Reza o dito que por moitas sedas e adornos que se poña a mona, ha quedar sendo mona igualmente (adornada, pero mona).
Como contrapunto hai quen, ainda retorcido semella ergueito e coa clase e garbo innatos que lle dan as corres de xesta que a fabricaron.
Por iso din que o estilo non se pode mercar. É algo que se ten ou do que se adolece.
Así loce lozana esta cabaceira, presidindo o parlamento da aira, comandando a tribuna de escanos que ostentan os ourizos dos castiñeiros que a rodean e chiscándolle o ollo á parede leste da palleira, na que mañán proxectará a súa sombra unha hora despois no mesmo punto (este cambio de horario semella que présta mellor. A saber en que o empregades...)
A estas alturas resulta irrelevante que torza un pouco cara a dereita. Entre outras cousas porque se a miramos dende o sur, comprobaremos claramente que cara onde tende é para a esquerda...Cuestión de ópticas.
Como contrapunto hai quen, ainda retorcido semella ergueito e coa clase e garbo innatos que lle dan as corres de xesta que a fabricaron.
Por iso din que o estilo non se pode mercar. É algo que se ten ou do que se adolece.
Así loce lozana esta cabaceira, presidindo o parlamento da aira, comandando a tribuna de escanos que ostentan os ourizos dos castiñeiros que a rodean e chiscándolle o ollo á parede leste da palleira, na que mañán proxectará a súa sombra unha hora despois no mesmo punto (este cambio de horario semella que présta mellor. A saber en que o empregades...)
A estas alturas resulta irrelevante que torza un pouco cara a dereita. Entre outras cousas porque se a miramos dende o sur, comprobaremos claramente que cara onde tende é para a esquerda...Cuestión de ópticas.
Foto: Cabaceira con millo en Albá, moi perto de Antas de Ulla
42 comentarios:
Xa sabes aquelo de que o que ó principio parece unha deformación co paso do tempo ata é o que nos fala da singulariedade e finalmente o que máis nos gusta ver, xa que é a proba inequívoca de que estamos ante o familiar, ante o propio...
Biquiños.
Esta imaxe traeme lembranzas da miña nenez na casa dos meus abuelos.
Non sei onde atopas estas cousas Chousa, pero gústame moito vir de visita xa que sempre nos regalas visións fermosas.
E menuda presidenta ten a aira esa, si señor.
Bicos
Mires por onde a mires
e unha imaxe entrañable.
Na miña entrada tamén
me lembrei do millo
e das mans que tanto
o debullaron.
Un biquiño.
é como unha torre de pisa pero en Antas.
e si queres saber o que farei nesa hora de mais, direciche que as sereas non sabemos de horarios, por iso non me afecta, rexímonos pola luz da lúa, nada mais.
biquiños,
provoca tenrura :)
feliz domingo!! e grazas pola túa visita!!! muacssss!!!
E que dereito de todo non hai nada... Agúns tiran pacá outros pacolá, e como sempre hai máis palá e mais paquí, pois ó final todo é unha cuestión de óptica, de perspectiva... claro que sí..
Equilibrio. O importante e non caer, e facer a función para a que te puxeron ahí. E se fai bonito, inda por riba, pois xa non se lle pode pedir máis.. jaja.
O perfecto non existe, e é ben verdade que ás veces, nas imperfeccións, está o encanto.
Claro que os haberá tan revirados que o anecdótico será o que está dereito. Eses hainos que descartar, ou volvelos facer... eu qué sei.. jaja
Un bico imperfecto (tira para esquerda mires por onde o mires... jaja)
Preciosa e tes razón, con todo o estilo e o sabor do tempo. Añeja pero interesante e fermosa.
¡Ah!, a hora empregueina en durmir un pouco máis.
Bicos
unha hora que non existe. estaba ben. cánto soñamos...
inclinación témola todos, só que auns nótaselles máis ;b.
bicos!
Na combinación de elementos que configuran os recordos da miña infancia está presente un trobo (na miña zona chámanlles así) na aira de mallar.
Entendo que vaia perdendo o equilibrio co paso do tempo. Outros ainda o temos mais perdido e non quedamos tan fermosos presidindo o parlamento de ourizos...
Parabéns polo blog. Foi unha interesante descuberta para min e a miña familia.
Saludos fraternos dende Cantabria, onde un galego segue pensando a cotío na sua terra.
Francisco F. Pousa
Fermosa cabaceira ( tire cara onde tire ).
A hora extra non se puido desfrutar porque o Leo inda non sabe de reloxios e espertou cando llo pidiu o corpo. Iso si, agora queda millor para que esperte para ir ao cole.
Fermosa cabaceira.
Bicos
Gostei. Faz-me lembrar alguns palheiros do Norte de Portugal.
Um beijo.
Se mudase a dereita avísame..seria deformación por empuxe(do poder). Bicos
¿sabes que nunca vin unha cabaceira na miña vida?
polas terras de trasdeza non as hai, que eu saiba.
parece mais primitva que os horreos.
é referente ás opticas...
interesante a maneira de velo
Por donde son eu, tampouco existen cabeceiras coma esa. Pero mira, ela segue erguida aí, e ben fermosa.
Tamén teño claro para que lado prefiro a inclinación, pero hai que saber respetalas todas, (ou case todas, que algunhas non teñen pes nin cabeza, e case parecen sectas)
Unha aperta
Depende... todo depende... de según como se mire, todo depende.... ¿no decía así una canción?
Sigo mirando, del derecho, del revés, de un lado, desde abajo, desde arriba... y aun, así, muchas veces no logro ver las cosas con la perspectiva adecuada. Pasa igual conmigo... todo depende de quien me mire y cómo lo haga, que sea yo, o tal vez, una fantasía.
me quedaré mirando tu foto un ratito mas... así... de frente...
bicofletes mirones!
Por esta zona , non hai moitas cabeceiras así, non deben de ser moi tipicas de por aquí.Unha pena que non se coiden máis esas es os horreos e tantas outras cousas.....
Fermosa entrada, e fermosa foto.
Bicos Chousiña!
A inclinación é o de menos, o importante é que se manteña ergueita.
Susana Moo: Boeno, non me dirás que esta foto veuche que nin pintada para o teu comentario. En ocasións a inclinación non importa, sempre que a "cousa" siga en pe; e parece que a cabeceira de Albá exterioriza esa imaxe; así que...curará o millo desta colleita!
(Fíxate ti, curará espigas. Mesmo semella unha redundancia!). Se un día precisas un icono para un dos teus posts...xa sabes onde podes pedir permiso para exhibila!
Bolboreteira: As cabeceiras, ou tamén chamadas trobos, cabazos ou cabaceiras, sí se daban moito pola zona de Antas. Eran un xeito moito máis económico de secar o millo e tel o a salvo dos roedores. Agora consérvanse poucas en bo estado, por iso esta captou a miña atención.
Hai algunhas por Antas de máis recente feitura (en plan adorno de xardín); pero esta ten o arrecendo do real. Se te fixas...vese o millo dentro.
Cris: Ás veces non se deben mirar tanto as cousas jajaja. Algunhas hai que admiralas simplemente como son, e deixarlle un buratiño á fantasía esa á que aludes para que nos amosen a sua inclinación con garbo.
Mira a foto outro anaquiño e comprenderás que non se entende como para ser facedor de cabaceiras non se requiren estudos superiores!
Carlos Sousa: Efectivamente colega!. Neso que dis reside o segredo: en saber atoparlle o ángulo no que todos habemos concordar.
Haino; ainda que pareza que non...habelo haino. So é cuestión de paciencia. (Ufff, con algúns compre moita, xa o sei!!!)
Sabías que as cabaceiras cargábanse polo teito?.
Zeltia: É máis primitiva que os hórreos, trasdezana. Antes xa dixen que tamén era máis barata. E que por estes lares, ademáis de excelentes canteiros, ás veces andabamos escasos de recursos e...aguzamos o inxenio.Resultado: un producto de similar resultado ó alcance de case todos. Consecuencia: cabeceiras a esgalla.
Claro agora...quedan hórreos, pero cabaceiras menos. C'est la vie...
Un eirado xeitosiño!
O cabaceiro torce cara á esquerda, Chousa. As cousas hainas que mirar dende o sur, que dende o norte vai moito frío.
Maribel-bel: Avisareite se muda; pero ten en conta que tamén pode ser cousa dos elementos.
Claro que deberías advertirme como me debo poñer a fin de determinar esa querencia. Deitome debaixo dela, entre os catro esteos que a sosteñen ou miro dende a cima do castiñeiro...?
Ti sabes que a perspectiva fai variar a percepción...jajaja. Benvida á Chousa. Aquí tamén hai esquinas...
Filoxera: Comprendo que che traia á memoria os palheiros, xa que a cuberta da cabaceira é moi similar a eles. De feito o remate dos palheiros ten moito que ver coa distribución da mesma; incluso nos materiais empregados: en moitas ocasións palla de centeo ou de trigo.
(Sigo atento á tua participación no sorteo do libro galego-português)
Dilaida: Fermosa e con garbo. Xa a ves que ela soliña enche a aira coa sua prestanza e poderío.
I eso que non pode andar, que senón...veríamos o seu movemento de caderas e sería unha artista de pasarela magnífica e xenial.
(E por riba sin pinta de famélica!)
Paideleo: Pois por estes lares sí se puido sacar partido da hora extra. É a vantaxe de ter os fillos algo máis medradiños. Pero non te fies nin un pelo, que outras "anotacións no debe" aportan...Xa sabes aquelo de fillos criados, traballos doblados!
Francisco F. Pousa: Hai ocasións nas que escribir un blog ten moitas gratificacións. Eu debo recoñecer que as disfruto a cotío; pero a tua reflexión faime disfrutar doblemente. Grazas por vir, ler, percibir e comentar. Un pracer.
Noa: E logo ti cara que lando tendes?.
Non o pregunto por cotilleo, so é por aprender, que eu estou resultando ser un alumno aplicado da socioloxía das "torceduras" jajaja.
E si, sería bo dispor dunha hora que non existe. Ainda que haxa que pagala despois na primaveira.
Fonsilleda: O tempo case sempre lle da (a aquelo que logra superalo)ese toque de maestría e de beleza superior. No saber humano chámanlle experiencias, no das cousas dinlle incluso "cultura". Chámalle equis; o caso é que efectivamente esta cabaceira quedou magnífica e pletórica na aira de Albá.
(Espero que che prestase esa soneca de agasallo!)
Pitima: Como que non hai nada dereito de todo?. Todo che depende do nivel que empregues ou da vara de medir. Ademáis...ás veces un exceso de dereitura tampouco é un desexo necesario jajaja. A cuestión é que haxa consistencia. Xastamos!
A cousa é que siga en pe, serea e diposta; e polo visto a cabaceira de Albá ten pinta de estar nesa liña!
Galicia Maravillas: Pois si, certamente. A min tamén me provoca ternura. Pero eu non sei se será polo mesmo.
Lembro de neno terme metido dentro dunha (había que entrar pola cuberta), e percibir o arrecendo das corres retortas, e sentir a protección e maila debilidade ó mesmo tempo...
Aldabra: Mira que resposta máis chuliña me deu a serea do blogomillo!. As sereas non se rexen pola hora dos reloxos, senón pola luz da lúa...Fermoso; pero dentro dunha cabaceira non se ve a luz da lúa; e ademáis os nenos de aldea do interior non entendemos de mulleres con medio corpo de sardiña. Aquí a esas...papámolas!!! :-)
Marisa: Xa vin que concordamos na temática esta vez. Ainda que fose de perfil.
Coa tua foto eu tamén lembrei á miña avoa debullando no millo no seu regazo.
Pois ese millo que a tua avoa debullaba con arte, curábase antes nunha cabaceira (ou nun hórreo) coma esta.
A.C.: Atópoas neste museo magnífico que é a nosa terra!. Están aquí, exhibidas e agochadas á vez. E non é preciso sacar entrada para vir velas. Están expostas de xeito natural. Eso sí, tamén estan expostas ós elementos que -ás veces- fan que se torzan para un lado...
Grazas a ti por vir velas.
Marquesa Merteuil: Levas razón. Aquelo que nos fai diferentes é o que nos fai resultar ás veces máis atraintes e incluso excitantes.
Eu...teño tantas "torceduras" que debo ser irresistible! jajajaja
---
Anto: Ti si que sabes!. Esa é a perspectiva idónea. O que pasa é que ben sabes tamén que os galegos sempre lle damos varias voltas ó asunto antes de emitir dictámen...Por iso o mirei dende estoutro lado (ademáis, dende o sur podían pensar que andaba roubando castañas!!!)
Ti si que es de dar voltas Chousa. Mires de onde a mires a cabaceira ten boa estampa, e a súa inclinación non fai máis que dárlle un toque de sobria elegancia.
Bicos
Ai pois a min este cambio horario non me afecta tanto coma o de primavera....o peor é a oscuridade das tardes....
Bicosssss......
Pois non sabía que aquí tiñamos unha torre de Pisa tan enxebre......
A min a entrada atráeme pola faceta etnográfica. Xa quedan poucas cabaceiras e esta que nos ofreces aínda se mantén nun estado aceptable (tornarratos e base pétrea, estrutura de vimbio ou mimosa e colmo de palla centea. Portelo para coller as espigas...). Rematará por caer, por falta de uso, consecuencia deste éxodo rural tan mal calculado e ao que ninguén quere poñerlle freo.
Na proxección da sombra é un reloxo invariable, somos nós e esas pretendidas medidas de aforro enerxético os que andamos a cambiar os nosos hábitos cotiáns contrariando ritmos e bioloxías. Mellormanter a hora todo o ano. Eu apostaría por iso. Ademais, nesta ocasións circunstancias houbo que non me permitiron aproveitar esa hora extra do domingo.
Apertas desde a esquerda do Farelo ou desde a dereita?
Carmen: Dándolle voltas é o único xeito de atoparlle sentido á historia; non che parece? jajaja. Dese xeito sempre se poden atopar novas perspectivas que melloren a inicial; ainda que neste caso a foto é a primeira (ou das primeiras) que lle tirei á cabaceira. Chamoume a atención dende o camiño e...voilà!
Hadex: Concordo contigo en que o cambio horario da primaviera amola moito máis. Hai unha sensación de ter que madrugar máis e non se lle ve beneficio por ningues.
Este parece que nos fai ir de día á canteira outra vez; pero tamén as tardes...non valen un patacón. Non sei eu de onde carallo sae o beneficio "luminoso" destas mudanzas horarias.
Artabria: Temos torres de Pisa e pisamos Torres. O que non teñamos aquí, unha de dúas: ou non existe ou ainda non o inventaron. Fíxate que por ter...ata temos hipotecas!!! ;-)
Busto Agolada: Caerá esta, como caeron as outras todas. Todo ten o tempo contado. Pero efectivamente ainda se lle ve prestanza e poderío. Tiña millo dentro, así que os donos confían en que a inclinación non vai poder con ela, xa que nin siquera a estribaron...
No do cambio de hora xa o comentei tamén antes con Hadex. Non lle vexo sentidiño ningún; peeeeeero, como somos uns mandadiños...
querome agochar ai dentro, agora!
ais...
Non sei onde atopas estas cousiñas, pero sen dúbida sempre das no cravo.
Apertas.
Alodia: Verdade que semella un bo e acolledor escondrixo para...xogar o escondite un anaco?
E non son claustrofóficas, xa que podes ver a través dos vimbios entrelazados. Dígocho con coñecemento de causa!
Mencía: Ás veces tamén me dou nos dedos e doe de carallo!.
O certo é que a maxia das cousas sinxelas está pendurada da realidade cotiá para que disfrutemos delas. O que pasa é que imos a tanta ostia, que non temos tempo nin de mirar...
Este verán de outono non da apetenzas de castañas quentes acompañadas dun bo viño.
Da para pensar que sentirían as persoas que levantaron ese "monumento", se lle votasen unha ollada a todo o que o rodea.
Como sempre, encantado do teu paso.
A coidarse.
(De todos modos, se tes castañas e lareira, levamos o viño).
Onde há duas pessoas sempre há dois pontos de vista. A cabeceira torta para a direita ou para a esquerda me lembrou a eterna questão do copo meio vazio para uns, meio cheio para outros.
Um abraço
Magnífico blog.
Gostei
A.Nunez
Tirar cara a esquerda ou cara a dereita é irrelevante. O caso é tirar.
Saudos.
seguro que nesa cabaceira hai algún furadiño polo que se pode ver a luz da lúa... seguro, vamos, apostóche o que queiras...
e eso de que ás mulleres con medio corpo de sardiñas as papades, había que velo... que de boca sodes moi "chulitos" e logo hai que petarvos no codo para que entredes en vereda... JA
regáloche un poemiña moi pequeno para o fin semana, ocorréuseme que que "pega" na tua chousa:
co son
dos bicos tépedos
os pardais
fuxiron do niño
vímolos voar
alto lonxe
ata pousarse
na pola
dun ameneiro
frondoso
como os teus brazos.
biquños fortes,
(sen rencor) porque aínda que me digas que teño medio corpo de sardiña, así como daquela maneira, non me parece mal... e que a sereas somos así de doces e especiais.
Eu tereime que conformar con que se me vaia esvaecendo mais cedo a pouquiña luz para poder tirar alguhna foto. Haberá que aproveitar o tempo e madrugar un chisquiño mais, cousa que non me gusta nadiña :)
Biquiños :)
Pois ás hipotecas podíamos exilialas......non??
Druid: Teño lareira e sei onde apañar castañas; así que...xa sabedes!.
Alédame verte tamén pola Chousa.
Elvira Carvalho: Sempre a eterna dualidade da perspectiva de quen mira. Efectivamente así é. Pero sigamos mirando e interpretando!.
Barreira: Si, si, tirar si; pero lémbrate de cando en vez de parar para coller folgos eh.
Aldabra: Hai furadiños, hai. Mesmo semella que ti tamén te meteches algunha vez dentro dunha eh, pillabana!.
E xa que me agasallaches cun poema, a próxima vez que coma sardiñas, deixareilles as aletiñas dorsais!
Merce: Redúcese o tempo de luz, si; pero ti viches que magníficos amenceres está habendo neste outono?.
Artabria: As hipotecas son un "mal necesario" para poder acadar a propiedade de algo que acaba por ser definitivamente teu cando xa é vello, desfasado e -seguramente- pequeno para os membros da unidade familiar. Menos mal que para daquela...xa poderás asinar outra hipoteca!
Fermosa imaxe.
Non sei qué terán as cousas vellas que semella que xa non precisan de dereitanzas. Como se o tempo deixara as reviravoltas como testemuñas do que ten verdadeiro valor.
E sí: asegún de onde se mire todo ten un xeito diferente. Mágoa de non poder estar en todas partes ao tempo.
Por certo: esta mensaxe é a última de moitas tentativas. Non hai quen faga bo da tecnoloxía.
Apertas
Setesoles: Certamente, eu tamén adoito percibir esa mesma sensación coas cousas antigas. Mesmo semella que "están sempre ben", aínda que esteñan tortas, gastadas ou algo deterioradas. Pasa algo semellante coas fotos en branco e negro...
(Non che rulan ben os comentarios logo?. Poda que se deba á que o teu sistema e Blogger non se leven ben de todo. Digo eu. Por elo agradécese con máis énfase a túa participación na Chousa.)
Publicar un comentario