sábado, 1 de maio de 2010

Intención

Argallar unha temática axeitada para comunicar algo non é tarefa sinxela. Convén ser orixinal no enfoque, prestar atención ó fondo e non escatimar en orixinalidade escollendo o motivo; cuestión que se pode implementar aportando unha boa dose de "arroute" se fotografías a unha descoñecida despistada en plenos morros sen que se decate (poñamos por caso).
Hai composicións nas que o fondo róuballe protagonismo á imaxe principal e hainas con maridaxe perfecto entre ambas. Pero, rizando o rizo, tamén se dan instantáneas nas que é o reflexo o que logra a preponderancia absoluta no resultado.
Incluso superando a propia intención do fotógrafo arroutado.

Foto: Fontana di Trevi: Nula intención, pura casualidade.

36 comentarios:

Alís dixo...

¿Pura casualidade o reflexo nas gafas (precioso, por certo) ou a foto da muller pasando frente a zapatería? ¿eran zapatos italianos ou chinos? (polo prezo, deben de ser dun punto intermedio)...
Comunicas: que pensas o que dis, que pensas cómo o dis, que es valente (ou atrevido), e que estiveche en Roma. Non está nada mal...

Bico (con intención)

fonsilleda dixo...

Gústanme eses arroutos. E mais si teñen o final imaxes como a que pos.
Nada menos, ademais, que con reflexos de Roma.
E tes razón, as veces o fondo é mais importante e demostrache que, hasta é posible que un reflexo sinxelo, chegue a ser todo.

Xalundes díxome unha chea de veces que che dira as grazas. Sinto non terme lembrado. Fágoo agora.
Bicos y grazas tamén miñas.

CriS dixo...

A veces la cámara de fotos nos devuelve una realidad que había pasado desapercibida a nuestros ojos... un detalle, un color, una forma, un reflejo...
Creo que ella poco entiende de intenciones...

bss instantáneos ;)

Bolboreteira dixo...

Creo que se che ve no reflexo das gafas! Que descaro facer unha foto así a traición. Como che pida dereitos de imaxe verás. :)
Bicos

Sun Iou Miou dixo...

Nunca me atrevo a facerlle fotos á xente sen permiso e normalmente tampouco me atrevo a pedir permiso. Aínda o domingo pasado perdín unha oportunidade magnífica e rara precisamente por eses non atrevementos.

Por sorte, o carballiño albino non era xente. ;)

Maribel-bel dixo...

Falta a declaración de intencións pola túa parte. Iso é motivo de daños e perxuizos (pola outra). Unha apertiña.

Chousa da Alcandra dixo...

Mira ti cantas conclusións (atinadas todas) tiraches do meu relatiño Alís. Non sei se eran chinos os zapatos; pero clientela había moita. Claro que a ubicación da zapatería era caralluda.

A min tamén me gustan Fonsilleda; pero nunha destas -ademáis dalgunha cara de leite mazado, que xa me puxeron- vou acabar tendo unha bronca. Espero non ter que amosarvos un día unha foto co cristal da cámara fendido.
(Dille a Xalundes que os parabéns que lle envío son expresión da miña admiración)

Hai veces, coma esta, nas que se cumple ó pé da letra o que ti dis Cris: Eu so pretendía reflexarme nos "pagüelos" que levaba por monteira a ragazza e mira ti o que saliu despois.

Si que se me ve, Bolboreteira; incluso se pode observar a miña cara de "así coma quen", por se a moza pelivermella lle daba por erguer a vista cando eu apretaba o botón do disparador. Pero estaba tan enfrascada nunha conversa polo móbil, que nin se decatou.

Eu tampouco adoito pedir permiso Sun Iou Miou: róuboas a cara descuberta e, iso si, ás veces disimulo un chisco a cámara.
Con todo, e a pesares dos meus arroutes, tamén teño perdido ocasións de obter imaxes macanudas de persoas en situacións "graciosas".

Os meus motivos eran captar a concentración que tiña a ragazza na conversa que mantiña Maribel-bel; e -de paso- ver se lograba un reflexo meu nas gafas. Logrei ambas cousas e incluso máis: a outra persoa que se ve no "ollo" esquerdo dos anteollos seguramente fixo unha boa foto da Fontana; pero a miña -non mo negarás- é moito máis orixinal :-)

xenevra dixo...

Así pois, e dun só golpe de vista, temos unha multiperspectiva: os dous fotógrafos, un en cada ollo, co Roma no seu fondo, os zapatos multicolores que destacan o tinguido da rapaza (eu pídome as sandalias romanas que ficaron por riba da túa sinatura), e a expresión desesperada de quen espera oír e non consegue, nin tapando a orella, establecer unha comunicación axeitada. Tal vez non pensou nese momento, que a voz non é o único instrumento de comunicación.
Molto bene, il ragazzo regresou coa mochila cargada de fotos. Como se di un bico en italiano??

Ginebra dixo...

Yo creo que cualquier día de éstos te van a meter el objetivo de tu cámara por "ya sabes donde":))) y éso yo creo que puede hacerte pupa, Chousa...

irene dixo...

No hay que negarlo, la originalidad vale a veces más que el arte.
Yo no me creo demasiado que fuera pura casualidad, no te quites mérito, y si es así, tienes mucha suerte.
Pobriña, debía de haber un escándalo terrible por los alrededores de La Fontana.
Gracias por tu felicitación, precioso.
Biquiños.

Carlosm dixo...

Dende logo eres arroutado de carallo. E se lle da por erguer a vista e te cacha in fragantti?. Ja me gustaria ver que resposta lle darias.
Pero ja que a tes agradezo poder ver outra artistada mais do Chousa, que numa soa image amosanos unha chea de cousas.
Saudos. Carlosm

Dilaida dixo...

Esta foto é unha obra de arte.
Bicos

susana moo dixo...

La fontana de trevi refexada nos teus ollos reflexados nos cristais!

Isto é demasiao pal body!

(quédome coas sandalias, estilo romano, cómo no!)

Chousa da Alcandra dixo...

E que o ragazzo é multidisciplinar Xenevra; so deste xeito se pode lograr tanta cousa nun so disparo (fotográfico, que dos outros non me molan nadiña). Sei que co fondo dunha zapatería tería o éxito do público femenino asegurado; por iso -mentras outros fotografiaban o obvio- eu funme polas pólas. Bacios galegos para ti.

Pois se me condean a esa pena que ti dis por esta foto Ginebra, pensarei -cando executen a sentencia- que podía ser moito peor; xa que o obxetivo da cámara coa que captei esta imaxe é o menos grande dos que podía levar. Sempre hai que ver o lado positivo.
(Como sabes ti que fai "pupa"????)

Tan so quería a orixinalidade de reflexarme eu (egocéntrico que saiu o de Antas!) nas gafas da moza; pero a casualidade de estar no sitio axeitado e que a rapaza tivera a cabeza coa inclinación precisa fixo o resto. Creeme Irene; son un artista, pero tanto non...jajaja

Pois se lle da por erguer a vista e decatarse do panorama diríalle, en galego por suposto: boa tarde, podería dicirme se vou ben para chegar á Fontana di Trevi?.
Cando preguntas ou dis obviedades, a xente tómate por tolo e "pasa" de ti. Non son político, pero seino de boa tinta Carlosm; así que xa sabes...

En honra á verdade, teño que recoñecer que fixen un par delas máis (a rapaza estaba tan ensimismada na conversa, que me permitiu varias oportunidades). Con todo, agradezo o teu recoñecemento Dilaida. O certo é que o primeiro sorprendido fun eu cando a descarguei no ordenador. Son cousas que pasan.

Seguro que para o teu body non hai fotos que sexan demasiado Susana Moo. En todo caso tampouco me vou quitar méritos e direi que para lograr esta imaxe son necesarias a conxunción de varias circunstancias. Unha delas é ser de Antas, cómo no!

(Xa vexo que vos molan as "romanas" a moitas de vos. Vale; pois a min tamén...jajaja)

Zeltia dixo...

Pois eu dubido que sexas tí o do refrexo, porque para mín que é o meu veciño do 5º A. heille preguntar se estivo en Roma hai pouco.
A foto é ben orixinal, palabras non che faltan,(e tí moi travieso)

la cocina de frabisa dixo...

Un perfecto maridaje entre la protagonista, el fondo y el fotógrafo avezado que no ha perdido la oportunidad de congelar el instante.

Enhorabuena, Chousa!

biquiños

mariajesusparadela dixo...

Pois é verdade, señor Chousa que vostede é a regadeira: nunca na vida vin alguén que espalle esa auga de ideas nas cabezas alleas. Aquí nos ten, por iso, tratando de lle poñer palabras á imaxe, sen nos decatar que non caben mil palabras. Parvos de nós.
Gracias, señor regadeira.

A do outro lado da xanela dixo...

Normalmente, o que aparece tra-lo obxectivo, sempre sorprende ao verdadeiro fotógrafo :)

Bico!

São dixo...

A foto está muito boa.

Feliz semana.

HADEX dixo...

Esa foto túa prodúceme inquietude (???)....non sei...é unha sensación como de empatía coa persoa que tapa os ouvidos....

BRABIDO dixo...

Non estaras promocionando as gafas?,ver por elas non sei, agora, pa reflexarse estan moi ben.

Saúdos

paideleo dixo...

Aínda vas acabar no cárcere: non che van crer cando digas que querías sacar unha foto para o teu blogo.
Iso si: a foto gustoume.

Seymour dixo...

As gafas son para ver, aínda que estean enriba da cabeza. Demostrado.

Raposo dixo...

Aínda te han denunciar por intromisión na intimidade ou algo asi.
Andate con ollo!!!

Merce dixo...

que peligro tes...

a descricion da fotografia dende logo que me deixa abraiada (como todas as tuas entradas)

bicos :)

P.D. Ay! que farias ti cun tele nas mans! jajajajaja

Errata y errata dixo...

Vengo a agradecerte el lindo mensaje que me dejaste en mi blog. En realidad me he mudado y mi nueva direccion por si queres venir es http://erranteyerrata.blogspot.com/. Quise venir tambien a leer el tuyo pero no entiendo :(. Un abrazo.

Anónimo dixo...

O que resulta intrigante é para que se abaixaba a estranxeira do retrato: caeríalle unha moeda, non soporta o ruído, mala noticia no móbil...?

(E vde, botou algunha moeda na fonte?)

Carmen Graña Barreiro dixo...

Con intención ou sen ela, si que lle sacaches tema á foto. É o que teñen os fotográfos arroutados coma ti.
Bicos

matrioska_verde dixo...

pois a verdade é que conseguiches unha foto xenial polas tres miradas coas que se pode ver, en principio, porque miradas hai tantas como persoas...

as gafas sonche ben gradiñas... si mas poño eu habíanme tapar toda a cara... o cal tampouco estaría tan mal... je je...

biquiños.

p.d.: voy a ver si atop os dous do garaxe... e que che xuro que non caigo... sonche moi inocente aínda que non o pareza, xa sabes, toda a forza váiseme pola boca... e unha cousa é escribir e outra a vida real.

Chousa da Alcandra dixo...

Pois non vin por alí a ninguén que me dixera que fose veciño teu Zeltia; pero podo asegurarche que o arroutado reflexado é quen asina a foto.

Ás veces é cuestión de simplemente pasar por alí Frabisa; o resto tamén leva doses de casualidade misturadas con anaquiños de azar. En todo caso agradécense os parabéns.

Non sei se fun moi valente Rula, pero antes de disparar a cámara, mirei se había algún "pelivermello" en plan armario polos arredores...jajaja.

Pois sendo así nunca me faltará quen regue na Chousa mariajesusparadela jajaja.
Agradézolle o recoñecemento. Agardo que vostede saiba gardar a compostura no medio dunha cabra e unha regadeira!.

Pois esta vez non foi a excepción á regra A do outro lado da xanela. Tamén eu fun sorprendido cando mirei a imaxe obtida. Pretendía menos e logrei máis. As máis das veces pasa o contrario...

Graciñas por vir e valorala São. A túa presenza pola Chousa sempre é de agradecer.

Poda que semelle certa inquietude a propia moza coa expresión da súa cara Hadex. Pero asegúroche que eu non a manquei nadiña. Ata apaguei o flash para non facerlle ruido nos ollos...

Tés razón Brabido, que non sei se a moza vería moi ben coas gafas; pero mira se eran grandes que puiden meter nelas a Fontana enteiriña!

Tamén eu dudo que se lle teño que explicar á pelivermella a finalidade da fotografía chegase a creerme Paideleo. En todo caso, se vou á cadea por estas cousas, confío en vos como declarantes na miña defensa.

Unha frase moi pedagóxica Seymour. Non hai máis que vela jajaja.

Con ollo ando Raposo. Podo asegurarche que non lle fotografei ningunha outra intimidade. Nin tan siquera escoitei a conversa que, tan concentradamente, mantiña. Espero que sirvan esas circunstancias na miña defensa tamén.

Non son nada perigoso Merce. A "culpa" foi da rapariga poñerse diante de min naquela postura tan provocadoramente fotografiable jajaja
(Non sei se entendín ben o do "tele" nas mans...)

Agradezco tu visita Maia. Si vuelves, y así lo deseas, que sepas que en el blog hay un traductor galego/español que puede ayudarte a entender lo que digo.

Por suposto que botei a moeda Kaplan. Hai tradicións (ou rutinas) que se cumplen sen pensar moito nas motivacións.
A moza penso que se anicaba esforzándose para escoitar. O certo é que estaba ben concentrada, xa que nin me viu siquera.

Non sei se son máis arroutado coma fotógrafo ou como narrador de historias Carmen; en todo caso sempre é un pracer que haxa persoas coma ti que miran o que fotografío e que lean o que escribo.

Eran grandes as gafas Aldabra. Non sei se as levaba para esconder a súa propia mirada ou para que eu fixese unha foto "diferente" da Fontana.
(Mira ben no meu comentario e no teu texto. Hai dous!!! ;-) )

Deixamos Trevi, as zapaterías romanas e as gafas grandiosas que tapan caras e ollos bonitos. Continuamos abríndonos paso por este maio que nos quentou e nestes días quere resfriarnos.
Abrigádevos, despois non digades que non vos advertín!

Alís dixo...

Se vas á cadea, Chousa, conta coa miña declaración. Como non son moi boa declarante, por si non serve de nada, conta conmigo para que che leve tabaco. E, en caso de extrema necesidade, intentaría arranxarche un vis a vis...

Bicos, libres

Zeltia dixo...

penso que o "tele" que che din por aí se deben referir a un teleobxetivo da cámara... que polo que vin no blog algunha travesura xa tes feito con él...
agora que, comigo non contes se te deteñen:
tabaco non che levaría que te quero ben, e para un vis-a-vis tampouco, que non me gusta gardar cola
;-)

bicos de boas noites sen porme en ringleira.

Chousa da Alcandra dixo...

Queda rexistrada a oferta, Alís. E tomada en consideración!

Chousa da Alcandra dixo...

Vaia, pois nin siquera unha lima me traerías logo, Zeltia?

Anónimo dixo...

Unha foto con moita perspectiva Chousa, onde o máis cercano (por certo, a pelivermella non lle viña mal un tinte) invítate a intuír unha fermosa lexanía.

Parabéns!!

Chousa da Alcandra dixo...

Que duras sodes as mulleres coas outras mulleres Rocío jajaja. Mira que había cousas en que fixarse na foto eh...