O meu sempre lembrado mestre Don Benedicto García, nunca deixou de insistir na importancia que a axeitada utilización dos signos de puntuación teñen na comunicación escrita. E logrou convencerme daquela ensinanza; o que non puido foi darme o quid para entender todas as perspectivas e tampouco todas as imaxes coas que a miña cámara se atopa. Velaquí un exemplo de ambas:
"Se o home soupese realmente o valor que ten a muller andaría a catro patas na súa busca".
As mulleres que lean esta frase, moi probablemente situarán a coma xusto despois da palabra muller.
Pero tamén pode que os homes a coloquen despois do verbo ten...
"Se o home soupese realmente o valor que ten a muller andaría a catro patas na súa busca".
As mulleres que lean esta frase, moi probablemente situarán a coma xusto despois da palabra muller.
Pero tamén pode que os homes a coloquen despois do verbo ten...
Foto: Casualidades artísticas
35 comentarios:
Ja, ja (coma outra vez)
Xa, xa (punto,...guapo,...:F)
Chousa, eres en serio,...un alma máis que simpática.
B.T.C.Ch.
B.
Jajaja. Non che se escpa unha.
Debes ser tan perigoso coma min (polo menos).
Despois da imaxe que elexiches xa queda claro onde a porías ti. Cacheite!.
Don Benedicto estaría orgulhoso de ver que bem prenderon en ti as súas ensinanzas pillabán.
Saúdos. Carlosm
Com sentido de humor, deixa-se cair a polémica...
:-)
O meu traballo, coma o do seu lembrado D. Benedicto, é tamén ensinar eses misterios da puntuación a rapaces e raparigas aos que, polo xeral, non importa quen anda a catro patas con tal de que ande, e así vai todo.
Ora, eu poñería un significativo interrogante xusto a seguir a tan enigmática foto.
Si que che ten importancia esa coma, como che cambia o conto. O da foto éche ben curiosa, que esconderá esa pedra (o mellor foi traballada por tí na canteira e entón todo se explica...)
Unha aperta
Puff, mimá, ten razón o Trasno que ti tés moito perigo coa cámara. En relación coa foto eu penso que buscaban o reflexo na augua que hai nesa especie de pia.
A respecto das comas, por moito que digas e digades, está clariño que a esa frase onde lle acae con xeito é despois da palabra MULLER. Se Don Benedicto a mirase, sin duda alí a colocaría.
Bicos de verán dende Viveiro
Muda a cousa si.
Máis dun home andaría a cinco patas atrás das mulleres.
Comparto contigo e co teu mestre a importancia das comas. E co teu permiso, na frase que pos de mostra, coloco unha coma despois de ten e outra despois de muller, como encadrando unha obviedade...
A foto, así de primeiras, eche ben rariña, sí.
Bicos entrecomillados
A coma lévaa onde ten que levala.
Sinto dicirlle que ao longo da miña vida coñecín homes capaces de andar a catro patas por unha muller. Muller, muller... faláronme de algunha, pero non cheguei a coñecela.
Didáctico, sen dúbida...aclaratorio, circunstancial e moi ortográfico. Rirse pola mañán é tan importante, coma, outras cousas que se valoran máis. Bicos de aprendizaje.
Pues efectivamente una simple coma, cambia el sentido de la frase. Dejemos que cada cuál pongo el signo de puntuación donde le parezca, ¿no crees?.
Por cierto, no se te escapa una, ¡menuda pose la de la mujer! y menuda foto la del fotógrafo, y la tuyaaaaa!!!! jajajajajjaja, es muy bueno!!!!
Besos
Puntualmente estou eu moi sensibilizada con esto das cámaras.... Imposible non saír retratada nalgún dos miles de trebellos capaces de recoller imaxes que nos invaden... Dende móviles, cámaras.... e agora, co recoñecemento facial dos softwares.... buf....
Eu, que sempre fun cuidadosa de non ser demasiado indiscreta cando ando por ahí coa cámara (que é moitas veces), quedeime abraiada cando vin as miles de faces que saían no meu novo programa de xestión de imaxes..... aisssss...
Cando entro no baño dos centros comerciais sempre penso que hai webcams agochadas por doquier... Non che me importa moito, que eu fago o que os demais, pero non deixo de pensar no futuro, no difícil que será perderse se un quixera facelo... jaja
Ah! Pero chousa aquí fala de puntos comas e de andar a catro patas... jajaja
Aínda puntuando ben os significados bailan un pouco Chousa... jaja. Pero mira, nesa frase hai un chiste, e ben que o comprendo, pero aínda entendendo dobremente, o de andar a catro patas na busca de ninguén, sexa home ou muller, non di moito do valor de un nin do outro, ¿como é que o busca polo chan? jaja.... Como dícía unha amiga miña cando se atopa diante dunha mirada buscona.... Arriba arriba... os ollos están aquí arriba... jajaja
E a foto ten o seu misterio eh... Deberías explicala un pouco... A perspectiva é rara. Aquelo parece unha tumba... Él debería colocarse por riba dela para enfocar na dirección da súa mirada, que eso é o verdadeiro amor... jajaja, o mirar na mesma dirección.. que dicía Benedetti...
Ala, xa o deixo...
Biiicoooosss.... e punto...
Seica temos gana de polémica ¿eh?
Pois xa que logo, opino que as mulleres andamos a cotío en busca dos homes, e viceversa; e para iso non precisamos andar a catro patas nin uns, nin os outros.
Máis algo parece que pervive daquela lonxana memoria xenética, que a moitos homes lle quedan tendencias sexuais relacionadas coa postura...
En calquera caso, á muller da frase [ :D ] véselle que lle é totalmente indiferente se o home da frase [ ;D ] sabe ou non sabe o valor que ten. [alá él coa súa ignorancia]
Bicos ben ergueita!
Buenísimo Chousa, estoy totalmente de acuerdo con la importancia de los signos de puntuación, y creo que el valor de las personas no tiene nada que ver con ser hombre o mujer, también hay hombres con valores, jajajaja.
Curiosa la foto de esa mujer apoyada sobre la fuente, o lo que sea, con sus dos manos, otra forma de verlo.
Biquiños, Chousa.
Moi bo! Se é que todo nesta vida depende ;de como se mire, do punto de vista,ata para usar os signos de puntuación.
Neste caso donde mellor lle vai e despois de muller, sen dúbida algunha.
Bicos!
Ves coas pilas completamente cargadas :)
en fin, vasme ter que dar clases ti a mi para facer algun roubado tan bó como este :)
a coma... uf esa coma
bicos
E pregunto eu: onde poñerán a coma os hermafroditas?
Don Benedicto seguro que
che diría que a puxeras
onde ti quixeras,
pero mellor é que homes e mulleres andemos ben dereitos
enriba das dúas pernas.
Bicos nesta tarde de agosto.
máis imortantes que as comas son aínda os homes e as mulleres sobre todo candoningún deles anda a catro patas nin sequera para beber un grolo de auga fresca da fonte que garda a orixe de todos os enigmas
supoño que non cómpre que coma os bicos así que os deixarei espallados por aquí sen orde algunha que os coute
,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,
(creo que escaparon do meu soliloquio) ;)
ti es un alborotador que che gusta crear polémica... pero si pensas que eu vou a alporizarme estás moi equivocado... ja ja ja.
y ja.
biquiños,
Poñamos a coma onde a poñamos, non é moi elegante ir a catro patas, aínda que son das que pensan que quen máis propensión teñen a pose nesa postura son os homes, sobre todo cando queren algo dunha moza, que os hai que teñen moita labia! Logo que o consiguen, xa é outra cousa!
Pero tamén dicía meu pai: "A catro patas ponse calquera". Así que cadaquén poña a coma onde queira.
E, señor Raposo, moi atinada pa pregunta!
Saúdos, señor Chousa. Moi agudiño, coma sempre.
A imaxe é ben curiosa.
E eu penso que a frase se entende PERFECTAMENTE sen comas:)
Esa que está a catro patas é unha Narcisa: ponse así diante da sua imaxe.
E ti e mais eu sabemos que Dilaida ten razón.
A foto é oportuna. A coma marca diferenzas. As mesmas que non debería haber entre homes e mulleres. E que andemos os uns na procura das outras e viceversa longamente coma bípedos civilizados.
Apertas.
E logo que vos fai pensar que son un provocador?.
...
Moi bo, sí señor.
Provocador non, creo eu, só quizais para as mentes "sucias" xD
Regreso después de unas semanas de ausencia del mundo bloguero y me encuentro con tu post tan en tu línea de ironía fina y agudizada por el ingenio galego ceibe.
Estoy de acuerdo con la importancia de la puntuación, como bien dices puede cambiar totalmente el sentido de una frase.
No voy a comentar el ejemplo que pones, es a mi parecer, una frase de escaso gusto, tenga la puntuación donde la tenga.
biquiños, Chousa
Veño convidarvos, unha vez máis, a que vos acheguedes a Antas mañán á noitiña. Para vir a Antas non fan falla motivos; pero dase o caso de que mañán hainos: unha Roda Ruxindo música na Praza do Concello porá o son. O resto podedes poñelo vos...
(Despois, cando vos venda lotería do Nadal, non vos queixedes!)
A pasalo moi ben no concerto, a ver eses bailadores de Antas!
E respecto da foto, que non comentei nada, teño claro que o home da cámara non pretendía máis que captar o refrexo da cara da muller na auga da pía...
Bicos de finde
Moitas gracias por esa invitación,... a que nos acheguemos e disfrutemos,...
...cánto tempo que non vivo unha história de música e con Praza como elemento a ter en conta,...
...non coñezo a unión ca Loteria de Nadal, pero oxalá fose algo que nacera neste comentario do 12 de agosto porque é de admiración puntuable para 'disfrutar' tamén.
Os que vaiades seguro que será bonito,...
...(xa verás)
Bo día e boa noite.
Bicos coma.
Despois dos matices recibidos, continuamos a bingo sen saber con seguridade qué carallo de foto pretendían facer eses dous persoaxes que capturei ás agochadas aquela tarde nos arredores do Museo do Pobo Galego.
Concordo en que ir a catro patas (home ou muller) buscándonos non ten moito sentido; pero conviredes comigo en que -en ocasións- unha vez xa atopados; tampouco pasa nada adoptando tal posición...
---
E coa gorxa dolorida polos berros folkeiros do serán de onte fago chegar un saúdo de ledicia polos gratos momentos vividos. Irei mirar se rachei algunha plaqueta da Praza do Concello, por ver se teño que dar parte ó seguro!!!
jajaja
¡buenísimo el juego de comas!
Que fitará a muller?. Boa imaxe.
No que respecta ao comentario..., que máis quixésedes vós que chegar a crelo.
Jajajajaja.
Bicos.
Publicar un comentario