xoves, 20 de agosto de 2009

Ornitoloxía

A física cuántica, a enxeñería nuclear e outras materias sumamente especializadas, precisan de profundísimos coñecementos matemáticos, trigonométricos e incluso dunha visión conceptual da abstracción. Un halo de superioridade circunda a quenes poden pendurar a orla de tales ciencias na solaina do seu saber.
Pero non resulta menos trivial, nin perde relevancia o feito de coñecer os nomes dos paxaros que amenizan o noso entorno cos seus cánticos afinados, guturais e melodiosos.
Non coñecen o pentagrama, pero dominan as corcheas, enchendo o ar cos seus concertos en clave de sol poñente e compás de toxo por xesta.
E ainda por riba teñen un nome que tamén resulta agradable ó oido, suscita ideas e estimula a imaxinación.
Pouco sabía eu da existencia da Papuxa montesa como ave. En realidade...non sei case nada de cousa ningunha (aprendiz de moito, experto de nada).
Pero que ninguén me negue a idoneidade desta simpática integrante da ornitoloxía patria como mellor logotipo para as novas escolas infantís, moito antes incluso ca escanada e apática pita choca azul.

Foto: Cartaz de fauna e flora. Polo visto, lonxe de San Caetano

28 comentarios:

maruxiña dixo...

xa che contarei se vexo algunha por estas terras, se andan/voan polo faro ó mellor pásanse por Chantada, sobre todo agora que tamos de festas, gardo a foto para recoñecela se se dera o caso jejeje

Biquiños voadores!!!

Senda dixo...

onde vai parar, Chousa, muito mellor!!

fonsilleda dixo...

É certo, eu por exemplo descubrín fai poucos anos o gaio común (arrendejo en castelan). Aínda que coñecía a pega que é o paxaro da miña infancia, aquel é máis vistoso. Para min foi un achado.
O que citas supoño que estou farta de tropezalo.
Preciosa entrada Chousa. Parece certo que en Antas pode haber outro paraíso.
Bicos.
Ben as fotos

fonsilleda dixo...

En castelan arrendajo. Síntoo.

susana moo dixo...

Ai, non sei que che dicir. Na miña terra chámanlle papuxa á cona, "papuxa montesa" sóame máis como nick dalgunha papa-homes.

matrioska_verde dixo...

a verdade e que es ben orixinal, home... gustoume moito este post... e divertido, rinme un anaco...

papuxa montesa sóame a algo indígena... ¿non sí?

Noutro orden de cousas: Fai tempo escribín un conto moi curtiño en galego, acordeime agora mentres buscaba algunhas cousiñas polo blog, e pensei que me gustaría que o leras e si tes a ben que me dixeras o que che parece.

bicos.

matrioska_verde dixo...

vaia, olvidóuseme o enlace.


http://congoyyo.blogspot.com/2008/11/o-mal-das-mareas_12.html

bicos,

pitima dixo...

Boeno, é que o adxectivo "montesa" éche bastante imperial... Soa a cabra, e non parece que un "simple" paxaro, que non ten nin envergadura, nin cornos, poda levar ese calificativo. Incluso me atrevería a dicir que me recorda (o de montesa) a Félix Rodríguez de La Fuente, tan ibérico él...
Sonche cousas do inconsciente, supoño eu.
A física cuántica é moi importante e está moi ben, pero agora lévase máis (para axustar un pouco o halo de superioridade) a teoría das supercordas (Universo Elegante).
Pero claro que as ciencias benchamadas naturais, como a ornitoloxía, ou as dos insectos, cómo era... ah! entomoloxía, xeoloxía... sonche ben complicadas, vastas e difíciles de dominar...
É máis simple a Física Cuántica, ¡o que pasa é que criou mala fama!

A cotovía pequena é o que abunda por aquí (eso me parece)¿ou é a pica das árbores?? aisss, case son iguais ¿non?

Os que siguen cantando aquí todas as mañáns últimamente (cansinos..) son so corvos... ¡menudas trifulcas se montan!

Bicos cantarines!! (de unha que tamén está aprendendo sempre, e bastante é...)

HADEX dixo...

Ai!! Capacidade de abstracción.....cuanto a teño ansiado eu.....de tódolos xeitos son optimista e penso que pode ser entrenada.....ou niso ando eu....


A min os paxaros me encantan. Iso sí, soltos, en liberdade. Non soporto ver aos paxaros engaiolados. Onde temos aos canciños, hai un paporrubio moi moi descarado que xa sabe cando lles levamos latas e chuches aos cans e plántase alí a esperar polos seus restiños....faime gracia porque chegou un punto en que xa nen se asusta de nós. Alí espera impertérrito ó seu turno....

CriS dixo...

Cuando se trata de la Naturaleza, nunca dejamos de aprender y ésta, no deja de sorprendernos... eso es bueno, no?
Hay que ir con los ojos bien abiertos, los oídos limpios y la nariz al tanto para no perder detalle ni tanto regalo que hay por ahí reboloteando.

Bfletes aprendices

Carlos Sousa dixo...

A que me soará o da física cuántica... non sei donde o lin ultimamente...

A explicación de Susana Moo, heche ben curiosa e perigosa. Que fama lle van a crear ó pobre "paxariño"

Carmen Graña Barreiro dixo...

Estoy dacordo contigo, Chousa. A papuxa montesa ou algún outro paxariño da nosa ornitoloxía sería moito mellor que a pita azul como logotipo das escolas.
Un bico

Marisa dixo...

Eu o que escoito a míudo
perto da miña casa son os
merlos e deime conta que
che teñen distintas formas
de canto. Encántame escoitalos
pola mañanciña cando abro
a xanela.

Bicos

Raposo dixo...

Eu como logotipo poñería a carriza que fai uns niños moi apañados.
Apertas ornitolóxicas.

A.C. dixo...

Pois vou ter que felicitarche. Hoxe, que teño o día parvo e tristón, lograches arrincarme un sorriso coa tua proposta retranqueira.

Grazas e un bico por elo

Avelainha dixo...

Non sexas tan malo, que a pitiña é moi bonita e véselle cara de traballadora.

(Gustoume moito esa expresión que diz-es de "aprendiz de moito, experto de nada". Se non a tes acuñada creo que cha vou copiar)

busto.agolada dixo...

Menuda ocorrencia a da galiña azul! Hai que ver cantas voltas lle dan os políticos ao ensino e tráennos mareados.
Respecto de escoller outro paxaro vexo ne esa retranca túa coa papuxa montesa ou o que cita o Raposo (O carrizo, troglodytes troglodytes, ao que en castelán designan co nome de chochín).
Saúdos e apertas.

Carlosm dixo...

Asim andan co ensino: ora casa, ora pita.
Con todo, eu non sei se a papuxa que ti propós sería a mais ajeitada para unha escola de infantinhos... ;-)

Saudos soleados

Ra dixo...

Papuxa montesa, me encanta... con esa carta de presentación puede cantar como quiera :)

Saludo, Chousa, un placer pasar.

Chousa da Alcandra dixo...

Maruxiña: Xa conto contigo para atopala!. Fíxate ben, que da Consellería xa contactaron comigo para estudar a incorporación do paxariño este á leria educativa...

Senda: Coa fama que teñen as galiñas!!, e que só a eles se lles podería ocurrir poñerlle ese animal como símbolo a unha escola infantila. Depravados! ;-)

Fonsilleda: Non hai como sair á natureza para decatarse da riqueza de fauna que ainda queda. A min a Papuxa montesa (comopaxaro) gustoume pola fonética basicamente; pero...todo é tratala. Igual acaba por namorarme co seu canto tamén. Alédame moito terte pola Chousa.

Susana Moo: Pois que bonito nome!. Non me dirás que non. E se por riba pode voar...que máis se lle pode pedir!
Non che parece?

Aldabra: Si si, absolutamente indíxena. Alédame que rías cos meus posts. De paso tamén te ries coas ocurrencias da consellería de Educación.

Pitima: Joder, que posta estás no asunto dos paxaros!. Da gusto ter comentaristas tan ben documentadas.
Claro que o de montesa soa a cabra; pero esa é a idea: tirar ó monte!. Alí todo é orégano e da gusto respirar. Non como no choio, que todo son tinonís...

Hadex: O autodominio para abstraerse resulta moi complicado sin axuda de productos de relativa transaccionalidade legal..., así que mellor seguir escoitando o canto da Papuxiña montesa. Ou que dis?

Cris: Os ollos ben abertos hai que levalos sempre, senón...risco de ostiazo seguro. En todo caso tes razón, cando se vai pola natureza resulta moito máis doado levalos abertos.

Carlos Sousa: A min a física cuántica xa nin me soa. Mellor o son dunha gaita ben afinada para escoitar. Susana púxolle a fama ó paxariño (ou paxariña) que o seu nome invita a poñerlle. Seica non lle chaman así tamén pola tua terra?. Aquí si eh.

Carmen: Imos ter que organizar unha recollida de sinaturas para mudar a pita choca e poñer no seu lugar á Papuxa!.

Marisa: Claro que teñen matices no seu canto os merlos!. E logo seica pensabas que por ser negriños xa ían cantar sempre igual?. Pois non. Eles sonche moi detallistas.
Eu lémbrolles máis o seu cántico de tarde...

Raposo: Entre a carriza e a papuxa...da gusto meter a man no niño. Á que si? jajajajaja

A.C.: Muller...pois so por esa sonrisa xa merece a pena volver a reescribir o post. E se por riba me das un bico por elo...vouno escribir cada día en sesión de mañán e tarde!
Bicos para ti, e felicitacións polo blog, que xa vexo como medra.

Avelainha: Eu non son malo oh; son eles, que me chinchan...
Podes patentala ti a expresión, sempre e cando que me cites despois cando a uses.

Busto Agolada: E que en San Caetano teñen moito tempo libre e despois pasa o que acontece: que marean a perdiz ata que acaba por ser unha galiña. A ver se non sale maronda e, polo menos, pon algún ovo...

Carlosm: E logo a ti non che gusta a miña proposta, ou?.
Pois eu penso que non era tan mala.
E co ensino xa sabes que sempre foi moeda de cambio de todos os gobernos, así que non te arrinques os pantalóns por elo.

Ra: Benvida á Chousa. Alédame moito a tua presencia por aquí. E se por riba che gusta a miña proposta papuxeira ...mellor que mellor! ;-)

Cuspedepita dixo...

Decartado o paporroibo, que me gustaría máis ;-)pero que, sexamos realistas, ten poucas posibilidades con este goberno, creo que a papuxa montesa estaría moito mellor que a pita azul, máis que nada porque esta última me pega máis como símbolo do PP ;-))))jajaja

Sigo semidesaparecida. Pero xa sço me queda unha semaniña ;-)

Chuchooooosssssss

Chousa da Alcandra dixo...

Cuspedepita: Non me decatara eu de que o teu cuspe puido ter algo que ver na elección...
En todo caso, eu tamén penso que ten máis posibilidades a Papuxa Montesa que o Paporrubio!.
(Joder, canto che duran as vacacións. Nin que foras funcionaria de educación!!!)

Markesa Merteuil: :) :)

Anónimo dixo...

Es muy gráfico y visual tu blog. Una pena que no escribas en castellano, aunque respeto que uses tu lengua. No se que rayos pasó en Galicia con lo de las gallinas azules, que teneis un pollo montado de mil narices (nunca mejor dicho).

Un saludo desde Cádiz para toda Galicia

Paz Zeltia dixo...

home,
papuxa, soar, soa ben
pero non sei eu se para escolas infantís...
:-)

Chousa da Alcandra dixo...

Anónimo: Non é unha mágoa que escriba en galego. A mágoa é que ti non o saibas entender...
Así e todo, para non saber o que pasa en Galiza coas pitas azuis, fixeches unha boa metáfora co do "pollo" que temos montado coa pita...

Zeltia: E logo non che parece que quedaría bonito?. Escola a Papuxiña. Eu matricularíame mañán mesmo!

Barreira dixo...

Non me digas que a papuxa montesa é un mamifero!!!!!. Incrible.
Saudos.

Grissom dixo...

Papuxa montesa. En castelán: Curruca rabilarga.En Galicia é común e sedentaria. Vive en toxeiras e xesteiras e aniña neles a pouca altura.

Si mo recordas enviareiche unha gravación do seu canto.

Saúdos.

Grisson do CSI-A Ulloa

Chousa da Alcandra dixo...

Barreira: E logo, querías poder chamarlles mamóns a algúns ou?

Grissom: Avisaríate, pero non deixaches rastro. Ainda que ti sí que sabes o camiño cara o meu laboratorio; así que cando cante e a graves...xa sabes! (E cando deas por rematadas as vacacións, claro)