martes, 5 de outubro de 2010

Dentada

Seica non corren bós tempos para quen ostenta o goberno.
Na bota mediterránea, pártenlle os dentes ó seu cavaliere, ó outro lado dos Pirineos din que o que durme coa modelo meteuse nun lío que somente un payo podería facer, nas illas da súa graciosa maxestade (contará chistes?), teñen unha ensalada no goberno que nin con vinagre se aliña.
E contan que aló por Madrid seica lle deron unha dentada no corazón ó rapaz de Valladolid criado en León, por mor dunha malagueña que quería subirse a un madroño para contemplar un oso que ten unha tal Aguirre, grande de España...
Que cousas!. Sendo tan nocivo, como parece que é, pregúntome que clase de vacina se inocularían os políticos para continuar facendo paellas.

Foto: Dentellada cardíaca na mazá de Antas

29 comentarios:

fonsilleda dixo...

Jajajajaja vacina?, non creo que exista.
Quizá os que teriamos que vacinarnos seriamos os "do montón".
Bo paseo pola "xeografía" dunha clase política ben tocada do á. Bo, á e algo máis. E posiblemente deixácheste xeografía...
De paso que fago repaso ás últimas noticias, divírtome coa túa forma de expolas.
Bicos.

CriS dixo...

Morder... ser mordido... o hacer una rica tarta con los ingredientes? o...
ufff será por opciones? malo que a veces nos conformamos con lo primero que se nos pone delante y así nos va...

bcfles ñam ñam

Bolboreteira dixo...

Algo ten o poder que todos se matan por él. Non sei o que será, pero sexa o que sexa creo que non é algo que che faga ser mellor persoa ou será que os que loitan por él xa non son trigo limpo...Non sei que será antes o ovo ou a pita.

Raposo dixo...

O Cavaliere tén a cara e os dentes moi duros, noncreo que llos dean partido (aínda así ten diñeiro de sobra para repoñelos).
A quen ultimamente non lle sae nada ben e a Zapatero, pobriño il.
O mellor a vacina está na paella en si porque mira que chove corrupción por Camps e arredores, pero estes como si nada. Ou é cousa de meigas ou ós votantes mediterráneos gústanlle os corruptos, que tamén podería ser!

paideleo dixo...

É millor non meterse nese mundo da política.
Por certo,habería que facer un concurso de trabadas de mazá que quedou mui xeitosa esta.

susana moo dixo...

Chousa!
Deches ti ese bocado?, meu!
Pero pero pero,... ti es o lobo feroz!!

mariajesusparadela dixo...

Non fan paellas nin paeles, desgraciadamente fan para nós, (Para nos amolar ben).
Non sei ben se é unha mazá ou unha pera, semella mazá, sexa o que sexa, eu tamén lle daba una dentada boa que se ti a comes con monda é que non ten pesticidas...

Chousa da Alcandra dixo...

Fonsilleda: Deixei xeografía, deixei. Pero foi por ser breve, que do asunto habería para un post enciclopédico!

CriS: Entre morder e ser obxecto de mordisquiños, case non sabería con cal opción quedarme. Pregúntome se é posible intercalar...

Bolboreteira: Ten que ser a denominada "erótica do poder", aínda que a estas alturas xa case podemos deixar de lado eufemismos e dicir que é pola "retórica do foder"! jajaja

Raposo: Non lle están a sair ben as cousas a Zapatero, non. E dame o corpo que algunhas decisións que se ve na obriga de tomar non fan máis que anchearlle o camiño á Moncloa a quen non o faría mellor...

Paideleo: Mellor non meterse, tés razón; pero ás veces é imposible substraerse dalgunhas cousas.
No tocante ó concurso de trabadas de mazá, eu xa presento esta miña.

Susana Moo: Fun eu, fun. Non me dirás que ti, na vida real, eres Carapuchiña Vermella!.
É importante ter boa dentamia para morder ben; non che parece?

mariajesusparadela: Atinaches. Está libre de solfatos e pesticidas, recén collida da mazaira. Se che digo de certo, estaba algo verde aínda pero sabe que namora!.

Blogboreta dixo...

¿ Paellas? Eu cría que o que facían os políticos eran pellas.....

CriS dixo...

E posible... ;)

ja ja verificación de palabra: "propin" que en madrillego viene a decir: "propina", decidido! je je
asi que bcfts de propina!

Pitima dixo...

Sonche doutra raza...

Arenosa e verde. A min gústanme máis as Royal Gala, ou as Pink Lady, máis xugosiñas e coloradas...

O pecado orixinal...
Agora, que son tantos os pecados e mailos pecadores, parece que queremos volver a empezar coa inocencia aquela, ¿qué será aquelo que colga da árbore do ben e do mal? ¿unha serpe?.. Mira mira.. parece que quere falar... shsss

Bicos mordidos, pero sin gusano..

rula dixo...

Vacina e o que nos dan a moitos de nos para poder seguir aturando indixestiós.

Dilaida dixo...

Moitas mazás coma esa que estás a comer e o que necesitamos e os políticos que os zurzan a todos, foron todos cortados polo mesmo patrón.
Bicos

Chus dixo...

Olvidouseche a "Chincholina", esa e a cura de todos os seus males, nin modelo, nin festas nin na de na tí ben sabes que duas tetas valen mais que duas carretas
Unha aperta

Chousa da Alcandra dixo...

Blogboreta: Estou seguro de que, tamén os políticos, percorren a lista das vogais todas coa palabra P_LLAS. ;-). Aínda que ben pensado igual quedan cansos de tanto que nos f... a todos.

Pitima: Como non podía ser doutro xeito, pillaches a onda da mazá como símbolo da tentación. E xa que traes tamén o tema dos pecados; será que os políticos síntense todos tentados a pecar?.

Rula: Temos que defendernos das súas accións, que inciden na nosa vida cotiá. Pero tamén é certo que necesitamos xestores. Claro que o que cumpría é que fosen bós xestores e...vaia polas ánimas!

Dilaida: Ou maléanse ó chegar a "pisar moqueta", Dilaida. Ou engúleos o sistema; o certo é que ó pouco de chegar empezan a cantar unha cantiga moi similar.

Chus: Non deas ideas, que xa estou vendo eu a certas "persoeiriñas" apuntándose en listas electorais por estes lares. A algunha xa lle andan quentando as orellas co de "terceira forza". Manda carallo

Marisa dixo...

Coido que xa estamos
vacinados e curados
de espantos.

A chanchada quedouche
perfecta.

Biquiños

zeltia dixo...

á pregunta que te fas:
o que se meten os políticos en vena é adrenalina.

pitima eu tamén das royal gala, [antes prefería granny smith]

Eastriver dixo...

Nunca nos puede fallar la ironía. Es un espejo deformante (o formante) que permite verlo todo desde una nueva perspectiva. Muy bueno.

Kaplan dixo...

Ai, meu amigo, o poder, o mandar, o mangonear (como queira chamarlle) primeiro para cambiar o mundo, logo para tapar o que haxa que tapar, e por último polo costume. Aí o ten: a historia máis vella do mundo.

Blogboreta dixo...

Pollas escríbese pollas.....

A.C. dixo...

Eses son mordiscos ben dados, si señor.
Dos politicos, mellor non digo nada. Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Marisa: E que teño moito arte mordendo!. E, boeno, a mazá -aínda que é de "palleiro"- sabe moiiii ben.

Zeltia: Pois debe ser cara a adrenalina que se chutan, que nos está costando un "pico" costeárllela!

Eastriver: O día que a ironía/retranca nos falle...malo!. Seguiremos mordendo mazás, aínda que o debuxo que fagan os dentes non sexan corazóns.

Kaplan: Pois chéirame (nunca mellor dito) que ten vostede razón. Noutro caso non lle acabo de atopar o rabiño á mazá esta...

Blogboreta: E ás pillas díselles pillas...

A.C.: Son un artista do mordisco, o que pasa é que este arte aínda non está recoñecido como disciplina olímpica, que senón...

Chousa da Alcandra dixo...

Hoxe recollín as poucas mazás que quedaban na mazaira para que esa borrasca atlántica non acabe por amazucarmas no chan.

irene dixo...

A mi, lo que realmente me gustaría más, es que le quitasen el oso de una puñetera vez a una tal Aguirre.
Yo, últimamente, tengo debilidad por lo malagueño, ya viste mi entrada, sin olvidar, ni por un momento, lo galleguiño, que lo llevo en mi corazón y mi hijo en su sangre.
Moitos biquiños, Chousa.

Alís dixo...

Medo me dan eses dentes si dunha sóa dentada deixan a mazá dese xeito... (tamén algo de envexa?).

Gracias polas noticias. Lerte foi como ver Informe Semanal

Bicos sen morder

Chousa da Alcandra dixo...

Irene: Tamén poidera ser que acabe por darlle unha detellada o oso á tal Aguirre. Non desesperemos...

Alís: Boeno, muller...todo hai que poñelo na súa xusta medida. Teño boas "palas"; pero o certo é que a mazá era pequerruca.

A Conxurada dixo...

jajajaja!!!! Xenial, xenial.

bicos cansos, pero bicos, despois de todo.

Chousa da Alcandra dixo...

A Conxurada: Un día terei que probar os "bicos cansos"; que non sei que que saberán.

A Conxurada dixo...

Pois non son os mellores, porque non é que se dean sen ganas pero sí son menos efusivos.