domingo, 16 de agosto de 2009

Tempo

Corre o mundo que semella que quere chegar a ningures pero, eso sí, a toda mecha.
Hai que reducir tempos para ter máis tempo que adicarlle a investigar en como minimizar o tempo.
Por iso se fabrican coches máis veloces, que despois non poden desenvolver esas velocidades por estaren penadas. Por iso se deseñan liñas de Ave que non chega a tempo a Galiza.
Por iso hai cadeas de comida rápida (que xa manda moito carallo). Comer axiña, ir axiña, foder axiña, durmir axiña, vivir axiña...
Mentras, a natureza segue o seu curso, parsimonioso, en calma e axeitadamente acompasado. Coas presas necesarias e cos tempos precisos. E chega a tempo a cada cita. E segue chegando coa beleza e singularidade de sempre. Corre o mundo, corremos nós; ou fannos correr?. Non sería mellor ir máis amodiño para disfrutar un chisco da viaxe?.

Foto: Flor con espiñas en Antas de Ulla

30 comentarios:

A.C. dixo...

Eu algunhas veces miro á xente como vai mangada a todas partes. Coñezo un xubilado que cando vai cobrar a pensión érguese cedísimo para chegar pronto. Penso que esas prisas que nos meten vanse metendo no noso ADN ata non saber vivir se non é así: rápido.

Ogallá que fósemos capaces de pisar algo o freno e ir mais amodiño para disfrutar, como ti dis, desta viaxe sen retorno.

Un bico amodiño

Filoxera dixo...

Há situações em que devemos gastar pouco tempo, mas outras em que todo o tempo é pouco :-)))
Um beijo.

Pitima dixo...

Pois sí...
Véuseme a cabeza un post que lin nun blog amigo no que falaban dos lubricantes... jajaja, sí, pensa mal...
Eu xa comentei alí que os lubricantes (os que se compran, os artificiais) son para os que teñen prisa...
Cada cousa co seu tempo.
Viva o disfrute!!!
A comida, o sexo, as viaxes, descansar, mirar, sentir... tempo ben invertido, que da bos réditos, penso eu, e penso ben ¿a que sí?
Bico allegro ma non troppo!

Avelainha dixo...

Memos semella que na actualidade ninguén sabe andar amodo ou polo menos coa calma precisa para cada cousa.
Eu quero ser lenta como un caracol e precisa como unha tartaruga. Andan amodiño e sempre chegan a onde teñen que chegar.
(Preciosa foto. Se ma deixas voucha copiar para unha colección que estou facendo. De momento non publico nada, pero se algún día o fago citarei a fonte. Podo, verdade que si?)

Un biquiño

fonsilleda dixo...

Teriamos que aprender da natureza, é certo, cada cousa ao seu tempo, co seu tempo e no seu tempo, porque o de foder rápido como que...
É broma, en realidade si que é certo que nin nolo preguntamos ¿por que a velocidade?, deberiamos facelo xa que quizá deixamos de vivir un pouco

Carlosm dixo...

Homeeeee tanta parsimonia hai veces que tamen toca os c....Eso de agardar a que un capullo se abra, unha crisálida aflore... Ti como eres un "pacientudo" pensas que todos han pensar coma ti, e resulta que hai ocasioms nas que non se da aturado e tudo ten que ir CORRENDO!

Marisa dixo...

Tes moita razón,
a veces a necesidade
obrígate a andar
máis apurado do debido,
e cando queres ir máis
a modo xa che custa facelo.

Oxalá disfrutemos
un pouco máis
da viaxe.

Biquiños

Alodia dixo...

Aínda estiven o outro día pensando nisto mesmo, por isto gustoume tanto o que escribiche. Decidiuse que temos que pasar a maior parte do noso tempo de vida traballando para así poder ter cartos cos que disfrutar do escaso tempo no que non estamos traballando. Entón, traballamos toda a vida para ter un dia á semana, 1 mes ó ano. O tempo vai deprisa para que o rato q non estamos traballando, esteñamos consumindo, todo o dia a xirar sen fin...

Estrésome só de pensalo...

Carmen dixo...

É difícil andar a modo neste mundo onde todos vamos ás carreiras sen saber moi ben para que e por que. O principal non é chegar correndo á meta coma único obxectivo senón disfrutar do camiño. Aprendino facendo o Camiño de Santiago.
Moi boa a túa reflexión Chousa.
Un bico

HADEX dixo...

Claro, claro, pero é máis fácil dicilo que facelo.....Eu moitas veces paro a pensar de que raios me serve andar todo o día acelerada....de nada. Afortunadamente cando vou a ver aos meus bichiños o tempo se ralentiza...


Bicosssss.

maruxiña dixo...

ás veces un quere que o mundo se pare un anaco, para tomar as cousas con calma, pero como estamos metidos no lío é difícil...pero nada é imposible... conseguénse algúns intres de calma que pagan moito a pena.

Biquiños lentos!!!

Anónimo dixo...

Vísteme amodiño que teño moita presa, que rezaba aquel dito...

Ainda que sexa unha utopía nos mundos de hoxe, sempre convén non esquecerse desto que dis. E cando nos vexamos acelerados lembrarnos a nos mesmos esa necesidade de erguer o pe do acelerador.
Moi boa reflexión, que debemos ter sempre en conta, si señor

Antón

Markesa Merteuil dixo...

En realidade disque imos rápido porque temos medo precisamente a iso, a disfrutar.

Barreira dixo...

Hei. Que o de foder axiña non é tal. Xa hai pílulas para retrasar o momento final do coito, carallo.
Saudos.

Chusa dixo...

... a min gústame esa aceleración, ese correr, faime sentir viva, resolutiva e un pouco tola. Tamén é certo que cada pouco tempo necesito desconectar e coller forzas do silencio... quizais se me desen ese sosiego ímposto non sabería disfrutalo...Hasta este estado de alienación chegamos...vaia desjrasia.jeje
Un bico.

~pi dixo...

havia uma só árvore no meio.

gostei muito e fiquei ali parada,

] uma árvore pouco se mexe

[ e se voa

leva os pássaros com ela

e regressa,


essa árvore de antas de ulla, sonhei-a?!


muitas vezes chego tarde

outras

não chego a chegar,



beijo




~

busto.agolada dixo...

Todo é relativo, amigo Chousa. Usaín Bolt ten máis que xustificada a súa présa. O resto dos mortais poderiamos botarlle o freo á nosa vida desenfreda. Quizais andar máis, como dicía Celso Emilio "camiño a pé/ e por iso é polo que/ vexo o mundo tal cal é."
Apertas e vagar amigo Chousa.

susana moo dixo...

Estou dacordo que foder axiña non, pero andar a papar moscas tampouco.

Aldabra dixo...

"vísteme despacio que tengo prisa"... teño que dicir que hai anos eu andaba sempre apurada pero agora cambiei o chip e tomo as cousas con moita mais calma... e gusto de facer todo muy despaciño, saboreando cada instante... e canto máis me gusta o que fago, máis despaciño saboreo para que dure un pouco máis...

¡uhmmmm!

e que estou imaxinando cousas que me viñeron a cabeza... bicos brandiños... e lentos...

por poñer un exemplo.

Doutora Seymour dixo...

Eu sempre chego tarde, ben, e descansada. Son unha incomprendida, non uso reloxo.

Alcandra da Chousa dixo...

O de foder amodo está moi ben, seino; pero como di Hadex, unha cousa é dicilo e outra facelo...ás veces non se da ido tan amodo; que tamén o corrobora Susanamoo.
E os que non o corroboran pénsano, que tamén vale para o cómputo.

Pero, como di o cura de Antas no sermón: "haced lo que yo digo y no lo que yo hago".

São dixo...

Bem certeiras as críticas deste teu estupendo texto!

Apertas.

SoO* dixo...

Moito correr para chegar ata ningures, recórdame aos intérpretes de rock, aqueles primeiros, que querían vivir rápido, a présa...
Bicos sorrintes.

Carlos Sousa dixo...

Xa está todo dito, pero queda claro que habería que aprender da natureza. E seríamos capaces de seguir un patrón imposto?
Non sei, andamos a correr e sempre con presas, pero tamén temos tempo para disfrutar. Cada un a súa maneira.
Ou non sacamos tempo para facer as cousas que nos gustan sen que sexan obligacións? A veces somos nos mesmos os que nos estresamos.

Eu voume ir agora a tomar unhas cañitas e relaxarme, para presas millor mañán.

noa dixo...

son hos homes grises de Momo, que nos fuman o tempo que aforramos para non sei qué...

noa dixo...

ese h de hos non sei de onde saiu, pero xuro e perxuro que eu non fun! ;b

Artabria dixo...

Eu estes días ando amodiño amodiño, para desfutar moito máis que un chisco deste tempada....

irene dixo...

Una gran palabra, el tiempo, por cierto, lamento mucho que haya pasado tanto "tiempo" sin venir a visitarte, pero tengo un contencioso con el "tiempo" y con el ánimo.
Sería estupendo que pusiesen el AVE para ir a Galicia, el tren normal es muy lento, y el avión un rollo, y a mí me encanta Galicia.
Moitos, moitos biquiños.

Chousa da Alcandra dixo...

Contaba estes días un aldeán que cando estaba nunha populosa cidade española á espera de que un semáforo se puxera en verde para cruzar como peón, víase arrastrado pola marea humana que corría a toda ostia cara o outro lado da vía. Correndo ata tal punto que o aldeán detíase no medio pensando: "i eu para que carallo corro, se non levo présa?".

Levades razón quenes decides que hai veces nas que correr é unha necesidade; e tamén quenes pensades que hai ocasións nas que a necesidade é -en reflexivo- correr...; pero todos conviredes comigo en que unha levísima frenada nesta marcha que levamos viría que nin diola!

E tamén recoñezo que resulta máis doado enunciar que actuar; pero algún teórico ten que haber no blogomillo!!!

Deixo apertas para tod@s. Collédeas amodiño, que son fráxiles!

Cris dixo...

Creo que a cada cosa hay que darle su tiempo y dedicarle el que merece, incluidos nosotros mismos. Tomarse tiempo, sin prisa, para tantas cosas es el verdadero camino...

blefes pausados