domingo, 18 de outubro de 2009

Pontes

Ás veces andamos na procura da soedade que nos acompañe para non sentirnos soliños.
En ocasións o silencio énchenos de ideas e de palabras que poden incluso resultar gratificantes.
Pero as máis das veces, os seres humáns buscamos o contacto, a comunicación, o entendemento.
Xa sexa para comerciar, facer a guerra ou o amor; sempre andamos tendendo pontes para acadar cercanías.
E cando unha queda anegada polo caudal da imposibilidade, mandámoslle outra enriba para alonxar o distante e materializar a a proximidade.
(A lingua tamén é unha ponte que achega ideas e fomenta o contacto. E non hai medidas para a lingua. Nin linguas grandes nin pequenas. So hai pontes de comunicación. Iso, entre outras cousas, foi o que dixemos ben clariño hoxe en Compostela uns milleiros de galeg@s. Terá asolagada a súa ponte quen ten que escoitar?; ou andará na procura da soedade para non sentirse só?)

Foto: As pontes de Portomarín.

43 comentarios:

pitima dixo...

Gustaríame pensar que non, que non está asolagada.. pero o de considerar o galego unha língua de segunda, unha língua de andar por casa, pouco seria... coa que non podes chegar moi lonxe, está, por desgracia, moi arraigada...
Creo que foi moita xente. Nós non fomos, coido que acordamos tarde.
Os dos poderes públicos deberían darse de conta de que a língua ameazada non é o castelán ¡é o galego!
Deberiamos sentir fachenda do noso...
Un bico. Dous.

Chousa da Alcandra dixo...

Esa é a idea Pitima; que a lingua ameazada é o galego. Parece que non queren decatarse ou fan que non queren.

E falando de asistencias direiche que se notou tremendamente a vosa ausencia. Pasei lista e púxenche falta; así que...a ver como amañamos o desaguisado!
Así e todo, de momento envío bicos, besos e kisiños tamén (como dixo o Feixó que había que ser trilingües...)

A.C. dixo...

Que foto mais bonita Chousa.
Con imaxes así xa se enche a vista e o espíritu.
Ti tés moita enerxía e transmítela moi ben. Nótase. Grazas por compartila
(Eu non me acordei da manifestación. Boeno, tampouco che son moito de manifestacións; pero admiro moito a quenes participades nelas)
Un bico

anto dixo...

Eu si estiven alí, paréceme que en certos momentos dramáticos xamais se pode fallar.

Convén montar axiña esa 2ª ponte, moito máis alta e consistente, que a enxurrada é moita (e moi mal intencionada).

paideleo dixo...

Fas marabillas coas fotos e as palabras.
Eu fun hoxe facer vulto a Santiago.

Dilaida dixo...

Esperemos que non quede nunha simple manifestación, temos que seguir loitando, en Galiza hai moito galego de teoría e xa é hora de deixarse de teorías é o momento da práctica, a min non me serve "es que a mi me gusta mucho y soy partidari@ pero no sé como se escribe" pois a tod@s estes eu sempre lles digo que é o momento de aprender.
Mentres sigamos elixindo para que nos gobernen persoas que non saben nin practican nin sequera na intimidade o galego, non iremos a ningún sitio.
Elixiriamos para presidente do estado español un que só falará inglés?

Unknown dixo...

Sempre me lío,jejeje...nunca sei de que falas, hasta chegar o fin do post.
Non tenía ni ideia da manifestación, e teño outra maneira de ver as cousas co Galego e o castellano.
Polo que me calo ben caladiña, antes que me botáis fora.

Bicos

HADEX dixo...

É unha desgraza o que pasa coas linguas....E se a política anda polo medio, máis. Non fai outra que enmerdar todo.

Como ben dis ti, as linguas son unha ponte de comunicación, un código e ningunha e máis que outra, nin mellor nin peor. E cantas máis coñezamos, mellor. E o noso cerebro está preparado para iso.

Claro que aos cerebros dos nosos dirixentes non lles pasa o mesmo.

Bicos

maruxiña dixo...

Eu non estiven en Compostela, pero estou dacordo co que dis na entrada, gustoume sobre todo o da lingua como unha ponte.
"eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gana"

Biquiños rapaz!!!

Paz Zeltia dixo...

parece un absurdo todo:
o que se fala nun sitio é a fala dese sitio.
e non hai máis voltas que darlle.

despois, a maiores, ter unha lingua común para entenderse con todos, coma o castelán espallado por todas as comarcas de españa, país ó que pertencemos... paréceme de marabilla, é coma ten que ser...
e o inglés, que parece que se espalla polo mundo enteiro, coma un esperanto de máis éxito, ¡pois aínda mellor! máis riqueza para expresarnos, para entendernos!, e se puidera falar e entender tamén cantonés... qué ben!
así que as linguas enteiras do mundo son unha riqueza. ¡¿cómo non imos impedir que a nosa fala minotaria remate por morrer aplastada pos outras linguas máis extendidas?
¡pontes, moitas pontes!
(para todas as cousas: menos para a guerra, mellor para o amor)

fonsilleda dixo...

Cheas, moreas, milleiros de xentes teremos que dar permanentemente as grazas a persoas coma ti Chousiña, así que, grazas. Eu pecando por omisión, confésoo
A ponte das palabras e no idioma que sexa (para nos, aquí, agora o galego), finalmente, é quizá o máis importante.
Bicos.

Bolboreteira dixo...

Eu non fun a manifestación, non son moito de ese tipo de cousas, pero si que estiven de espíritu xa que comparto a filosófía pola que esta se convocou.
A nosa lingua como todas as demáis é importante, e temos a responsabilidade de coidala, é a nosa seña de identidade, a base da nosa cultura e forma de ser no mundo.
Asique coidémola e que se deixen d eusala como arma política.
Un bico Chousa, como sempre moi acertado nas túas verbas.

Markesa Merteuil dixo...

A mellor reivindicación é, dende logo, usar a lingua. A nosa riqueza é o bilingüismo e, polo tanto, podemos e debemos expresarnos tanto nunha lingua como na outra.

Deambulando con Artabria dixo...

TEndo o presi que temos, non podemos esperar gran cousa........

Srta. Maquiavélica dixo...

hola pasando a saludarte, nunca opino porq nosepo tu idioma snif snif
besos

Anónimo dixo...

Pasei por aqui por un casual e recoñecín o meu pobo. Por eso non podo omitir decir algo. E ocurreseme enviarche un saludo dende este pobo que un día foi asolagado polas augas e que hoxe sigue vivo. Un exemplo do que ti dis no teu artículo. Mándoche un saludo e douche as gracias por aludir a Portomarín desta maneira tan fermosa.

Anónimo dixo...

Pasei por aqui por un casual e recoñecín o meu pobo. Por eso non podo omitir decir algo. E ocurreseme enviarche un saludo dende este pobo que un día foi asolagado polas augas e que hoxe sigue vivo. Un exemplo do que ti dis no teu artículo. Mándoche un saludo e douche as gracias por aludir a Portomarín desta maneira tan fermosa.

Anónimo dixo...

que desastre. Repetin o comentario cando solo queria poñer o meu nome. Agora xa me da vergonza, así que firmarei como
Unha de Portomarin

Marisa dixo...

Estou dacordo contigo
en tender todas esas
pontes.
Levo un tempo pensando
en abrir un blog na
nosa queridísima
lingua, pero síntome
un tanto cohibida
por medo a non sabelo
facer ben e co respecto
que a nosa fala merece.

Biquiños.

vakastolas dixo...

Pero a quen lle poden degustar as pontes?? pontes de luns, de venres, pontes coas linguas e cos corpos... sexamos ambiciosos, ergueremos acuedutos!

Barreira dixo...

Xusto. As linguas son un medio para comunicarse con todos os que nos rodean.
E para iso hai que empregalas. De ahí que, cando a globalización é unha realidade, cantas mais linguas se dominen mellor. Por iso non hai linguas de segunda. Hai linguas útiles.
Saudos

Elvira Carvalho dixo...

Excelente imagem. E um post muito bonito. As pontes foram uma das maiores invenções. A primeira que nos uniu. Agora temos aviões carros comboios. Mas nos primórdios da humanidade, como passar de um lado para o outro sem pontes? Havia as jangadas eu sei. Mas nem toda a gente consegue atravessar um rio numa jangada.
Um abraço

Carlos Sousa dixo...

A nosa lingua segue viva, que non o poñan en dúbida. A proba foi o que pasou este domingo en Santiago, que a televisión non o quixo recoller como foi, pero para iso estábades vos ali, para contárnolo ós que non puidemos ir, ou tivemos preguiza.
Doutra volta a ver se acudo, dnde aquí tamén loitamos por ela.

Unha aperta.

A Conxurada dixo...

E unha vez máis non puiden asistir....parezo estar condenada a perderme os grandes acontecementos.

Chousa da Alcandra dixo...

A Conxurada: Non te preocupes que me da a min o corpo que vai haber ocasión nos vindeiros meses/anos nos que te vas poder resarcir da túa ausencia do domingo.
Xa te deixo apuntada para a próxima vez. Vale, Conxuradiña?

Carlos Sousa: Boeno, a TVG non quixo amosar a realidade do domingo; pero vímolo tantos en vivo i en directo que...tampouco pasa nada co tixeirazo informativo que lle meteron. E ti tranquilo, que haberá -por desgraza- que facer máis; así que xa che tocará a ti tamén.

Elvira Carvalho: A mirada que deixan entrever as pontes é fermosa, si. E non o digo por tela feito eu. Ademáis a imaxe é moi entrañábel tamén por recoller no leito do rio Miño o antigo pobo de Portomarín.
-Sinto o pasamento desa persoa tan achegada a ti-

Barreira: Linguas útiles, sí señor; que se non son útiles mellor ser mudo e que che dean de comer por via nasogástrica...jajaja.
Ainda que -agora falando de lingua como parte do corpo humano que temos na boca- decíase que a definición máis corecta era a que di que "se trata dun órgano sexual que algúns depravad@s usan para falar"

Vakastolas: Ti sí que sabes carallo"!. Cando te presentes a sindicalista da miña canteira, conta co meu voto! (e con tanto como sabes, non sei como raio non atendes algo máis o teu blogo...)

Marisa: Non teñas medo de mergullarte na nosa língua. Ela déixase moldear moi ben e a ti véxoche maneiras de excelente ceramista das palabras.
Adiante, e non deixes de convidarnos a esa futura inauguración da Xanela versión galega

AnónimA de Portomarín: Non me deas as grazas por falar ben (ainda que sexa coas imaxes) de Portomarín. É de ben nacidos ser agradecidos; i eu con esa vila so teño agradecementos e fermosos recordos que procuro actualizar indo moi a miudiño polas vosas rúas empedradas e baixar a carón da ponte vella cando o nivel o permite para admirar os caneiros e sentir a friaxe da calor daquel pobo que alí quedou...

Srta Maquiavélica: Tu visita viene a confirmar la magnífica capacidad de comunicación que concita el gallego. Aún no conociéndolo vienes a la Chousa; lo cual es un privilegio y un placer. No llores y no dejes de venir. Biquiños galaicos para ti.

Artabria: Non hai que rendirse, coruñesa!. Tamén tivemos ó de Ferrol mandando durante 40 anos e velaquí estamos; en pe, sereos...como decía o poema.

Marquesa Merteuil: Estou contigo: usar a lingue é moi importante (ía dicir vital, pero...tampouco lle imos atribuir valoracións cardiorespiratorias).
E a riqueza léxica que nos aporta o seu coñecemento (agora falo da galega) non podemos tiralo ó cesto do lixo, cajonatós!

Bolboreteira: Pois tampouco era cousa de ir os dous millóns de galegos a Compostela. Esta é unha carreira de relevos. Para a próxima -ainda que non che gusten moito estas lerias- tócache a ti. Eu, como son un marchoso, igual volvo e todo!

Fonsilleda: Non me deas as grazas, que eu fun pq sí,pq me peta, quero e dame a gana...jajaja. Xa decía antes que me vai moito a marcha; así que case non ten mérito que eu fose á manifestación.
O que sí agradezo son as tuas visitas á Chousa. Graciñas a ti por vir.

Zeltia: Quen te vería a ti falando cantonés!!!. Terías que facer unha versión do "Sin pena nin gloria" nesa lingua. Eu iría tamén eh.
Mentras non o fas, seguirei sendo adicto á versión galaico-espanhola actual. Tendendo pontes, con máis gloria que pena, ata onde exhibas os teus pensamentos.

Maruxiña: Hai que falala; que senón a falamos nós...dudo moito que o fagan en Papúa-Nova Guinea Bissau, nin por latitudes semllantes. Eso sí; en Chantada...contamos con vos!

Hadex: A política acaba por mediatizalo todo e así nos vai. Nin a lingua é patrimonio de ningún partido nin tendencia política; nin os políticos deberían facer uso dese xeito, peeeero seica parece que neste xogo todo vale e así nos luce o pelo.
Seguiremos tendendo pontes.

Chousa da Alcandra dixo...

Ana: Eu sonche malo de entender. Ás veces ata a min mesmo me resulta complicado, así que non te preocupes.
E tampouco te preocupes por discrepar comigo nesta materia. Hai que ser respetuosos coas opinións de cada quén. Así que ti non deixes de expresarte como che pete.

Dilaida: Mismamente mo quitaches do pensamento!. Do mesmo modo que a ninguén se lle ocurre que o presidente do goberno español dicte leis contra o idioma propio do seu país; tamén resulta complicado entender as razóns dun presidente galego para sesgar a relevancia do idioma de Galicia. Ver para crer.

Paideleo: Boh, e que ti miras as miñas fotos con bos ollos e lés a miña escrita con boa intención. Eu...so deixo fluir os dedos no teclado e poño o ollo detrás da cámara cando miro algo que me gusta. O demais...cádralle.
Eu tamén estiven facendo morico por Santiago o domingo.

Anto: Pois dispoñamos as ferramentas para construir esa nova ponte máis forte e máis alta á que aludes.
E se a enxurrada traen novas alturas de asolagamento,que non nos pille desprevenidos!

A.C.: Eu teño moita enerxía pq almorzo con Nesquik e mel de Antas!!! jajaja.
Alédame que che gusten as fotos. Por outra parte, ademais de pq me gustan a min, por eso as poño, recorcio!!

Pitima: Pois eso, que xa che dixen antes que tés unha falta no calendario de "manifas"; así que para a próxima -se non queres arriscarte a catear-, xa sabes o que hai que facer!
E xa que mandaches un bico, dous bicos; eu vouche mandar o terceiro. Que son máis de impares!

abueloscrisytoño dixo...

Unha explicación ben fermosa a túa. Por iso ben digo eu que pese a quen pese nunca se perderá o idioma porque nace con cada un de nós. Saudos
A.Cris

Anónimo dixo...

És moi delicado no trato Chousa.Non te coñezo e non sei como dis o que dis do meu pobo, pero que sepas que resultame un placer moi grande lerte e que vou entendendo como logras tanta atención e seguimento.
Ainda que non queiras volvoche dar as gracias dende Portomarín.

matrioska_verde dixo...

¿pensas de verdade que é unha lingua ameazada?

hai unha cousa que non entendo moi ben: moitos dos co defenden non o falan, nin o practican de ningún xeito.

biquiños,

vermella dixo...

De sempre as pontes uniron uns extremos con outros,comunicaron a os de aquí cos de alí pero agora parece que os enxeñeiros non queren dibuxar camiños,máis ben entubar para que sortear obstáculos ás agachadas....
eu sí estiven en Santiago pero como había tanta xente non te vín?
bicos.

Cuspedepita dixo...

Sentín non poder estar alí, pero a miña saúde xogoume unha mala pasada...

Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Abueloscrisytoño: De seguro que non se ha perder. So abonda lembrar os 40 anos de durísima represión e, ainda así, velaquí a temos fermosa e cheiña de dulzura...

Anónima de Portomarín: Ainda me has de poñer colorado, carallo!. E digo o que digo de Portomarín pq hai lazos que me uniron un tempo con esa "vila xardín" e eses lazos deixáronme xunguida a alma co teu pobo. Así que non vaias pensar que o único que me mola é a augardente!!!

Aldabra: Penso que é unha ligua que debe ser coidada, protexida, defendida, usada e mimada coa mesma preponderancia que marca a Lei vixente. Nin mais nin menos.
No de defendela e non usala tamén é lícito (ainda que coste algo entendelo, si); pero tamén se pode defender o dereito ó voto e despois exercer o dereito de abstención. Non é?

Vermella: Ir ás agachadas tamén che pode ter o seu aquel en determinados momentos eh...jajaja. Agora que o esplendor dunha ponte...non hai maneira de suplantalo.
Mágoa que non soupéramos da presenza. Podías ter convidado a un cafeiño antes da saída, que daquela ainda estaba fresca a mañán.

Cuspedepita: Quedas apuntada para a próxima sin falta eh; que senón vas ter moi mala nota nos exames finais...
Espero que a mala xogada que che pasou a saúde xa lle sacaras tarxeta amarela e todo vaia ben de novo.

Carlosm dixo...

Ti sempre nos contrapuntos. En troques de ponher images da manifestaçom tan grande, pos unha foto de duas pontes. Boeno pois direi que gusto desta foto e que fai ben tempo que non tenho ocasion de ver Portomarin asi de baixo de augas.
Direi tamen que fun a Santiago o domingo e que non te vin no medio de tanta gente, ainda que escoitei que ías coa plana maior de Prolingua. Escoitei que eras un dos membros do "nucleo duro". Escoitei mal?

Carlosm

CriS dixo...

Pues es que no se que decir, llevo días que joe, se me atrancan las palabras y no construyo, pero espero poder hacerlo y seguir cruzando puentes...

bfletes de camino (van volando hoy)

susana moo dixo...

Olala´... do "nucleo duro" de Prolingua!
Foi carlosm o que o dixo, i eu créolle.

irene dixo...

Cualquier fuente, puente o medio es importante si hace que podamos comunicarnos, todo es válido, incluso este mundillo bloguero.
No soy gallega pero estoy con vosotros, hay que defender vuestra lengua, además es muy riquiña.
Moitos biquiños, Chousa.

Chousa da Alcandra dixo...

Carlosm: Xa vas vendo que son raro no xeito de facer as cousas, así que non deberías sorprenderte.
E xa vexo que ti tamén tés boa orella para escoitar dixomedixomes...jajaja. En ProLingua non hai núcleos duros; todos somos coma osiños de peluche...

Cris: Hai temporadas nas que as palabras semella que non queren sair. Nestes caso non hai mellor cousa que relax verborreico. Xa verás como ó cabo de pouco tempo todo volve fluir con naturalidade.

Susana Moo: Non fagas sempre caso de todo o que escoitas. Ás veces é certo e outras non.
En todo caso, eu sempre procuro alternar durezas con suavidades...jajaja. E que todo cansa se é moi reiterativo; non che parece?

Irene: Efectivamente tamén esta ferramenta de comunicación é unha ponte que sirve para unirnos. Grazas a ela temos a oportunidade de compartir tanta leria e tanta cousa fermosa.

busto.agolada dixo...

Eu non puiden estar en Santiago pola mesma razón que me ata as fins de semana en permanente atención e cautiverio. Estiven alí co corazón, nada máis e nada menos.
Tal e como ilustras puidera parecer que as dúas pontes serían a metáfora do galego e do castelán. Excelente metáfora. Pero eu neste río revolto apelo tamén a que Galicia poida ser un río onde todos nademos ou naveguemos en Galego polos ríos e mares da nosa terra. E quen sabe navegar nun mar tamén poderá navegar nos outros.
Un pobo emigrante como o noso ten forza que ser un pobo políglota, idiomnas aprendidos na diáspora. Na casa o único que lle dá sentido é o galego. A toponimia, o folclore, a literatura en Galicia nace preferentemente en galego.
Espero que a manifestación de Santiago teña algunha repercusión positiva na pouco reflexionada política lingüística que pretende aplicar.
Moitas apertas

Kim Basinguer dixo...

Que post mais fermoso, é para namorar a calquer ponte,lingua, e a calquera persoa.
Bicos

xenevra dixo...

Sen esquecer a ponte máis fonda, a que nos une cos raíces e nos recorda os antergos. A ponte que une o pasado e o fururo dun pobo conformando a súa historia.

Gustoume como o contaches
Un saúdo

Chousa da Alcandra dixo...

Sen esquecer as visitas actuais, gústanme as que chegan a deshora

xenevra dixo...

Son demorada por natureza... Pero sempre chego a onde paga a pena chegar.

Chousa da Alcandra dixo...

Intelixencia a túa entón. Benvida á Chousa!