martes, 22 de setembro de 2009

Debullando

Nesta carreira sen novas marcas, na que todo ten unha mesura comedida e parsimoniosa, sorteando sen facer barullo os atrancos que van xurdindo, o tempo transcurre de xeito tan contínuo como constante.
O relevo estacional dase o testigo nun traspaso silente e comedido. Sen presas pero sen deterse.
E mentras todo iso acontece sen necesidade da intervención do G20, nós seguimos debullando os grans das inquedanzas e ledicias no cesto da bagaxe vital, tirando os carolos na morica da experiencia simultaneada pola do esquecemento.
Empeza o outono. E as bonecas loiras con eses pelos!

Foto: "Bonecas" loiras do millo de Antas

40 comentarios:

Raposo dixo...

Non sei pero a min paréceme que o millo está aínda algo verde. Agora si, ten un pelo caralludo.

aopedofarelo dixo...

Pois xa ves, eu sigo debullando o tempo, cara a ningures.....Deamblo entre o pasado esquecido, e o vindeiro certo. Cousas veremos, que diria Castelao.
DEbullando o dia a dia, .....

Markesa Merteuil dixo...

Ás veces esquecémonos da nosa propia cotidianeidade buscando solucións tan elevadas como alleas, cando a resposta, en ocasións, está máis preto do que cremos. Simplemente hai que mirar ós ollos á razón, en lugar de perderse en sofismos.

paideleo dixo...

Debullando estivo o Leo o outro día. Pero non eran bonecas loiras senón Epi e Blas.
Que siga o ritmo vital !.

Zeltia dixo...

que entrada tan repousadiña,
case podo ver a mirada sobre a leira de millo:
a brisa movendo levemente as follas
e batendo a un lado e a outro as candeas,
coma mástiles de barquiños no mar verde.
sí, chegou o outono,
poñemos unha raia no calendario,
co noso afán de medilo todo,
pero non hai un inicio nen un fin:
todo é o mesmo movimento que se repite infinitamente,
porque a terra segue terquiña o seu movemento de traslación.
avanza nun eterno circo para volver sempre ó mesmo sitio.
como dis tí,
sen barullo
nun traspaso silente e comedido,
tal e como debullamos os dias da nosa vida.

e esta reflexión que compartes desde o teu blog,
curiosamente,
non me fai pensar na morte,
se non que me deixa un pouso de paz.
qué lonxe a verdadeira vida do grupo dos 20!

Antón de Muros dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Antón de Muros dixo...

O relevo estacional vai a toda máquina, aínda que aquí veremos os pelos en marzo ;-)

Unha aperta.

Antón.

HADEX dixo...

O outono é a miña estación preferida (non sei se pensarei o mesmo no outono da miña vida..... Esas cores que nos regala a Natureza compensan o final do verán, o cambio de clima....

Bicoss (hoxe comenzo as miñas vacacións!!)

maruxiña dixo...

Gustoume esta entrada, a imaxe de debullala vida moi boa. Ademáis trouxome lembranzas de meus avós e tardes debullando no millo entre conto e conto.

Biquiños neno!

~pi dixo...

ficou-me nas mãos de criança

a memória do cheiro

des-cas-car-o-milho

uma espécie de banho de mel,

entre pagão e sacro

[ tá um pouco

magrinho, ainda, esse,

depois do cabelo afosforado

haverá que arre-don-dar

lá dentro da casinha

de folhas-cobertor

e cumprir o seu

ciclo: empeza o outono, sim,

a mais bela estação, :)







~

in_side dixo...

tal qual um bébé, que se pode pegar,

o cabelo de fogo, o corpinho de favos,




*

fonsilleda dixo...

Leváchesme á infancia e aos esforzos que facía para debullar o maiz coas miñas torpes mans e ver e admirar aqueles campos cheos de bonecas louras despeiteadas, ás que, ás veces, arrincáballe a melena. Hoxe acariño eses pelos.
Poética entrada a túa hoxe, aínda con toda a carga do paso do tempo e das estacións e do G20

Dilaida dixo...

O millo na miña terra xa está máis seco, nótase o cambio clímatico eu lembro que hai anos o millo recollíase no mes de outubro ou novembro e agora en setembro xa está seco. O de aquí xa non ten o pelo loiro, ten canas...
A min gústame particularmente o olor que soltán as espigas.
Bicos

irene dixo...

El tiempo transcurre siempre igual, aunque a veces nos parezca que lo hace muy rápido y otras que no pasa nunca, todo depende de nuestros deseos e inquietudes. Pero dentro de "ná", otra vez las navidades.
Feliz otoño, Chousa, moitos bicos.

Carmen Graña Barreiro dixo...

Quen me dera correr por entre esas bonecas loiras como cando era pequena! Como non podo, sigo debullando lembranzas para alimentar a ilusión.
Bicos

Lili dixo...

Ai as bonecas loiras, algunha que outra tarde correndo entre elas... Quen me dera ser coma o millo que crece cando ten que crecer e non anda dando tumbos por ai...

;)

Doutora Seymour dixo...

Setembro tería que ser fulminado dos calendarios...
(insisto)

Unknown dixo...

Como que empeza o outono, ainda a comisión europea non o publicou no seu boletin e non se trazaron as partidas presupuestarias, me parece una locura que as estacions se sucedan asi sen supervisión nen control.

Pase por esta vez pero a proxima non lle perdono a instancia e o impreso s-4332

saudos e perdon polo exabrupto

Deambulando con Artabria dixo...

Comeza o outono, iso é o máis importante.............eu se fora unha boneca loira tería eses pelos tamén.

matrioska_verde dixo...

a foto recordoumo ó outro día paseando pola Malvarrosa, Congo e máis eu compramos unha panocha asada de maiz... estaba boísima.

biquiños,

votaba de menos leerte.

DiarioDunhaEscritora dixo...

As bonecas loiras semellan peliroxas e a friaxe do outono non da chegado... ¿Qué está pasando?
Teño que dicir que debo ser unha das poucas persoas ás que lle agrada esta estación e agarda impacente a combinación de cores que pinta nos montes.

vermella dixo...

por isto mesmo gústame tanto o outono,sen presa,amodiño,unha cousa dando paso á outra,como debullar do que dito sea de paso estou un pouco farta,temos a horta chea de fabas e estas tamén se debullan....
bico.

pitima dixo...

JA!
Qué te cres tí eso de que as estacions van cambiando así elas soíñas ó seu ritmo sen intervención humana!!!
¿El logo tí non escoitaches falar do cambio climático?
Aissss
O outro día vin un documental no que se relataba como as estacións chegaban cada vez máis tarde, as migracións dos paxaros estaban también a cambiar. A subida da temperatura a nivel global está a estragar o "tempo" da natureza...

E cambiando de tercio:
Sempre adorei os pelos eses do maínzo... E debullalo, esas boliñas con eses cores cálidos todas xuntiñas no caldeiro. Meter as mans e sobalas (jajaja xastamos!)... e logo sembralas no galiñeiro para ver correr as pitas detras do tesouro... esas pepiñas douradas..

Un bico debullado..

pitima dixo...

E que mal escrito!! aisss
onde se le "también" tiña que pór "tamén"
E son AS cores, feminino..
Pendón! Polo meu galego!!
Outro bico, corrixido este..

Bolboreteira dixo...

Pois si comezaao outona ainda que hoxe parece que voltou o verán, pero nada que ahi o ven é inminente.
Gustoume o das bonecas loiras...andan algo despeinadas para recibir o outono.
Bicos!

vintxuca dixo...

Moito xoguei eu con esas bonecas de nena... en sardiñeiro (fisterra) na casa dos avós...bonitos recordos que voltaron a miña cabeza ó ler o teu post.
Unha aperta!!!!!!

Marisa dixo...

Debullando, debullando
fóisenos o verán e por
S.Miguel xa teremos
as colleitas, espero que
este ano sexan boas.

Biquiños.

(Polas rías baixas
temos preciosas
postas de sol)

Chousa da Alcandra dixo...

Tedes razón quenes decides que o millo anda algo verde ainda por estes lares. Pode ser. Pero vai madurar seguriño. Aquí nunca o esfollamos(*) sen que a espiga acade o seu punto...
E lembrades cando, nas noites de esfolla, salía unha espiga moura?. Por estas terras chamábanlles Raiñas.

(*) Esfollar: (do latin: esfoliare) Quita-las follas do millo e doutros cereais
Como hai tant@ malpensd@ xa compre acotar todo!

Anónimo dixo...

Home, a foto está moi ben, agora que o texto paréceme indixerible, e moi recargado de tópicos que así en fila fánseme cando menos un tanto "cursilóns"

zeltia dixo...

na miña aldea, chámanlle "reinas", directamente! (está moi contaminado o galego alí)
-cando empezou a TVG afogaban coa risa-

estou algo de acordo con anónimo:
e que case todo o que a uns nos pode conmover profundamente, a outros pódelles mover á risa ou á pena:
(por ex. ¿existe algo máis "cursi" e "ridículo" que ver a unha parella recién enamorada? ¿e que me decides duns pais novicios? veña a falar decote da nova parvada que fai o unico rapas do mundo mundial?)
:-)

hai unha liña moi sutil que separa o cursi do esmerado,
a sensiblería da sensibilidade.
personalmente, a mín paréceme que este texto non a atravesa.
non me parece cursilón.
levoume doadamente,
coma da man,
a ese pensamento que todos temos tido
ó ver como na naturaleza van ocurrindo os cambios imperceptiblemente,
do mesmo xeito que nós seguimos a rutina da nosa vida...

pero, ainda que a Chousa non lle ha de facer gracia o comentario de anónimo -como non no la faría a ninguén que teñamos un blog- paréceme positivo,
porque a verdade e que aquí andamos todos a dicirnos uns ós outros
que ben, que bonitiño, canto me mola, que ben escribes
claro que tería sido millor que o anónimo tamén tivera un blog, para ver logo cal é o seu estilo

:-)

un saúdo para os esforzados blogueiros! e un biquiño para chousa

fgul dixo...

Bendito millo: de pequeno moito teño xogado por entre as prantas... e a carozazos!!!

Cantas feridas, meus deus!!

Anónimo dixo...

O silencio interrómpese
co laio do vento,
as pólas sacódense
espertando as árbores espidas.
A follaxe ocre e avermellada
alaga todos os camiños
espallando a súa armoniosa beldade
nun paraíso de cores.
As sensacións mestúranse
coa maxia do escenario
mentres un poeta recita
os versos dun poema.
As fantasías acéndense,
medran os belos soños
que perfuman a vida
e manteñen vivos os sentidos.
Asoman os raios do sol
e pintan un tapiz de follas,
o outono está debuxado
na magnífica paisaxe.

Chusa dixo...

E eu que son a típica "pija de ciudad" que na miña vida pisei un campo de millo, síntome dalgunha forma preto ó rocío das mañás, do olor da herba cortadiña, ou do sonido dun río que pasa preto cheo de troitas estirricadas e brillantes.... ó lerte.
Un gustazo

pitima dixo...

E que todo é subxectivo...
A mín no me parece cursi. Podo entender que a outros sí llelo pareza.
Gústame ser sinceira nos meus comentarios, para a hipocresía social xa temos a convivencia diaria, así que se teño tan mala opinión do post e a miña crítica non é constructiva paso de comentar, e menos escudándome no anonimato... Se presupón certo cariño para o que visitas, ou senón, interese, por iso, si só se aporta mal rollo... non.. mellor calar...
Abúrrenme os comentaristas que non aportan nada, ou que símplemente dín algo para quedar ben e punto. As polémicas sempre son interesantes se nacen co ánimo de aportar, de chegar a un entendimento. Non é nada elegante criticar dende o anonimato.
Chousa, que o teu texto non é indixerible, nin tampouco cursilón, polo menos non máis que o mesmo outono... Dixen.
Outro bico no millo.

A.C. dixo...

Pois se non che gusta anómimo , con non mirar xa o tes amañado. Mira ti que faciliño. Ademais, o que sí é indixerible é o feito de escudarse tras un anonimato para criticar
A min gústame a foto (faime lembrar a miña nenez) e tamén o texto (faime lembrar a miña realidade actual). Todo pasa sen que nos decatemos. Mesmo semella que estabamos empezando o ano e xa estamos no outono!.Manda truco.

Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Agradezo (moitísimo) as defensas e acepto (menos) as críticas. En todo caso para as dixestións complicadas, mellor un Omeprazol ou un sobre de Almax viría moito mellor que a lectura.

Bicos dende o medio do millo

Filoxera dixo...

Começo a apreciar cada vez mais o Outono. Será da idade???
Um beijo.

Barreira dixo...

Debulla, debulla. Estamos no outono pero as follas non dan caido.
Saudos indixeribles.

Cuspedepita dixo...

O malo é que debullamos días que non han volver.
Déboche algo ;-)pero non o esquecín. Foron días complicados. Xa che contarei polo miúdo.

Chuchos para repartir :-))

Carlosm dixo...

Pois haberá que levar o milho a cardar esas pelambreiras para que quede ghuapo nas tuas fotos.
E os cambios estacionais van mudando correndinho e sen aviso. E todo pasa e nada queda. So as lembranzas.

(Já vejo que te doutoraches tamén en mediciña, pois diagnosticas e prescribes ajeitadamente. Ti, já cho dixen mais vezes, és un diplomático. Eu mandaria direitamente a ranhala e quedaria maia aghusto).
Ala xa ta dito