mércores, 5 de agosto de 2009

Fusións

Se facemos caso das seccións económicas dos xornais destas últimas semáns, semella que as Entidades Financieiras deste país -e disque máis puntualmente as Caixas de Aforro- seica teñen que arrexuntarse para facerse máis fortes.
Esa teoría de que o grande, necesariamente, ha de ser mellor non sei moi ben de onde sae, pero insisten tanto que fan parecer que teñen razón...
O caso é que -xa que os tiros van por eses cañóns- eu estiven matinando na idea de que, para evitar traumatismos e perdas de identidade; en troques de fusións con sede en Vigo ou A Coruña, facer unha Asamblea no Centro Xeográfico de Galicia e da iniciativa que xurda unha Nova Caixa Galicia. Así deixamos que as laranxas sigan vindo de Valencia, o chotis o bailen por Madrid e nós seguimos co cimbreo sutil da muiñeira...

Foto: Caixanova caixagaliciándose, ou Caixagalicia caixanovándose?

30 comentarios:

Raposo dixo...

E pregunto eu: ¿os animais son os dous do mesmo sexo ou non?
E pregunta é mais importante do que parece.

Artabria dixo...

Non tiña nin idea, pensei que a única fusión era a da sexta e catro..........

Chousa da Alcandra dixo...

Véxote moi posto no asunto do detalle, Raposo (ou tés moi bo ollo ou pillaches moita metáfora). Efectivamente os cadelos da imaxe son dous machos e as Caixas son duas femias (a la gramática nos remitimos). Así que a ver como nos lo montamos!

A quen tamén vexo moi posta en multimedia é a Artabria, que nos ilustra coa fusión de Buenafuente con House. Seica hai apostas de como se chamaría a nova canle televisiva. Hai quen di que 64 ou 46. Eu penso que non son nada innovadores. Se ó primeiro lle sumamos a 5 ainda cos demos; senón...vaia trapallada de fusión

zeltia dixo...

Ti coma sempre, tirando para a casa!
pois hai o dito ese de que "la unión hace la fuerza", y la unión hace el gustito dirán os cans, se pensan en castelán.

tí es un perigro ambulante coa cámara, un respeto á intimidade, home!

en calquera caso, "unirse" parece ter unhas conotacións mais positivas que "separarse",
(e nembargantes depende do que se una ou o que se separe, mira tí que engañosas poden ser as verbas sacadas do seu contexto).

bueno, esta reflexión non ven moito ó caso da túa, pero apareceu así e hai que deixar que as cousas fluan, be water, my friend, que eu arestora vou fluir cara a camiña...

paideleo dixo...

Fíxome gracia a fusión dos cans ( simple que é un ) pero a fusión das Caixas seguro que non ten tanta gracia.

Carlos Sousa dixo...

Ja,ja,ja... Que cachondo...
A diferencia é que os cans fan a fusión a luz do día e totalmente transparente, as caixas fusionaranse pola calada é sabe dios que chanchullos farán.

Caixagalicia caixanovándose? que bo.

Cris dixo...

Ja ja pues mira que no tenía ni idea pero sólo pude pensar una cosa al mezclar texto y foto: "nos van a seguir dando por culo" (perdón... con lo fina que es una)... pero es que....
es que...

bfletes fusionados!

vermella dixo...

As fusións poden ser positivas si os elementos a fusionar saen beneficiados(ou un deles no peor dos casos) o problema é que máis que fusión parece fagotización.E na sede nada de discusións nin Coruña nin Vigo,en Antas....
bicos.
a palabriña a verificar é cachonda de máis,oinotoi

Barreira dixo...

jajajajaja. Boeno, a min o que me chama a atención é o traballo que pasa o grande e o descansado que está o pequeno. Está claro que do título do post mesturado coa temática deste blog non podía sair outra cousa.
Saudos.

P.D. ¿Quen ha de ser o presidente da Nova Caixa?. Non mo digas que xa mo imaxino.

A lareira de Santiso dixo...

E un centro xeográfico idóneo como sede da nova caixa froito desa fusión é, claramente, Antas. Chousa for president!

HADEX dixo...

Estou moi cansada e non teño ganas de escribir pero que saibas que acabo de botar unhas gargalladas moi aghusto!!!!

Mer dixo...

A info que teño de primeira man por traballadores directivos de Caixanova comentábanme hai uns meses esta posibilidade de fusión. Ao parecer aínda que Caixa Galicia sexa máis forte, tén menos liquidez actualmente que Caixanova e, como todo neste mundo é ao revés... non era a Caixanova con liquidez a que absorvería a Caixa Galicia senón que a Caixa Galicia poderosa andaba na tentativa de absorver a Caixanova para sanearse a sí mesma... pero isto era o que se comentaba fai uns meses, 4 ou 5. Os de Caixanova andaban un pouco acojonados vendo perigar os seus traballos.
Coa desestabilidade actual en 4 ou 5 meses poden pasar moitas cousas, así que... a saber o que verdaderamente pasará.
Bicos

Carlosm dixo...

Já cho dijeron: resultas un perigo con a cámara na man. Pobres cadelos, seguro que lhes cortaches o rolho hahahaha.
A ver se cachas a Méndez e a Gayoso na mesma pose. Esa foto podería valerche o Pulitzer da blogosfera (cando menos do blogomillo si). E se prospera a tua proposta, já podes ir buscando u local en Antas para a sede da NCG.

Aldabra dixo...

a tua idea paréceme moi boa... e a imaxe é moi apropiada... parece que a fusión vai ser proveitrosa...

biquiños,

p.d.: pero non penses tanto a ver si te vai dar un mal ou algo parecido.

chimeneaverde dixo...

Yo no sé si es buena solución, pero visto lo de Caja Castilla La Mancha... Por cierto, una imagen siempre vale más que mil palabras.

Antón de Muros dixo...

Son as cousas da economía ;-)

Unha aperta.

Antón.

Avelainha dixo...

CaixaAmorosa podia ser un bo nome se temos en conta a imaxe que acompañas para o teu post.
Xa que lles ofreces Antas como sede, proponlles tamen o nome a ver se cho aceptan. A min gustariame ter unha conta en CaixaAmorosa

Markesa Merteuil dixo...

Ai... por eso nos advertiron do contido do teu blog... Non pensas máis que en fusionar e desfusionar... :D Caghoentó. :P

SoO* dixo...

E algúns/has néganse a explorar a xeografía da sexualidade.. Por medo a perderse ou a "pecar" de escorregadizos de máis.
Que mágoa non ser coma os animais, con tan poucos prexuízos.
Bicos divertidos.

Ana Conde dixo...

Xa estiven vendo pola blogosfera que agora comentas en blogues de altura, e que quen pense que eres veterinario anda desencamiñado
Teredes sitio en Antas para a sede da Nova Caixa Galega?. A como se cotizan os solares pola zona?

susana moo dixo...

¿cimbreo sutil da muiñeira?
Penso que a muiñeira é un baile onde cada un vai á súa bola (falo da muiñeira bailada por libre nas festas, non a dos grupos de danzas), compáraa coa sardana por exemplo, tan acompasados todos, solidarios e coordinados.
O noso xeito de danzar di bastante de nós, e conste que me encanta.

LM dixo...

se a NCG termina em antas e tu de presi nom esquezas por nos detalhes das negociazons que nos rebaixem um par de pontinhos de intereses nos prestamos e comisons aos teus colegas da blogoesfera...

beijosssss

por que a min nom me saen palavras tam divertidas na verificazom? hoje toca dronthad...

A do outro lado da xanela dixo...

Xa sabes o que se di: cabalo grande, ande ou non ande.

E pra que cuestionarse outra cousa, se de cada un que pensa nove embisten?

Fusionémonos todos con todos pra acabar creando un xigante: inda parece que non oiron falar de Goliath e de como canto máis grandes son máis pesados caen.

Bico!

Cris dixo...

Ola!!
Acaba de salir del horno el post con tu pintada nueva.
http://elsegundodecriscuezva.blogspot.com/2009/08/en-100-anostodos-calvos.html

Bfetes listos!!

Cris dixo...

¿por qué pone en el enlace 100 anos, en vez de 100 años? ains... que no pue ser... ;)

Anónimo dixo...

Comprendo que os joda a los gallegos quedaros sin Cajas, pero mucho me temo que os va a pasar como al perro blanco: que os la van a meter entre los de PP madrileño y los de PP valenciano.

Manchego

Srta. Maquiavélica dixo...

ups pense q nada mas eso pasaba en mexico jajaa
besos

Chousa da Alcandra dixo...

E deixaremos que corra o velo do tempo sobre as presuntas fusións, e xa veremos a camada que nos deparan. Tamén veremos se os cadeliños recén nados terán nome galego ou, pola contra, evocarán cítricos ou castizos alcumes.

Terei en conta as propostas feitas. Baixarei comisións e subirei os tipos (do pasivo). Eso sí, que o mundo enteiro saiba que non somente en México se fode jajaja

E ben sei que son un perigo coa cámara; así que ide con tino por estes lares que calquera día cáchovos con unha sonrisa núa!.

Apertas garimosas e bicos larmeiros.

~pi dixo...

ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!! :)


osmose-osmose!!


~

Kim Basinguer dixo...

Non terán liquidez, pero os diretivos,non perden nada os traballadores xa veremos.
¿Serán payeiros?