Motivo de máis dunha liorta e centos de pleitos; por ela teñen reñido irmáns con irmáns e veciños ben avidos. Dende antigo foi motivo de complicadas obras de enxeñería para achegala aos asentamentos poboados dende os manantiais alonxados. E tamén de faraónicos diques de contención para protexerse da sua anegadora forza.
Savia que fecunda os campos e troca en vitalidade canto toca. Maná insaboro que sabe ben. Perfume xenial e inoloro que purifica e afasta os cheiros. Líquido incoloro que enriquece e matiza as policromías da vida. E lava os pensamentos e relaxa os corpos.
Recurso precioso que seguramente non valoramos pola abundancia que sempre tivemos. Benvida auga de outono!
Savia que fecunda os campos e troca en vitalidade canto toca. Maná insaboro que sabe ben. Perfume xenial e inoloro que purifica e afasta os cheiros. Líquido incoloro que enriquece e matiza as policromías da vida. E lava os pensamentos e relaxa os corpos.
Recurso precioso que seguramente non valoramos pola abundancia que sempre tivemos. Benvida auga de outono!
Foto: Picho (tamén pode ser picha) en Facha (Antas de Ulla)
43 comentarios:
Pero ti que raio almorzas, que todo che pinta ben?. Se chove gústache, se vai sol estás que te sales. Se hai amoras mira ti que foto, se castañas mesmo parece que mas fas comer!!!!. Que fumas, Chousa?. Dimo, que ando baixa de enerxías e viríame ben.
Moito me gustan as fotos das fontes. Fanme lembrar a Rosalía e o son da auga...aiiii
Bicos
Hoxe coa que está a caer teño que estar moi, moi, relaxada.
Hoxe coa que está a caer teño que estar moi, moi, relaxada.
(repetireino coma un mantra, a ver... se funciona...)
Pois benvida sexa,
un bonito cántico
a esa auga que
todo limpa.
Nestes momentos
escóitoa chocar
con forza contra
os cristais, e
tenche o seu encanto.
Biquiños.
e ben que choveu toda a torda... pero como ti dís: "benvida auga de outono"... que ben soa ¿verdade?
biquiños,
Polo resto de Galiza aínda non había moito problema, pero en Ourense... levabamos dende mediados de Agosto sen ver chover e aos que nos gusta a choiva estabamos a pasalo mal. Onte, por fin, caeu e que pracer vela como sigue a caer.
Bicos
Aquí onte tamén caeu, anengando todo, a mín así non che me gusta nadiña, a verdade, ademáis dicía o meu avó que esa auga non deixaba ben ningún, eu non che sei pero se él o dicía que foi labrego toda a vida...
Biquiños rapaz!!!
¡¡Qué riqueza a auga!!!
Iso de abrir a billa e que saia sen máis, quente ou fría, a escoller... non é algo que tivesen as nosas nais (¡tiñan que ír a buscala ás fontes, ós ríos!)
Non hai moito tempo que a avoa do meu home se puxo a mal cuns veciños pola auga do extremadoiro (unha leira que comparte auga de rego con outras...)
E tamén chegou algún lesionado ó PAC por culpa de rifas pola auga.
¡E polas lindes!
¡¡E menos mal que en Galicia sobra... a terra e maila auga!!! jaja
Auga é vida.
Pero esta auga do Sur. Esta Surada que lle chama Picazo... non sei. Parece unha tormenta tropical, non a auga do outono que ven sendo máis fría e inhóspita...
Un bico.. mollado?. Pois ten que ser... jaja
voume facer un pis, que tanto falar de auga... jaja
Xa o dixeches ti todo. Preciosas verbas e marabillosa liberación.
Quizá chegou demasiada ou demasiado pronto e con excesiva abundancia, pero eu, sempre penso: "que non nos falte endexamais". Se nalgunha tempada está demasiado tempo sen chover, eu tremo.
Fermosa entrada a túa.
Bicos.
Sempre estamos desexando que chova, e cando o fai dous días seguidos a xente xa está aburrida dela. Xa di o refrán, "nunca chove a gusto de todos", pero a verdade é que fai moita falla.
Pelexas polas fontes? Aquí ata andiveron a "parajuazos" e coas cámaras da Tv. diante, fai un par de anos. Chega ser viño...
boca tão sexo
água jorrando
,in-color
partes de mulher
partes de canto
rosas de lobo
asas de corvo
e
como me
con ta ram
pedras que são
peças de corpo
que buscam rosto
,escorre limpa
ri de raiz
a água
que espera
um sopro,
~
Encatame a auga, por todos eses motivos que dis.
Encántame a sensación de flotar nela.
Encántame oila caer cando estou na cama quentiña.
Encántame mollarme coa chuvia dun día templado de verán.
Elemento precioso a auga.
Ben precioso que hai que coidar.
Biquiños Chaousa!
O sabado comentaba eu, como me gusta escoitar a chuvia e o olor da terra mollada.
Mais agora que levo dous días empapada como un pito, non sei, non sei,jejeje
Caramba, que chova con un pouquinho menos de forza,non?
Bicos
Benvida si...pero podía chegar con máis tranquilidade.
Beijos mollados.
chega un momento no ano en que temos que falar da auga, como chega outro no que temos que falar do sol. eu adóroos ós dous (sobre todo se estou dentro da casa, fóra prefiro as nubes... sinceramente, pero para vivir necesito,sobre todo, vento!!! enamorada me ten.
bicos
Xuntase a auga co viño, que xa está na cuba fervendo a cachón. A auga purifica, pero nada comparado co viño. Por algo representa ao sangue de Cristo.
Saudos
Xa era hora, benvida!!!
Xa facía falta, si...mais podía vir máis amodiño, non cres?
Picha paréceme que era o lugar onde se asentaba un picho que botaba auga, non esa prolongación pétrea por onde xurdía cantareira a auga revitalizadora. Algúns sempre andades con segundas, carallo!
A picha do picho de Facha!. Este Chousa é tremendo. Hahahaha. Xoga coas letras sen contar mentiras e acaba levándonos a horta coma quen non quere a cousa.
Vexote tan ledo coa chegada da auga, que case haberá que celebralo tomando uns viños, caralho.
Carlosm
Encántame mollarme.
.
Ás galegas, polo xeral gústanos ficar molladiñas. E aos galegos non lles disgustan as humedades, claro que non é só cousa nosa.
Auga vaaaaaaiiiiiii!!! :) hehehe a mín me gusta, pero non tanta!! tamén ao escoitala, a palabra, as gotas, os ríos, as fontes, o mar, o palo ese da choiva...
grazas pola túa visita (facer facer... o que fago moitas veces é a vista gorda:)
PD: o do paréntese non ten nin xeito, pero paréceme unha boa frase :) non si? :D
un desexo de boa semana agochado entre dous bicos :)
Encántanme os pichos -ou pichas-.
.
Ás galegas polo xeral gústannos os pichos -ou pichas-. E os galegos tamén disfrutan deles, claro que non é so cousa nosa.
Este Chousa e tremendo. Fala de amoras e namora, fala de sol e ponnos morenas. Agora dalle por falar de auga e móllanos. Vou escribir un post no meu blog para ver se son capaz de atraer tanto peixe.
A auga se non existise habería que inventala.
Pois aquí polo oriente Ourensano, so caeron unhas gotas e fai un calor que non é moi normal.
Saúdos chousa.
be water my friend!!!!
Jo, no se porqué, si como lo escribiste o como lo leí, que hoy tu texto me sabe a conxuro mágico... y además debió funcionar, porque hoy creo que ese agua, llegará a mi sierra también.
bfletes incoloros!
Só pasei a dicirche que de torpe nada de nada e mellor parruliño que soa moi doce
Que fermosa fonte, con esa auga que imaxino fresquiña!!!
Un bico
A min se non me vai a auga polo meu rego....mal!
hualaaaaa
que fontiña!
que fontiña tan bonita!
son media fada das fontes, penso eu.
alí, nunha fonte que apareza despois dun recodo dun camiño que atravese chousas e prados,
alí,
no sombrío,
sentadiña nunha pedra, atoparasme a mín,
mirando verquer a auga na pila,
escoitando o seu falar calmo.
sempre hai insectos facendolle as beiras,
e teñen os seus habitantes, no fondo, na cima.
eu alí son fada das fontes,
ninfa do bosque,
sin pasado, nin futuro, coma se fose eterna.
o silenzo, e a auga.
como me gustan as fontes.
non as fontes ostentosas, dunha fermosura refinada, elegantes, nobles, distinguidas...
non, non, ó que eu lle chamo fontes, e a esas silentes e sinxeliñas fontes, artesanas, primitivas, arcaicas;
unhas fontes que son da aldea tamén, coma mín.
¡que bonitiña é esa fonte de ese lugar de Facha!
semella un pouco a esta , non atopas?
perdoa, home, que quedei tan impresionada coa fonte, que xa non che dicia nada do texto, esa ben feita homenaxe a auga
(suprimín o comentario anterior, porque trabuqueime ó poñer o enlace)
ojú, que torpeza
volvinme a trabucar: púxenas todas.
é igual!
referíame á fontiña de Cesuras.
A min pásame como a Zeltia. Tamen son unha namorada das fontes e do ruxir da auga. Provócame moita paz e sosego. Por eso case podo escoitar esa da foto que puxo Chousa.
(Volvín comentar, xa que a miña intervención de onte vista agora paréceme algo frívola hahahaha)
Outra vez bicos
Benvida auga de outono... onte caeu unha boa... a verdade é que é unha ledicia...sobre todo escoitala cando un está a cuberto...
Lindíssimo, este post.
Estou certa que se a água o ler ficará toda vaidosa.
Um beijo.
Recoñezo que a auga de outono deunos un apretón por vir de súpeto e con forza. Pero veu como os/as amantes impetuos@s despois de ter moitas ganiñas de vernos. Seica non vos mola así ou qué?
E que saiba a xente, e que o saiba Galiza: eu, se fose auga...tamén mollaría!
Pois sinto comunicar, que en breve este gran tesouro vai a empezar a escasear. Esta semán veu a Santiago James Lovelock, a dar unha conferencia.É un recoñecido científico que augura un mal futuro para a terra. O planeta estase acabando ante os nosos ollos, e tal e como plantexou o problema, as solucions chegan tarde.
Biquiños.
A auga é certamente un tesouro que desgrazadamente non xestionamos ben. Oín referirse a ela coma o tesouro branco, o ben máis prezado neste século XXI. Cando clasificamos o mundo en primeiro e en terceiro, esquecendo referirnos ao segundo, facémolo en termos de desenrolo ou puramente económicos. Non pasarán moitos anos onde os diferentes mundos serán os de quen teñan a auga ben xestionada, os que teñan só auga contaminada ou non potable e os que case non teñan auga.
Un ben que cómpre coidar con moito mimo.
O teu fermoso texto inivita á reflexión.
Apertas.
Bienvenida el agua y bienvenido el otoño, aunque a algunos nos traiga tambiñén algo de morriña.
Hoy me dio por los galleguiños, tendría que haber aprovechado este puente para visitar a mi amiga de A Coruña, tiene que estar preciosa en otoño.
Bonito manantial.
Biquiños moitos, Chousa.
Benvida sexa a auga e que veña moitas veces, que as nosas carballeiras, os nosos soutos e os nosos prados non se alimentan dos rigores de setembro.
Excelente canto e bonita fotofrafía. Faime acordar da nosa terra e da aldea de meus pais perto de Santiago, no Ayuntamiento de Teo
Bicos dende Madrid
Fermosas aportacións as vosas a este canto á auga de outono. A picha do picho de Facha estaría "satisfecha".
Asinado: Chousa
Hola amigo, hola amigos;
Genial todas las virtudes que das al agua, más yo añadiria otra más:
El agua es el disolvente universal por excelencia.
Saludos y buen comienzo de otoño para ti y para todos/as vosotros, familias incluidas.
Por motivos de saúde, e também porque sofri uma perda de um familiar que me era muito querido, tenho estado sem vontade para visitas.
Por isso peço desculpa...
Um abraço
Publicar un comentario