venres, 4 de setembro de 2009

Cabalgar

Hai ocasións nas que apetece cabalgar sobre o tempo e sentirte un xinete capaz de dominar cada segundo da velocidade que acada o galope da tua montura.
E picar espuela ou tirar de riendas según che pete na ocasión. Outras veces, gusta levar a fusta calada e deixar que trisque ao seu ritmo, deixándote levar...
Pero as máis das veces atrápanos o péndulo do tempo que nos leva a destra e senestra, esquecéndose -o moi cabrón- do movemento equestre por escelencia: adiante e atrás.
Ainda así, sempre da gustiño cando, alomenos, se vai montado a pelo.

Foto: Tempus fugit. Incluso en Antas

39 comentarios:

maruxiña dixo...

Se foramos capaces de controlar o tempo sería maravilloso, que pasara paseniño cando o estamos a pasar ben, e correra cando as cousas van mal, pero o condenado anda sempre o revés.

Biquiños

HADEX dixo...

Tempus fugit, carpe diem.....Levan toda vida advirtíndonos....Hai que asumilo como mellor se poida e levalo ben, mirando sempre ao futuro, intentando mellorar o presente, sen recrearse no lonxano ou non tanto pasado...


Bicos atemporais logo.

(A foto é chulísima)

A.C. dixo...

O tempo domina as nosas vidas e marca o compás de xeito reiterado de cada unha das nosas tarefas. Cada día mais.
E comprendo que ti quixeras ser o xinete que cabalga e domina o tempo; pero , querido Chousiña, vas ter que facer como vas facendo: buscarlle sentido do humor

(O de adiante e atrás estivo moi ben jajajaja)
Un bico dende o meu reloxo de cuco

A.C.

Alexandra dixo...

Mas, querido vizinho... "tempus non est". É apenas uma ilusão que a nossa mente criou. O galope em pêlo, esse sim, é real. É... AGORA. Quanto ao que "fugit"... nem sempre é o que parece! ;0) Vai ver o que, a tal respeito, te deixei no meu blogue...
Um beijo de cá,
Alexandra

vermella dixo...

Nin siquera os reloxos controlan ao tempo,o máximo que fan é medilo,cada un de nós ten a súa vara propia para ver como pasa,as veces os días son fugaces e outra veces chumbeiros,os veráns veloces e os invernos perguiceiros,así que como ben dís hai que deixarse levar polo moi cabrón...
ao tempo de ler,recordeí un poema co que te agasallo:
Nada sucede dúas veces
e é o que determina
que nazamos sen destreza
e morramos sen rutina.
Non por ser o máis obtuso
na escola do humano
podes repetir curso
de inverno ou de verán
Ningún día repítese
nin duas noites son iguais
nin dous bicos parecidos
nin duas citas similares....

bico diferente dun momento irrepetible.

Antón de Muros dixo...

A fugacidade da nosa vida é unha marca rexistrada da nosa condición.

Qué boa foto :-)

O que non entendí foi o tema do movemento equestre, quizais sexa porque non sei moito latín ;-) jajaja

Unha aperta.

Antón.

Elvira Carvalho dixo...

O tempo é muito ingrato. Levamos a vida a correr com falta de tempo e afinal partimos para a viagem sem regresso e fica cá todo o tempo do mundo para os que ainda a estão e que continuam a correr. Nunca vivemos o presente com a doçura do momento porque ou estamos enfronhados no sonho do futuro ou nas recordações do passado.
Coisa complicada não é verdade?
Um abraço e bom fim de semana

Barreira dixo...

Sempre digo que pensar no tempo é perdelo tempo. Por moitas voltas que lle demos él sigue o seu ritmo acompasado, sen presa pero sen pausa. Así que en vez de pensar nos ritmos é mellor executalos, como fai o reloxo, ou adiante e atrás.
Góstame o reloxo e os seus multiples reflexos. O tempo pasa, incluso nos reflexos.
Saudos.

susana moo dixo...

Son da idea de que nas culturas -como a nosa-, que teñen conciencia da morte, e fode mais, se fode mellor, porque non me digades que ao pensar niso de tempus fugit non entra unha ansia palpitante de montar, a pelo ou con condón, con bragas ou sen elas.
polvo somos.

Cuspedepita dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Cuspedepita dixo...

Sobre o paso do tempo xa prefiro non pensar :-)
Aos meus anos non é bo darlle voltas ao inevitable ;-)
Así que hoxe comentarei a foto, que me gusta moito máis.
Ti conseguiche, alomenos por unha vez, conxelar o tempo, conxelando o péndulo do reloxio. Á vista está.
Gústame ese reloxio que se convertiu, por un segundo, en sucesión de espellos.


Chuchos

fonsilleda dixo...

¡Ai Chousiña!, non monto dacabalo pero entendo a túa preocupación ou problema co tempo.
É así o oficio de vivir e comprendo que sempre sería mellor cabalgar sen necesidade de fusta, deixándose levar, a pelo.
Bicos

fonsilleda dixo...

Gustoume moito a foto. O tempo reflíctese unha e outra vez.
Mais bicos.

pitima dixo...

O tempo non obedece ó péndulo... Sería desquiciante ir e vir constantemente no mesmo intre... ¡por moi bo que fose!
O día da marmota (seguro que viches a película)..
Sempre para adiante.. Certo que temos a percepción de que se acelera, de que canto máis tempo pasa máis rápido pasa e menos tempo nos queda... aissss de ahí o tempus fugit
A destra e senestra, adiante e atrás, todos son movementos pendulares. O de montar xa é outra cousa.. pillabán!
E logo están as posturas, ecuestre, decúbito lateral, decúbito prono, decúbito supino, sedente...
O importante é estar cómodo co tipo de movemento, co ritmo, e claro, coa postura...
Sempre misturando conceptos que nos confunden eh??
Boeno, está ben misturado, sí, que todo ten relación ó final, é verdade, incluso o touciño coa velocidade.
Bico hipnotizado co péndulo na búsqueda da túa imaxe... aisss.. boa foto!

Deambulando con Artabria dixo...

Como din por ahí arriba, carpe diem. Aproveita ben o tempo e non queiras cabalgar hacia o pasado.......

Marisa dixo...

Encántame que vaias a cabalo
do tempo con tanto bo humor,
así non se nota que o condenado
non perdoa.Disto funme dando
conta cando me deixáron de chamar
señorita e agora xa escoito señora,
tremo pensando cando escoite aquilo
de " cala vella ", e xa non poida
falar libremente.

Unha aperta.

Carlosm dixo...

Mira mira...e agora metécheste nun reloxo. E nel reflictese o teu tamen. Reloxo sobre reloxo. Eso si que e cabalgar sobre o tempo. Ou non era sobre o tempo no que ti querias cabalgar, xinete?

Saludos en tempo e forma

CriS dixo...

Ay el tiempo... ojalá lo tomáramos tan relativo como dicen que es... Ojalá lo disfrutáramos con la intensidad que lo efímero requiere y los instantes, los volviéramos eternos...
ojalá no existieran relojes ni marcadores y nos limitáramos a vivir, sin estar pendientes, de eso, del paso del tiempo.

(genial la fotito, eh..)

Bfetes al galope

Zeltia dixo...

pois eu penso que de algunha maneira somos xinetes do noso tempo, picando espuela, ou deixandonos levar.
ás veces permitimos esmorecer os dias sin pena nin gloria, sexa por un ánimo repousado, ou por plegarnos ás condicions "ambientais" da nosa vida, de xeito voluntario.
e outras veces, viramos cara o vento e cabalgamos poriba do tempo, da nosa percepción do paso del...
non hai moito que lin algo que me deu moito para pensar no asunto: explicaba por qué temos a sensación de que os anos de rapaces e adolescencia duraban máis, e por qué cada vez "pasa o tempo máis rápido". Para abreviar daban unha solución para "gañar tempo e sentir unha vida máis longa:
vivir cantas máis novas experiencias millor, cambiar o que se poida as rutinas, coñecer máis personas, variar as actividades, os deportes, as aficións, os traballos...
en fin, "vivir máis" é realmente vivir máis tempo.

Anónimo dixo...

no entiendo mucho el gallego, por eso seguramente no acabo de comprender el motivo por el cual le llamas "cabrón" al tiempo por el mero hecho de olvidarse del movimiento adelante y atras. por lo demas la foto es muy buena y observo un blog muy interesante. pena que no escribas en castellano. saludos

Noa dixo...

o tempo é un cabrón, tés razón, vai por libre e non entende de nada que non sexa largarse a toda présa... eu estou cabreadísima con il...

Doutora Seymour dixo...

O tempo xoga ao noso favor..., o que pasa é que non sabemos xogar con el.

latorredelossueñosesmeralda dixo...

O peor è cando o cabalo se encabrita, e dun chimpo, che manda
ao carallo...¿e despois que, quen se vai a recordar de nos.....?
Tempo de silencio
tempo oscuro baixo a pedra fria
a sombra do ciprès alargada,
a tapia encalada en branco
De un e outro lado,
O tempo non é.
Nada é real, nada existe
ni o silencio.

Carmen Graña Barreiro dixo...

Excelente relato sobre como cabalgar o tempo, e a foto, unha xoia.
O importante, alomenos para min, é seguir cabalgando, ás veces dunha maneira ás veces doutra, pero sempre coas riendas ben collidas.
Un bico Chousa

Filoxera dixo...

Aproveita o tempo tão bem quanto possas; nenhum instante se repete...
Um beijo.

Anónimo dixo...

Tecnicamente a fotografía podíase mellorar, pero a idea resulta magnífica.
Tentar conxelar o tempo tamén é un bo proxecto. Se precisas director...chámame. O meu número está na tua axenda
Manolo

matrioska_verde dixo...

ay, ay, ay, que che veo un pouco... a cousa ía ven, falando do tempo dun modo formal e eso... pero despois, Chousa, veuxéche o plumeiro... home.

adiante e atrás.
a pelo.

claro é que dito así,"mola", moito más que ver o péndulo dalle que te pego.

gústame a foto, véxeche moi afanado facendo a foto.

biquiños,

galmar dixo...

vaites! qué concentración!! hehehe moi boa a foto! e as letras parece que colleran ben o ritmo :)
grazas pola túa visita ao meu blog!
PD: bonita camisa :)

Carlos Sousa dixo...

Ja,ja... esqueceuse do "diante e atrás" e do "tumbaquedalle", Movimentos que non poden faltar.

Cantas historias se teñen escrito sobre a relatividade do tempo. Teño un amigo moi cachondo que conta que de pequeno tirou o reloxio pola ventana para mirar voar o tempo. Se a partir de aí lle correu máis ou non, non o sei, pero que esnafrou o reloxio, iso seguro.

Boa composición, e millor foto.

Chousa da Alcandra dixo...

Maruxiña: Do revés anda, si. Pero tamén é certo que se o poidéramos manter ó noso antoxo...aiiiii, eu ben sei en que momentos o faría ir en cámara lenta...jajajaja

Hadex: E por máis que no lo digan habemos seguir teimando co pasado e preocupándonos polo futuro. Sen decatarnos que o pasteliño que temos diante chámase presente (vale, ás veces o presente é de subxuntivo, que tamén jode, pero boeno...)

A.C.: Búscolle sentido do humor e atópome cun péndulo convexo que reflicte unha imaxe da miña cara un tanto distorsionada. Ainda así, eu seguirei tentando conxelar o tempo no meu conxelador, para despois metelo no microondas cando me pete.

Alexandra: Benquerida vizinha; claro que o tempo non é. Claro que somente son aquelas cousas que nos agradan; mais...como esquecer cando unha agulla se enceta no dedo?.
Obrigado polo texto magnífico i explicativo que me adicas no teu cantinho. Gostei.

Vermella: Efectivamente levas razón. Os reloxos non son máis que instrumentos de medición. Pero canto nos pasmamos mirándoos ás veces. Igualiño que eu me pasmei coa lindeza dos versos que me adicas. Menos mal que me deches un bico para despertarme!

Antón de Muros: Jajajaja e vai e dime un pai de familia numerosa que non entende o latín!!!. Pillabán...
;-)

Elvira Carvalho: Nesa teima de tempos andamos. Que se pretéritos, que se futuros...e mentras o presente esbaréxenos por entre as mans sen decatarnos da rapidez coa que se troca en pasado.

Chousa da Alcandra dixo...

Barreira: Ti ben sabes que ás veces "perdendo o tempo" gáñanse outras cousas; polo tanto non deixa de ser unha forma de investir tempo. E en moitos casos...que gustiño da perdelo!!! Ou non?

Susana Moo: Es ansia palpitante da que falas é a responsable de que ás veces non haxa tempo nin para quitar as bragas!. Claro que se houbo tempo para poñelas perna arriba...tamén debería adicar un anaquiño a facelas esbarexer pernas abaixo. Ou?

Cuspedepita: A min gústame que che guste a foto que reflicte as mil caras dunha mesma interpretación.
En todo caso "ós teus anos", ainda che queda moito de debatir sobre o tempo que ven e o que vai. Así que non te poñas no arcén, que ti ainda vas polo medio e medio da estrada.

Fonsilleda: Boeno...de cando en vez algo de fusta tamén lle compre eh; que se imos en cámara lenta cando andamos rozando nos toxos, o risco de espetarnos nas espiñas é direitamente proporcional ó tempo que estamos cerca da gavela.
Graciñas polo recoñecemento á foto. Mágoa do modelo, pero é o que tiña á man...jajaja

Pitima: Ti si que sabes!. Eso é optimizar o tempo e o demáis son farrapos de gaitas desafinadas!.
Mistura. Na mistura está o quid da cuestión. Misturar posturas axeitadas para a consecución de movementos temporalmente axeitados. E cando deixen de selo...mudar de postura!
(Tesme collido o punto pendular eh?)

Artabria: Nin se me ocurra nunca!. Penso que non hai cabalo que queira galopar cara o pasado. E menos mal, xa que eu non quero ser o xinete que o monte. Como moito, acepto montar de lado; ou dende o propio pasado; pero sempre mirando cara adiante...jajaja

Marisa: Bo humor sempre merece a pena. O cabalo trota mellor se o xinete (ou amazona) vai ledo (ou leda).
A min tamén empezaron a chamarme "señor" as caixeiras do supermercado. Consólome pensando que, claro, elas son unhas neniñas...

Chousa da Alcandra dixo...

Carlosm: Carallo! moi protocolario viñeches esta vez."Saudos en tempo e forma". Manda carallo. Semellas un alumno aventaxado do profesor Xosé Pumar.

Cris: Relativo sí que é, si; pero ás veces incluso a relatividade nos complica o momento. Con todo, hai que tentar sacarlle ferro ó metal e licualo amodiño.
Graciñas pola loubanza á foto do modelo sin escuela.

Zeltia: Seguro que cantas máis experiencias se vivan máis sensación de amplitude no tempo teremos. O que pasa é que temos o tempo racionado en pequenas porcións e así non hai cristo que o poida racionalizar axeitadamente.
Tentaremos, nembargantes, levalo ben; que senon igual se encabrita e despois a ver quen o para unha vez desbocado.
¿Ti picas moita espuela?

Anónimo: A mágoa non é que eu escriba en galego oh; o realmente penoso é que ti non entendas o galego...Grazas polas loubanzas, incluso sin entenderme.

Noa: E tés motivos para cabrearte con él; pero se me permites que medie na liorta, direiche que deberías tentar tirarlle algo das riendas. Ou meterlle o dedo no péndulo para -polo menos- ter a sensación de que logras detelo. Proba. A min ás veces...funcióname!

Doutora Seymour: Vostede sempre tan maxistral. Claro; pero esa evidencia había que ilustrala co xeito de poder coñecer as normas dese xogo desigual. Lembre que vostede e máis eu non somos viño. Como nos lembra unha amiga común: somos auga
E a auga non sei eu se mellora co tempo!

Latorredelossueñosesmeralda: E cando se encabrita hai que tentar contelo. Para iso temos as riendas na man e algún que outro recurso axeitado para poder relaxalo novamente. Ou non?

Carmen: Dirasme que son un arroutado se digo que ás veces incluso pode resultar interesante soltar as riendas para que voe desbocado?.

Filoxera: Nemgún tempo repite, é ben certo iso. E ten vantaxes e inconvintes. Seguro que algo quereríamos reiterar.
Con todo, farei caso do teu consello. Tentarei aproveitalo.

Manolo: Directores sóbranme. O que me faltan son productores. Dime, ti que tanto sabes da miña axenda; non terás ti algún destes que eu preciso na tua???

Aldabra: O post é un reflexo. E non so da miña imaxe no cristal e no péndulo; senón tamén de min mesmo: unha mestura de seriedade e arroutado. Tento saber conxugar ambas. Ás veces incluso o consigo! jajajaja.
Verdade que molaría máis un péndulo que fose adiante e atrás?. Reloxeiros do mundo: xa tedes unha nova idea para por en marcha!

Galicia maravillas: Pois fíxate ti que a camisa vese en dous colores diferentes según se mire o péndulo ou o cristal. Cal che gustaría máis a ti?. A saber se agora tés tempo de volver ler esto...

Carlos Sousa O tumbaquedalle é un movemento moi sutil, por moito que a sua fonética non lle axude nada. Fixeches ben introducilo no comentario. Agora xa temos dereita-esquerda, adiante-atrás e para completar o tumbaquedalle!

---

Graciñas por vir, comentar, e incluso por non decir nada.
Hoxe estamos de festa en Antas, así que brindarei por todos vos este xantar.

irene dixo...

Dichoso tiempo, siempre va a su aire, cuando quieres que corra, va a cámara lenta, y viceversa.
Hay que ver lo largos que se hacen algunos días, y lo rápido que pasan los años, sobre todo a ciertas edades, jajajaja.
Biquiños, Chousa.

Doutora Seymour dixo...

As normas? Coido que todos as coñecemos, basicamente, aproveitar e gozar do xogo mentres dura. A valoración que un faga do resultado final (invariable, escrito para todos)non ten porque ser negativa, a vida vivida é un xaque mate ao tempo.

galmar dixo...

pois... gústame máis a de cores!! hehehe non che conto como cheguei porque é case como de conto!!! :) ben, o conto... estaba a piques de ir durmir, pero lembreime de senda, o libro de lectura en castelán que liamos na aula de pequena, e que ao que eu lle tiña máis agarimo era a un chamado o raposo pillabán, o procurei no google hai tempo e nada, sen rastro; hoxe, decidín ir á súa procura de novo, así que escribín con boa letra: o raposo pillabán, no google e voilá, segue sen rastro, aparece a miña entrada na que falo del e tamén algunha túa (o procurei en imaxes, que xa esquecía dicilo...:) cunha ovelliña e outra un pouco máis adiante, co meu avatar pero no teu blog, e aqui estou, lendo a túa pregunta, así que xa sabes, gústame máis a de cores e ralliñas :))
un biquiño! vou durmir!! biquiñossszszszszszszzz...z...z..z.z
:)

galmar dixo...

tres comentarios máis arriba da resposta anterior...

"Galicia maravillas: Pois fíxate ti que a camisa vese en dous colores diferentes según se mire o péndulo ou o cristal. Cal che gustaría máis a ti?. A saber se agora tés tempo de volver ler esto...
"
a miña resposta: gústame máis a de ralliñas, a do cristal...

á procura do raposo pillabán:

http://images.google.com/images?hl=es&client=safari&rls=en&um=1&q=o+raposo+pillabán&sa=N&start=120&ndsp=20

...na cuarta fila e na cuarta columna: auga!!! hai non! que é tocado e afundido!! hehehe, está o meu antigo avatar, cliquei aí e levoume ata aquí; tiña sono e doume por contestar á túa pregunta! curioso!! hehehe pero eu non fixen a pregunta, só respondin :))

Chousa da Alcandra dixo...

Galicia maravillas: Tés todiña a razón!!!!!. Mil perdóns, pero mesmo semella que o dormido era eu hoxe!.

En todo caso alédame ben que che guste máis a da ralliñas; xa que esa é a que é! jajaja

Alédame tamén ver que se volve sobre os comentarios antigos; xa que en moitas ocasións parece como se caducasen nada máis terse escrito outro. E non é así. Para mostra...este botón!

Un bico marabillado!

galmar dixo...

hai pos logo hoxe bota unha soneca!! hehehe :)) para que logo non quedes a durmir no medio dalgún comentario (cousa que a min pasoume algunha vez:)
PD: pero por cousas así non hai que pedir perdón (pode que ti estiveses un pouco durmido, pero eu asegúroche que tamén:)
moitos bicos e outro botón :)))

Afranio do Amaral dixo...

Sou Afranio do Amaral, e morro e renasço para seguir fugindo de mim.
Cumprimentos.