venres, 16 de xullo de 2010

Hórreo

Ubicación idónea, perto das laxes da aira.
Elevación precisa, na procura da aireación necesaria.
Estabilidade asegurada, mediante os materiais axeitados.
Volume acorde coa terra sementada, lección de mesura con gallardía conxugada.
E así, a salvo de fungos e humedades, dos dentes dos ratos e picos de aves; acugulo de espigas esfolladas e cheo de enerxía almacenada, trócase en despensa ben dotada que proporcionará millo vello en épocas de colleitas menos abondosas.
Pregúntome ás veces como poidemos esquecer as ensinanzas tan arraigadas, unicamente co argumento da evolución mal interpretada. Se tan só era cuestión de adaptar a filosofía do hórreo ó plan xeral de contabilidade!

Foto: Hórreo de Pambre
Música: Felicidades a todas as Carmes, Carmiñas e Carmelos (Ruxe-Ruxe)

44 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Cánta razón ten, Chousa.
Un cabaceiro é unha das cousas que máis me gustaría ter e non teño.
Un portento de inxeniería arquitectónica e económica.
Teño un concurso no meu blog. >Encantaríame contar con vostede.

Eastriver dixo...

Me cuesta entenderlo todo pero me esfuerzo. Lo que más me indigna es que el traductor de google no sepa que existe el gallego (para matarlos). Dime si sabes de algún traductor, aunuqe no te pienses, me divierto interpretándote como buenamente puedo, a ti y a tus lectores. Bicos

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dixo...

Inxenieiros do medio.

Paz Zeltia dixo...

A min a contabilidade dáseme mal, de economía tampouco entendo nada, e os cartos somentes é algo que cando faltan é unha carallada. Pero ben sei que neste mundo todo funciona por eles! Agora parece imposible unha economía caseira de autoabastecemento.

Ese hórreo é ben raro sobre eses pilares... polo resto non parece diferente dos da trasdeza, claro que eu non entendo de horreos coma tí, xa vin a descripción "pofesional" detalladísima que fas do da foto que deixei eu no meu post!

Grazas pola música. Miña irmá chamábase Carmiña, e tal dia coma onte sempre facía festa e era un dia especial.
(ainda que a min non me gustan os santos nin a virxes, para festa calquera escusa é boa)

A.C.FolkAntas dixo...

Millo vello musical teremos no FolkAntas2010, sin esquecer a intensidade da punkfolkrock das espigas novas. Deberías darte un garbeo por http://www.festivalfolkantas.blogspot.com/ para ir abrindo boca.

Elaborada a base do hórreo de Pambre.

A nena do paraugas dixo...

Queda claro que te envolven os números!
O hórreo (na miña aldea cabaceiro) é un lugar perfecto para gardar dividendos e rescatalos cando se precisen. Pero tamén o é para, unha vez a disposición da chave e sempre que o espazo o permita, xogar ás agachadas. Non é difícil facerse un oco no seu interior e se a compañía comparte a trasnada, mellor que mellor!

Biquiños agochados.

Trasno dixo...

Nos hórreos (cabaceiros, canastos e outras denominacións) gardabase a reliquia do traballo labrego.
A saber cantas outras cousas se ten "gardado" nel.

Marisa dixo...

Está visto que
a contabilidade,
na época na que
se gardaba o millo
no hórreo, cadraban
mellor as contas
que agora.

Unha gran aperta.

Chousa da Alcandra dixo...

Hainos tan sumamente coidados pola xeografía do país, que considero que xa son patrimonio de todos MariaJesusParadela. Non o cré vostede así?

Nin lle conto as malas pasadas que lle teñen xogado os tradutores a certos dirixentes da "Unida" de Galicia. En todo caso pode probar co que teño no sidebar do blog.
Agradezo a visita e mailo esforzo realizado por traducir. Costoulle moito esforzo Eastriver.

Inxeñeiros, capatace e demostrada capacidade creativa a dos nosos canteiros. Lograr unha harmonía constructiva á vez que eficaz coa materiais cercanos, non deixa de ser un libro no que beber para os que pretenden construir Gaiás con pedras brasileiras colocadas por mans mediterráneas. Non o ve vostede así Logio?

Tampouco gusto moito da santidade, nin da parafernalia da que se rodea. Pero, como ti dis, calquera motivo é unha razón para artellar unha festa; así que apuntémonos a ela aínda que sexa dentro do hórreo. Vés, Zeltia?

De Antas veño e a Antas vou. Se en Soane hai festa, eu non faltarei.
Xa escoitei o ruxe-ruxe de que o FolkAntas viña rodado este ano. Moveremos o pé na Praza Nova ou na do Concello. A como van as camisetas este ano Asociación FolkAntas?

Penso que non houbo neno nin nena de aldea que non se agochase algunha vez no hórreo (canasto ou cabaceiro). O chan é algo duriño, pero o sitio é caralludo para artellar un "juateque" silencioso; non che parece Nena do Paraugas?

Cadradas ou con descadre, as contas sempre hai que facelas;
por se ven unha auditoría sempre ben feitas hai que telas!
(Quixen rimar
para a vostede semellar.
Gustoulle o eu intento Marisa?

Sempre andas ás picadas,
sempre andas con trasnadas.
Claro que se teño que confesar
que outra cousa dun trasno se podía agardar.
Que cousas tés feito ti non hórreo Trasno?

Merce dixo...

Vaia... gustame o conxunto, e que hai por ahí algun xenio que en vez de facer un hórreo fai un horror... mexturan ladrillos coa pedra, a tella coa pizarra, a madeira co plastico ou o bloque cara vista... deberian ser sancionados!!!

Gustame ver esta arquitectura coa sua historia de cando en vez por iste agarimoso lar :)

bicos

Anónimo dixo...

Eu veño a este blog agradecimieto o comentario que me deixou no meu despois do concurso María Xesús ...

Dice Ramon Eastriver que el gallego no está en el traductor de Google pero, ha de buscarlo bien...yo es el que uso...por eso probablemente no esté correctamente escrita la frase en gallego...esos son cosas del traductor.
Unha gran aperta.

Anónimo dixo...

Ya era hora de que el castillo de Pambre volviese a manos del pueblo. Ahora espero que lo sepan cuidar como se merece.
Te felicito por el blog y me alegra que por fin pusieras una foto de Palas de Rei, que es de donde proviene mi familia.
Un saludo de una palense de corazón

Eastriver dixo...

Aunque mi amiga Anna diga que en el translator de google hay gallego servidor sigue sin encontrarlo. Pero he venido para probar el traductor de la Universidad de Vigo, que funciona bastante bien. Siento no poder expresarme en gallego. Pero mi alma y mi simpatía os entienden de fijo. Yo también llegué aquí por Paradela y el blog es francamente vacilón y gracioso. Un abrazo.

Isabel Martínez Barquero dixo...

El hórreo, una maravilla arquitectónica para la conservación de los alimentos.
Me gustan mucho y los asocio a Galicia y a Asturias.
Ojalá se tuviera en cuenta la filosofía que los inspira en otras materias, como la economía, tal y como señalas. Otro gallo nos cantaría.
Un saludo afectuoso.

Alís dixo...

Ese é o maior defecto da evolución (ten outros moitos): que fai esquecer as artes que xa tiñamos aprendidas, discriminándoas por "antigas", como si o saber tivera idade ou data de caducidade.
E digo eu que de tanta evolución, chegaremos á meta, que será unha volta aos inicios, ao ter todo por aprender.
Aburrido non será...

Bicos arraigados

irene dixo...

Me encantan los hórreos, está muy bien la evolución, el avance, pero hay cosas y costumbres que siempre deberían estar ahí, por los siglos de los siglos, amén.
Me gustan los colores azul y blanco, mucho, pero también me gustan casi todos los demás, cada uno tiene su encanto.
Gelicia, el gallego y los gallegos también me gustan mucho.
Moitos biquiños, Chousa, algún día intentaré hacer unos pinitos y escribiré alguna frase en gallego, siempre pongo lo mismo, biquiños, bicos, moitos...

pitima dixo...

Desprezamos as sabias ensinanzas dos ancestros... aisss... e chamámoslle progreso...

Que xa non vale, que xa non vale...
O futuro está na eira, dígocho eu, e algún máis..
Necesitaremos algún hórreo máis...
Así que deberiamos prestar boa atención ós detalles dos que xa están feitos e aguantaron o paso dos anos ben postos e erguidos... sí.

Xa me descarguei o Ruxe-ruxe... escóitoo agora mesmo. Sonche cañeros! jaja

E digo eu, cando encheamos os hórreos de novo... xa non haberá sitio pa juateques ¿ou? jaja

Bico.. na ubicación idónea...

BK dixo...

Co mal que vai a economía no noso país e co mal que me iba a min na universidade con ela, case me quedo coa foto do hórreo.

Chousa da Alcandra dixo...

Levas razón que hai moito montés que comete verdadeiras tropelías. Incluso hai quen utiliza como tapadeira un hórreo para entrar sabecristoaonde; certo ou non Merce?

Hai reciprocidade no agradecemento Anna Jorba Ricart. A respecto dos códigos empregados pois dicir que o importante sempre é a comunicación; non si?

Agardemos que o pobo saiba (e poida) volver a darlle o valor que precisa, Anónima palense. Hai moito que recuperar alí.

Novamente agradecido pola visita Eastriver. Espero que o traductor que ofrezo poida axudar, aínda que xa vexo que te achegas con facilidade á lingua galega.

Pois precisamente os galos cantaban moi arredor do hórreo, xa que eles sabían ben onde se gardaba o alimento. Benvida tamén á Chousa Isabel Martínez

O quid radica precisamente en ser capaces de conxugar a experiencia coas novas ferramentas. Imaxinas un hórreo con WiFi e aire acondicionado como hospedería de parellas, Alís?

Chousa da Alcandra dixo...

Non me cabe duda algunha de que che gustamos moitísimo máis os galegos que os hórreos jajaja. Aínda que algúns sexan duros coma as pedras que os sosteñen, sempre merece a pena adentrarse neles..., ou non Irene?

A eira é un sitio caralludo para...mallar a espiga jajaja. E cos hórreos cheos, sempre queda a parte de atrás do palleiro ou a palleira mesma para "juatequear". O conto é ter gana de leria, que sitios axeitadamente idóneos sempre hai, á que si Pitima

Chousa da Alcandra dixo...

E fas moi ben quedándote coa foto do hórreo. Nela hai todo un tratado de economía. Se te fixas ben pódese ver na sillería das pedras, no labrado dos penais e no ben traballado da madeira. Do que se pode "cocer" dentro...xa se escapa á economía pura e dura, á que si BK?

Carlosm dixo...

Quedar quedabam e quedam moi bonitos, pero ter que segar o milho, esfolhalo e mete-lo no hórreo en cestos era mon cansino.
Cantos cestos meterías ti no hórreo Chousa?
Saudos.Carlosm

Alís dixo...

Pois sí que imaxino, sí. A ver, o aire acondicionado creo que xa o teñen todos, como "hospedería" de parellas é fácil imaxinalo (algún tamén xa foi), así que só falta o WiFi...

Bicos conxugados

paideleo dixo...

O castelo de Pambre sempre me encantou e máis co ese canastro á beira que non desentoa do conxunto. De feito, creo que é o único catelo que ten un canastro dentro dos muros.
A ver se me acerco un día a visitalo.

fonsilleda dixo...

A foto ben bonita, e o texto axeitado, práctico e cheo de listura.
Os aires de Antas teñen que ser bos.

abueloscrisytoño dixo...

E ben equilibrado ao desnivel do terreo. En consecuencia, sentido común.
Avoa Cris

matrioska_verde dixo...

vexo que tes resposta pa todo, o caso é que non che preguntaron e claro, os hórreos deixaron as súas funcións e convertéronse en meros elementos decorativos... claro que vaia elementos... poucas cousas hai como eles nas nosas paixases... a mín encántame velos.

biquiños,

Filoxera dixo...

Há coisas que nenhuma "evolução" deve deixar que se percam.
Beijinhos.

Anónimo dixo...

Xa se decatará que algúns esquecen o que sexa con tal de obteren os grandes beneficios que lles cómpre. Ademais, as cousas duradoiras, estables, permanentes parece que non compensan neste tempo e neste mundo tolo que vivimos.
Supoño que xa o sabe, pero agradézolle que nolo recorde.

Merce dixo...

ja ja ja certo, certo... :)

Raposo dixo...

Ai, que pouco lembramos as ensinanzas dos nosos devanceiros!

fgul dixo...

O certo é que decote a paisaxe sorpréndenos con este tipo de marabillas. Éche este paisiño (cada vez menos, por certo).

Maribel-bel dixo...

Eu de números e contabilidades non falo en Xullo, mellor, elevación correcta, volume acorde, material axeitado, humedades???....Son materias nobres que deixan lugar para a imaxinación e esas historias que constrúes con maestría. Bicos de auga, pero dende o fondo para non mollar o hórreo.

Paz Zeltia dixo...

mira, chousa,
o emplazamento orixinario dese hórreo non era aí
¿va que non?
e que... eses pilares...

haste enterar, e contas?

Bicos de boas noites de xoves! (hoxe o primeiro día de 6 días seguidos sin ter que ir traballar -y no quiero coñas con el verbo- )

:)

xenevra dixo...

E eu que cando fun non o vin, repasei agora as fotos por se a cámara si o descubrira, mais non. Creo que ese día me embelesaron as pedras da torre enruibadas polo sol do atardecer e a lúa enganchándose ás polas das árbores. Quizais sexa que son máis de estrelas ca de economías, aínda que non estean mergulladas; ou quizais, simplemente, non podo abranguer cos ollos toda a beleza que a patria garda.
Un bico dende este verán que demora no tempo blogueiro.

Kim Basinguer dixo...

¡Mira que eres original!

Chousa da Alcandra dixo...

Orixinais sí que eran os canteiros de antigo, Kim Bassinguer; non che parece?

A saber para onde mirabas ti cando foches a Pambre Xenevra. Hai veces nas que un se despista...Se aportas motivos, quedarás disculpada!

Pois a min tampouco me encaixa moito Zeltia; o que está claro é que para airealo dos muros do castelo era menester tal obra. Pero xa preguntarei.

Penso que levas toda a razón Maribel-bel. Concordo plenamente que o teu discurso vai moito mellor encamiñado co meu. Pero non me negarás que o sitio é caralludo!

Un exemplo magnífico de que se pode conxugar o artístico co necesario, non che parece Blogger Manuel L. Rodrigues

Quilicuá Raposo; diso mesmo "falaba" con Manuel. Non sei como poidemos deixar de beber nesas fontes tan limpas, cajonatós.

Estoooo, corramos un tupido velo; paréceche Merce? :-)

Seino señor Kaplan, pero venme ás mil marabillas poder actualizarme cada vez que vexo artistadas coma esta. Claro que telas e non miralas é coma ter os libros de adorno na estantería...

Non se perderán Filoxera; xa forman parte de nós mesmos e da nosa etnografía. E se ti souperas para que cousa máis se teñen empregado os hórreos, convirías comigo en que non se perderán nunca...

Non teño resposta para todo Aldabra. Son un mero aprendiz; iso sí: póñolle moito interés a según que cousas...jajaja ;-)

Cando o terreo non se axeita é necesario axeitalo con imaxinación; non vos parece abueloscrisytoño. Ese "axeite" tamén se pode aplicar a outros eidos vitais; ou non?

Os aires e mailo resto Fonsilleda. En Antas non hai (case) nada malo. Non sei se sabes que os de Antas non podemos ir ó ceo, posto que é imposible mellorar a situación... :-)

A ver se o amañan algo máis Paideleo. Até o de agora estivo en mans privadas e...case da peniña velo como está. En todo caso cando veñas da un berro, que será un bo momento para tomar un "jouxazo" xuntos.

Eu penso que alí metidos en vereda, o que menos en falta se botaría ía ser a conexión...WiFi; non che parece Alís? ;-)

Metín poucos Carlosm, pero axudei a esfollar uns cantos (e non me penses mal na palabra que é a que dixen e non a que ti pensas). Tamén seguei algunha cana e debullei unhas cantas espigas. Ou que pensas?

---

As vacacións, definitivamente, son o estado natural de todo canteiro. Que sigan!!!

Alís dixo...

Tes toda a razón. Si hai "conexión", non se precisa para nada o WiFi.
Disfruta das vacacións.
Bicos conectados

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa: Este hórreo goza de vantaxes sobre a macroeconomía que nos devora, está defendido e protexido polas rexas murallas da fortaleza de Pambre. Pero os nosos gobernantes non souberon protexernos dos asedios e agora hórreos, tullas e celeiros e os petos de cadaquén sofren as consecuencias. Maiormente quen quedaron sen millo. Nin pan de millo! Que tempos!
Apertas, que esas non están en crise!

Noa dixo...

habíalle gustar ó meu profesor de contabilidade... :)

A do outro lado da xanela dixo...

vai ser un problema de mala cimentación: por iso se ven todo abaixo...


¿Ou non?


Quedolle dando voltas.

Bico!

Ginebra dixo...

Me llama mucho la atención tus reflexiones sobre cosas aparentemente diferentes que encajan o encuentran un mismo sentido.
¡El Hórreo y el plan de contabilidad!, asombrosa comparación nada descabellada.
Me gustan los hórreos, mucho.
Besos de vuelta

susana moo dixo...

Pero é que ás veces compre tirar a casa pola ventana, meu.
Non sempre a contabilidade, a organización, o orde e a estabilidade son garantes.

De sempre me gustou a Carme, que cálzase pola cabeza e se viste polos pes, a toliña.

Chousa da Alcandra dixo...

Xa vexo que ambos entendemos como "conexión superior" aquela que se coñeceu moito antes da WiFi, Alís...

Pois que nos sirva como elemento de aprendizaxe esta lección Busto Agolada. Poida que sexan necesarias algunas murallas protectoras...

A min case me gusta máis se che gusta a ti, Noa (A ver quen che dixo que o teu profesor de contabilidade non era eu...

Confío en que parases de darlle voltas A do outro lado da xanela; aínda que o vexas sinxeliño debe pesar varias toradas...

O diferente, precisamente, é o que mellor encaixa Ginebra; non che parece? :-)

Nunca se puido meter a casa pola fiestra Susana Moo; pero seguramente mais dun xa ten entrado por ela ;-).
Por certo; a que se vestía polos pés non era a Carolina?