caso das tetas ás que leva o enlace non precisan adorno ningún!
pero ningunha prenda que teña ese precio se fai para adornar, nin para vestir.
o seu fin e poder pagala, facer ostentación do que se ten,
ensinar que se pertence a unha elite [a dos gilipollas, neste caso]

deixaremos aparte que resulta obsceno. [no el par de tetas tan lindas] o que resulta impúdico, ofensivo é esa exhibición de cartos en algo tan inútil, mentres hai alguén morrendo de miseria.
Ese suxeitador, cabréame.

Merce dixo...

so se me ocorre que unha peza asi no meu poder iria dereitiña para a miña conta corrente...

;)

pitima dixo...

Non mirei cánto valía o sostén ese... Debe ser un escándalo, pero ¡pasa con tantas cousas inútiles!... que son caras ata o vómito, sen necesidade, só para o disfrute daqueles que non teñen conciencia do desequilibrio do mundo... Ou lles importa un carallo..

Mentres os burguesiños sentímonos culpables con cousas moito máis sinxelas... pero boeno... que outros o fagan peor non debería valer de excusa ¿verdade?

¿E onde anda o Robin ese dos bosques...? ¿apañando as landras para ceibar os porcos?

Aisss..

Outro bico victorioso sen nengún segredo.. Todo a vista.. jaja

pitima dixo...

Creo que dixen ceibar os porcos.. e quería dicir cebar...
Supoño que se entendeu ¿non?

Chousa da Alcandra dixo...

Adórnome igualiño que un pavo real desplegando todas as miñas plumas e incluso collendo algunhas prestadas, pero o da "xoia" esa é algo excesivo; non che parece Maribel-bel?

Entre os deseños de orfebrería e as ubres da "marela" hai moita lencería interesante que colocar.
Estou pendente (!) da súa comunicación, mariajesusparadela

Quédalle que nin diola. Se digo outra cousa estaría pecando (e dicindo o que digo, peco tamén!). Sempre son desexadas, con leitiño ou sen él, sempre queren ser...bicadas. E non sosteñas os bicos, Pitima

Como algún deseñador vangardista se fixe nos carballos neste tempo, acabarán por colgar nos escaparates algún suxeitador baseado nos cazoliños das landras. E serán cómodos para as landras, pero as tetas...non sei eu como lles irá neles Fonsilleda

Pois, atendendo á situación da economía actual, a marca do teteiro cruzado de xoias seica decidiu sacar o modelo 2010 rebaixado de prezo con respecto ó da tempada anterior. Mira que detallistas son Zeltia

Estou seguro de que esa decisión é sabia, apropiada e moi intelixente. Seguro que terías máis dun director de caixa/banco moi dilixente para convencerte de que o "ingresaras", Merce

Chousa da Alcandra dixo...

Pilláchesme en plena resposta xeneral, Pitima. Pero nesta nova reflexión tés razón novamente. Fixeches ben non mirar o prezo; miralo é moito máis escandaloso que mirar as tetas núas.
Cando vexa ó Robin "de las Chousas" xa lle direi que o andas buscando para que roube suxeitadores caros...pregúntome se haberá que opositar para ese choio...
;-)

paideleo dixo...

Tés máis imaxinación ca min, Chousa. Eu nunca miraría uns teteiros nesa parte da landra. Supoño que será polo tamaño pequeno.
E coincido e non crea que sexa un becho raro por iso; en dicir que é máis valioso o sostido ca o sostén ( do que xa non lembro a color ). É máis: máis vale un escote ca un sostén.

LM dixo...

como che vexan esta reflexión as ianquis que queren proibir ate o aleitamento en lugares públicos...! aínda te vam pechar o blogue! dizem que no facebook já o tenhem conseguido...
beijoosss

Chousa da Alcandra dixo...

Todo che é cuestión de argallar e, tamén, ser un chisco verderolo (que xa mo teñen dito por aquí). A cousa está en que acabamos coincidindo na apreciación de que máis vale unha boa suxerencia que duas excesivas exhibicións, Paideleo

Pero como me van facer tal cousa a min, se son a inocencia personificada metida a blogueiro por horas?. Claro que os "Sobriños de Sam" seica son moi recatados de porta para fora. Fareiche caso e terei tino e omitirei fotos de tetas, cus e pises, por se as flights, LM

Harmonía dixo...

Metáforas aparte. Estou con Fonsilleda:o primeiro, fermosa imaxe; eu tamén sinto debilidade polas landras. A esta foto só lle falta o marco!
A ver se algún día consigo unha semellante e a amplío, colgaríaa nunha parede importante, de seguro!
Vincallo, nunca escoitara esta voz. Ben bonita. Anoto e gardo.

A.C. dixo...

Jajajaja mira que noticia foi atraer a tua atencion estes dias. Cando todos falan dos cambios de Zapatero no goberno, ti cambias de tema.
Moi bueno o do titulo da foto jajaja
Un bico

Harmonía dixo...

A.C. ten razón, eu tamén o pensei; estrañoume que non tocase ese tema, pero seguro que Chousa a estar agallando algo para un futuro post. Apostamos?

Carlosm dixo...

Eu nom sei moi ben se ti tes debilidade polos vegetais ou por outras coisas (hahaha minto moi bem?) o que si vai estando claro e que debanas moito bem as debilidades e amosalas ben empaquetadas.
Gostei do sosten das landras e das "landras" de Adriana Lima tamen. Saudos. Carlosm

Chus dixo...

Tes toda a razón, pero sempre podeselle dar outro uso, por exemplo, de casquete para taparlle as calvas a curia, seguro que mais de un agradeceriao. Un bico e perdoa polo meu galego, seica é nefasto e agora xa non me sinto con forzas para melloralo, pero ao meu xeito si que o falo

Sun Iou Miou dixo...

Crise? Ula?

Na estupidez humana nunca haberá crise.

"Turran máis dúas tetas ca dúas carretas", pero un sostén parece que tamén turra... de/do carallo. ;)

Trasno dixo...

Pillabán, como te fixas ti nestas cousiñas he!.
Pois sí que sofistican as cousas, si; pero debo decir que un bo regaliño se vai ben envoltiño tamen ten a sua graza quitarlle o laciño e mailo envoltorio.
Claro que como che caia unha das pedriñas o quitalo igual se perde o tempo en buscala jajaja
Bicos envoltos

A do outro lado da xanela dixo...

A derradeira frase merece unha ovación!

(encantoume o resto do post, pero con esa frase gañáchesme!)

Bico enorme e en mi sostido :)

Chousa da Alcandra dixo...

A min tamén me gustan moito. Incluso as landras tamén!!.
O que non me quedou nada claro é que ías enmarcar, Harmonía
(Podo entrar eu tamén para apostar?)

Hai que desviar a atención do sitio no que todos están, senón a actuación é moi aburrida e monótona; non che parece A.C.?

Deberías saber moi ben que as miñas debilidades cínguense de xeito marcado ás ensaladas (e que non falten os tomatiños), Carlosm

Á curia o que había que taparlles era outra cousa, e non sei eu se será boa idea facelo cun sostén...
O teu galego é perfectamente válido. Sirve para comunicar, Chus

Pois semella que a crise andará por outros derroteiros, ou para outros derrotados. E as tetas tiran moitísimo máis que 100 carretas; claro que ese sostén na miña conta de aforro tamén tiraba eu foguetes con él Sun Iou Miou

Por iso digo que non merece a pena perder o tempo adornando unha (dúas) marabillas, non vaia ser o diaño que acabes prendado do material en troques da carniña Trasno

Brindemos pois, pero sen diamantes nin turquesas; que esas cousas non se beben nin se bican...Brindemos pola beleza intrínseca da(s) teta(s) núa(s), Rula

Escoito a ovación da república xa recuperada das friaxes da noite. En vermello vestida e coas cores recuperada. Bico sen sostén para ti A do outrolado da xanela

Bolboreteira dixo...

Como case sempre é máis imporatnate o contido que o continente.
Orixinal entrada.
Un bico grande

xenevra dixo...

Deixo a unha beira os atributos e sosténs da moza, direi que moitas veces deixamos de aprezar o continente por ir con présa cara o contido. E cantos continentes hai que son dignos de admiración e din tanto de quen o porta. A landra máis fermosa é a que non se desprendeu aínda do vincallo. Logo queda coma moi... non sei; non é o mesmo.

Marisa dixo...

Buscando a súa liberdade
deitanse núas nas follas
do carballo,
él segue ahí inda que
non teña nada que soster.

Boísimo Chousa.

Recibe unha aperta de domingo.

la cocina de frabisa dixo...

Ya, Chousa, pero exagerar no es pecado, a veces incluso como bien apuntas, matizar y filtrar la realidad, puede ayudar a verla con mejor color.

Y tú última frase es muy muy discutible, habría que afinar mucho para ver a quien se le puede adjudicar.

biquiños y feliz domingo

Chousa da Alcandra dixo...

Sempre depende de canto de esaxere e tamén en que termos estamos esaxerando. Eu penso que hai algunhas que case cometeron pecado incrementando tanto "o contido" :-), Frabisa

O que pasa é que ti eres unha poeta sempre, de luns a domingo; e por iso ves poesía onde eu ando xogando ás adiviñas, Marisa.

Pois mira ti por onde tés moita razón neso das présas por chegar ó contido. E si, resulta case sempre moi interesante deterse e ir piano piano observando o continente primeiro. Non é importante chegar, senón disfrutar da viaxe, non si Xenevra?

Raposo dixo...

Hai cousas, esta é unha delas, que están moito mellor libres e o natural.
E coincido con Paideleo: mellor un escote que un sostén.
Apertas (asi tal cual , sen sostén nin gaitas).

Concha L. F. dixo...

Quédome oa natureza dos carballos, espidos ou vestidos, tanto me ten. A noticia á que leva o enlace paréceme un insulto a tantas cousas, que nomealas todas alargaría demasiado o comentario, así que voume quedar con que, para amosar a beleza e a feminidade non é necesario exhibir tan impudicamente o poderío dunhas tetas ou do sostén co que se adornan. E logo de ver como hai no mundo mulleres condenadas a levar un burka e a vivir na miseria e na anulación como persoas, paréme un insulto a todas elas que un xornal perda papel e tinta nesta trivialidade tan ofensiva. E tan cara.

Saúdos.

susana moo dixo...

Pero é que aquí non falamos de beleza, falamos de poder, de poder económico... que parece que también pohne, oh sí!

irene dixo...

Bueno, no sé, en ocasiones un poquito de adorno no viene mal, aunque claro, si precisan adorno..., pero estoy de acuerdo contigo, sin exagerar. ¡Ay que ver qué cosas se te ocurren!
Biquiños, Chousa.

Chousa da Alcandra dixo...

Un bo escote pode ser propiciado tamén por un sostén axeitado. Estou seguro de que nin a Paideleo nin a ti se vos escapou esta posibilidade; á que non Raposo?

Como chousa que son, non podo estar mais en completo acordo contigo na apreciación. Ademáis estimo moi oportunos os teus matices, Concha

Ese "oh sí" saliuche tan do fondo da alma eh?. Levas razón; a erótica do poder tamén existe; e a xulgar por como pretenden eternizarse nel os que o ostentan, debe poñer moitísimo. Presentámonos ás eleccións, Susana Moo?

Sonche moi ocurrente eu. De feito teño pensado moitas veces como, despois de tantos anos na canteira, logo de varios ascensos e sigo co pico esnaquizando pedras, con tanto inxeio como teño, pregúntome de qué carallo empezaría eu, Irene

A Conxurada dixo...

E ten pinta de ser tan, tan incómodo.

beijinhos con u.

Carmen Graña Barreiro dixo...

Graciñas Chousa polas palabras que deixaches no meu blog.
Un bico moi grande

mariola dixo...

Estou dacordo que para adornar una flor non fai falta adornala con outra , aínda que hoxe en día a recargamento non parece excesivo para moita xente ,pero mira se non lucen igual de fermosos estas landras ó natural!

Pd- gústanme moita as fotos que tes no blog, un saúdo.

Anónimo dixo...

Tienes un sentido del humor muy fino. Este blog rezuma esa esencia. Ha sido un placer descubrirlo. Volveré.
E.

Alís dixo...

Ese é un fermoso e optimista punto de vista. Máis a realidade acaba por demostrar que o sostén sí pode ser máis bonito.

Gústame de ti que me fas rir cavilando (ou é cavilar rindo?)

Bicos alegres

Chousa da Alcandra dixo...

Boeno muller, penso que as aristas das xoias tenas reviradas cara fora. Imos pensar que moi seguramente por dentro ha ser suaviño, Conxurada

Sempre é un pracer ir polo teu recanto e saber que continúas escribindo, aínda que sexa noutras páxinas, Carmen

Precisamente ó natural é como eu consideraba que había que exhibir a froita da brasileira!.
Benvida á Chousa. Que saibas que tamén eu atopei agarimo e ledicia no teu espazo, Mariola

Rir cavilando ou cavilar rindo sempre resultará grato; e se son os meus argumentos en favor das landras adornadas ou sen adornar...mellor que mellor, Alís

Teño a lixeira impresión de que xa coñecías a retranca que se gasta por aquí, E....

matrioska_verde dixo...

¡vaia mareo que acabo de coller ao ver a foto que nos deixache no enlace!

¡mi má!

¿son de verdade o de pega?

por desgraza sempre se tende mais a mirar o envoltorio que o que vai dentro.

biquiños,

Chousa da Alcandra dixo...

Pois se ti te mareaches, imaxina o que me costou a min poder escribir o post despois de ver o visionado, Aldabra!

PITEIRA dixo...

Tés razón, é unha tolada vestir un vestido de riba doutro.