Os conceptos macroeconómicos tamén xogan á billarda.
Esto non o din os libros de economía; deducino eu despois de escoitar as últimas declaracións do Presidente do Goberno español.
A idea baséase no método da palanca, e pretende arrearlle un estourazo ao PIB, que se asenta na productividade empresarial, coa finalidade de lanzalo moi por riba do listón do déficit público. Canto máis alto e lonxe mellor (igualiño que no lema olímpico)
O carallo é que a vara coa que se pretende acadar ese récord de lanzamento está feita a base do sistema óseo-lumbar dos traballadores e traballadoras do país.
Visto o plantexamento eu case que me retiro da partida. Non sen antes propoñer unha alternativa: xogalo ó chinchimonis. E son conscente de que ainda así témolo moi jodido; xa que as nosas xogadas case sempre terán que ir con blanca ou, como moito, con unha...
Esto non o din os libros de economía; deducino eu despois de escoitar as últimas declaracións do Presidente do Goberno español.
A idea baséase no método da palanca, e pretende arrearlle un estourazo ao PIB, que se asenta na productividade empresarial, coa finalidade de lanzalo moi por riba do listón do déficit público. Canto máis alto e lonxe mellor (igualiño que no lema olímpico)
O carallo é que a vara coa que se pretende acadar ese récord de lanzamento está feita a base do sistema óseo-lumbar dos traballadores e traballadoras do país.
Visto o plantexamento eu case que me retiro da partida. Non sen antes propoñer unha alternativa: xogalo ó chinchimonis. E son conscente de que ainda así témolo moi jodido; xa que as nosas xogadas case sempre terán que ir con blanca ou, como moito, con unha...
Foto: Eu pido tres, e saca as que queiras, ZP!
25 comentarios:
Aisss, qué difícil...
E eu que empezo hoxe a traballar..
Vou ver se dou feito coas hordas de infestados coa Gripe A. Seica temos uns protocolos nos que se nos indican como chamar a Garda Civil se a cousa se pon chunga..
Ó final vaise cumplir aquel conto que escribín tempo hai.. jaja, lémbraste das masas enfermas??
Veña, vou que non quero chegar tarde o meu primeiro día.
Ó mellor logo intento chegar a toda a profundidade do teu post, que de seguro é profundo, coma sempre.
Bico resignado dende o sistema óseo-lumbar...
Ay yo me pierdo con los razonamientos macroeconómicos, financieros, etc. estos que se supone nos van a sacar de esta.... y yo, visto lo visto, y visto lo bien que se ven algunas, lo mismo me dedico a leer las líneas de la mano en El Retiro, por la voluntad, que espero sea mas de un centimito de euro...
bfletes olímpicos
Como se adoita dicir no xogo "Tres coas que saques" pero se temos que xogar en blanco, estamos fodidos de carallo. Con unha estaremos fodidos pero polo menos farémonos ilusións (que é o que está a pasar).
Un mundo que non entendo, e como a maioría vamos capeando o temporal e a ver que pasa, que o outono promete...
Apertas
Esta mañá de camiño para o traballo aínda me rín un pouquiño. Falaba un periodista da proposición de ZP de subir os impostos para axudar os desempleados, etc., etc... O caso é que decía o periodista: "Señores, de esto a Apadrina un parado, quédanos un paso".
Eu me rín da ocurrencia, claro está, porque a noticia é ben triste. Non sei como imos saír desta.
Eu non son moitos deses xogos que propós porque pola vida andan moitos "tahúres" avezados é eu son un tanto torpiña, perdería sempre.
bicos,
Eu de economía entendo o xusto para chegar a fin de mes sen moitos apuros, do que tratan nas noticias nin papa (aínda que visto o visto case é mellor non entendelo).
O que si me chega (por sorte non por min nin polos meus achegados) é que a cousa non pinta ben, e que vai para longo, aínda que nos intenten convencer do contrario.
Biquiños!!!
¡Que cordo es carallo!.
¡Pido desculpas polo exabrupto, pero é o máis fácil, o máis directo e significativo que se me ocorreu.
Doutra banda ¿como quedará a miña artrose?.
Bicos
Encántame a túa lección de macroeconomía para o meu nivel de comprensión do que veñen sendo os números. Estamos entre o zapatazo ou seguir xogando na eterna desvantaxe...
O outro dia, unha que disque é a mellor do mundo neso de saltar listóns con pértiga, chegou ao campionato do mundo e non deu pasado de 4,80. Por suposto, quedouse sen o trono mundial de pertigazos.
Claro que pasados uns dias foi a unha xuntaza de amigos do atletismo e batiu o record do mundo.
Está claro que é a mellor do mundo, pero non cobrou por selo.
Asi que eu digo: hai que saltar cando hai que saltar, e os metros necesarios e suficientes. E todo o demais é perder o tempo saltando, ou dándolle á palanca.
Saudos
Onde das as clases de economía? E que se a matrícula non é moi cara (eu ando sin blanca) voume apuntar.
Moi elocuente e faciliño de entender.
Eu non entendo de xogos, nin de economía, así que non podo opinar moito sobre o tema, pero espero que non nos suban moito os impostos, que lle pida consello a Robin Hood.
Esto é unha tomadura de pelo máis. I encima din que o fan por nós... que manda...
Vejo que andas moito mal de cartinhos. Sendo así proponlle a ZP que xogue con chícharos en troques de moedas, para teren algunha posibilidade.
Esosi, se pides primeiro, pide sempre tres. Non gañarás, pero alomenos non descubres a tua jogada. (Listo que nos saliu o raparigho de Antas)
Apertas variadas
A macroeconomía é un xogo perverso, e sempre os que perdemos somos o do sistema óseo-lumbar, que así nos vai quedando.
Un bico Chousa
Non sei se xogalo ao chinchimonis ou deixalo pasar... seguramente tanto dá. Grazas pola visita.
os que me preceden nos comentarios, que din que non entenden de economía, pois non o comprendo porque Zapatero di ben clariño que todo vai marabillosamente mal ainda que a cousa estea pésimamente ben;
e que a nosa forte debilidad fará posible superar a crisis sen saír dela,
porque xa pasou o mais malo, ainda que non chegou o pior;
e para acadalo vaise incrementar o gasto público todo o que sexa preciso sen que suba o déficit,
pois aínda que non esteamos nunha situación positiva tampouco conseguimos saír do escenario negativo.
e todo iso será facendo un gran esforzo sen dar pancada.
polo cal é probable que exista a posibilidade de que xa quede atrás o máis desfavorable, sen ter acadado unha realidade favorable.
se non entendedes ó Chousa, cos seus revirados xogos de palabras, que non están o alcance de calquera, podedes facer coma mín que mo explicaron os fans que ten zapatero en periodista digital, periódico que só escribe obxetivamente sen ideoloxías que luxen a sua inquebrantable ética periodística
pensé q en Europa nop pasaba eso, ahora imaginate acá en México¡¡¡oye niño insisto enviame un email para charla vale??
besos¡¡¡
Arrimar el hombro... debimos darnos cuenta :)
fiquei entretida a ver
a
mão:
forma
dedos
linhas ______
elev ações
bem-e-bem .)
e pra que serve a
moedita
lá
no fundo!!?
é uma troca
uma esmola
um pega lá
e
vai
embora!!? :)
~
Se a cousa vai sobre disertacións de macros ou micros, quédome coas macros.
Deus dea fartura.
Yo de PIB, Euríbor, IPC y similares entiendo lo justo. Eso sí, asumo que en Septiembre no llego a fin de mes ni de broma.
Un bico
Cando ai cartos lévanos os banqueiros e os politicos e cando ai crise as ostias comemolas os que arrimamos o "oseo-lumbar". Sempre foi asi, con sociolistos e con os sociotontos.
Ti dixechelo moi ben, coma sempre.
Saludos dun galego salmantino que te le con asiduidade
Dáme que aos do "sistema óseo-lumbar" non lles permiten a retirada (debe ser por estar xa afeitos a ese choio fodido). Tampouco lles permiten poñer condicións (nin chinchimonis nin gaitas).
Algúns (afortunados que sodes) aínda tedes unha pequena saída: esa labia para enredar as cousas, sempre útil e efectiva nos momentos máis difíciles. Olliño! A labia só funciona mentres sobren efectivos.
Saúdos
Tedes que perdoarme, pero e que a chamada da Srta Maquiavélica deixoume abraiado. O de "oye niño" chegoume moi fondo.
Mentras tanto sigo tentando convencer a ZP para que acepte xogar con garabanzos (ou chícharos). Para elo emprego esta labia que teño (outra non podo). A ver se o consigo.
Menos mal que se achega San Venres para distendir o músculo dos músculos. Relaxemos pois
Os politicos non che van querer xogar nin a billarda nin os chinos, pero se lles propos unha partidiña de monopoly seguro que che aceptan.
Pero ten coidado se xogas con iles.Poden deixarte sin BLANCA por arte de birlobirloque
Saludos Chousa
le propones una partida de chinos al presidente del gobierno español. yo pensaba que vosotros con el presidente de la xunta ya teníais bastante.
Publicar un comentario